Skip to Content

Taboleiro

Concurso de resolución de problemas matemáticos. 15ª semana. Última

Bases do concurso

Esta é a última semana. Grazas a todas as persoas que participaches no concurso por darlle traballo ós profes. Foi agradable correxir problemas voluntarios que entregachedes sen protestar.

1º e 2º ESO

O cabalo de pagamento
Un facendado contrata un servente por un soldo anual de once moedas de ouro e un cabalo. Aos catro meses, o servente despídese, recibindo o cabalo e unha moeda.
Cal era o valor do cabalo?.

3º, 4º ESO, FPB e CM

Está cadrado
Se o lado do cadrado maior é dous. Cal é a área do cadrado pequeno?

Bacharelato e CS

Que veña o dr. Spock
Que símbolo aparece de forma natural despois dos indicados?

Fora de concurso para todo aquel que queira participar

Os nenos teñen razón
Demostra rigorosamente a partir das tres oracións do recadro que ou existe Papá Noel ou existe o Ratiño Pérez.

Papá Noel non existe.
O Ratiño Pérez non existe.
Polo menos unha oración deste recadro é falsa.

Lista de problemas para imprimir

Gañadores da fase de Galicia do rally matemático 2015

Noraboa aos gañadores do Rally de ciencias e matemáticas sen fronteiras 2015

Queremos dende aquí acordarnos tamén de todos o alumnado de 2º de ESO que participou nas probas e non pudo chegar á fase de Santiago.

Parabéns a todos

Admisión alumnado para o curso 2015/2016

Oferta de postos escolares

Curso Prazas
Prazas ofertadas Reservas Vacantes
1º ESO 60 13 47
2º ESO 60 22 38
3º ESO 60 25 35
4º ESO 60 12 48
1º Bach HCCSS 16 12 4
1º Bach CC e Tec 17 12 5
2º Bach HCCSS 17 10 7
2º Bach CC e Tec 16 3 13

Calendario de admisión e matrícula

  • Reserva de praza no centro de adscrición: 1-15 de febreiro. Anexo I para descargar en galego e castelán. [PECHADO]
  • Solicitudes de admisión: 1-20 de marzo
  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios alegados para o baremo: 24 de marzo-4 de abril.
  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril.
  • Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio.
  • Prazo ordinario de matrícula ESO e BACHARELATO: 25 de xuño-10 de xullo.
  • Prazo extraordinario de matrícula ESO e BACHARELATO: 1-10 de setembro.

Nota informativa

  • Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar; en caso contrario, perderanse os dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo ao mesmo tempo ao centro de orixe.
  • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Centros adscritos

O IES Xermán Ancochea Quevedo ten adscritos os seguintes centros educativos para as ensinanzas de ESO e Bacharelato.

  • CEIP Manuel Bermúdez Couso da Pobra de Trives.
  • CEIP de Manzaneda.
  • CPI Virxe dos Remedios (adscrito para bacharelato).

Servizos complementarios

  • Transporte escolar:
    • ESO: gratuíto.
    • BACHARELATO: gratuíto previa solicitude á dirección do centro e autorización por parte da xefatura territorial de educación, dentro dos itinerarios establecidos para o ensino obrigatorio.
  • Comedor escolar (só os luns).

Normativa reguladora

Para o proceso de admisión

  • LEI ORGÁNICA 8/1985, DO 3 DE XULLO, REGULADORA DO DEREITO Á EDUCACIÓN. (BOE 4 de julio de 1985)
  • LEI ORGÁNICA 2/2006, DO 3 DE MAIO, DE EDUCACIÓN. (BOE 4 de maio de 2006).
  • LEI ORGÁNICA 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa.
  • DECRETO 229/2011, DO 7 DE SETEMBRO, QUE REGULA A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DO ALUMNADO DOS CENTROS DOCENTES DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA NOS CALES SE IMPARTEN ENSINANZAS ESTABLECIDAS NA LEI ORGÁNICA 2/2006, DO 3 DE MAIO, DE EDUCACIÓN (DOG 21 de decembro de 2011).
  • DECRETO 254/2012, DO 13 DE DECEMBRO, POLO QUE SE REGULA A ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS QUE IMPARTEN AS ENSINANZAS DE SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL, DE EDUCACIÓN PRIMARIA, DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E DE BACHARELATO  REGULADAS NA LEI ORGÁNICA 2/2006, DO 3 DE MAIO, DE EDUCACIÓN. (DOG 26 de decembro de 2012).
  • ORDE DO 12 DE MARZO DE 2013 POLA QUE SE DESENVOLVE O PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SUSTENTADOS CON FONDOS PÚBLICOS QUE IMPARTAN ENSINANZAS DE 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL, DE EDUCACIÓN PRIMARIA, DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E DE BACHARELATO REGULADAS NA LEI ORGÁNICA 2/2006, DO 3 DE MAIO, DE EDUCACIÓN. (DOG 15 de marzo de 2013).

Para os servizos complementarios

  • Decreto 203/1986, polo que se regulan provisionalmente determinados aspectos do transporte escolar.
  • Decreto 160/1988, do 9 de xuño, polo que se regula a prestación de servicios de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.
  • DECRETO 132/2013, de 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación.

Concurso de fotografía "Trivesía"

Concurso de fotografía "TRIVESÍA"

BASES

  1. Cada participante poderá presentar un máximo de 3 fotografías.
  2. A temática versará sobre tema libre (natureza, arte, persoas...), sempre referido a Trives ou localidades cercanas (Manzaneda, Chandrexa, Castro Caldelas...)
  3. As fotografías deberán ser orixinais. NON se aceptarán fotomontaxes.
  4. As fotografías deberán presentarse en formato dixital. *Poderán tamén presentarse en formato papel nun sobre pechado a tamaño A5. Deben ser arquivos JPG e un tamaño mínimo de 1.024 x 1.024 píxeles. O peso do arquivo non debe pasar dun máximo de 5 Megabytes (Mb).
  5. Cada fotografía deberá incluír:
    • Nome e apelidos do autor.
    • Domicilio.
    • Data de nacemento.
    • Teléfono de contacto.
    • Título de la obra.
    • Nivel no que se participa (ESO, BACHARELATO, FP).
  6. El período de envío de fotografías comeza o día seguinte á publicación destas bases e finaliza o 29 de maio de 2015, ambos inclusive.
  7. O xurado encargado de fallar este concurso estará composto por membros do profesorado e persoal non docente.
  8. Concederase un único premio por cada nivel de participación
  9. O xurado resérvase a posibilidade de incluír novos artigos nestas bases segundo o decorrer do concurso sen prexuízo dos concursantes.
  10. O feito de participar no concurso supón a total aceptación destas bases e dos termos e condicións.

Alerta amarela por nevaradas

A Axencia Estatal de Meteoroloxía alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo, durante o día 15 de xaneiro de 2015, a partires das 18:00 h ata as 12:00 h do día 16, por nevadas que afectarán as zonas meteorolóxicas de montaña de Lugo, sur de Lugo, montaña de Ourense, sur e noroeste de Ourense e interior de Pontevedra.

Ante dita situación de risco, a Comisión de Alertas acordou a NON SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES DOCENTES, con seguimento das condicións climáticas.

Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco maior, os/as directores/as poderán adoptar as decisión oportunas respecto da suspensión da actividade docente.

A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org).

Recollida de xoguetes usados para donalos á Cruz Vermella

Os IES Carlos Casares de Viana do Bolo e o IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives colaboramos conxuntamente nesta iniciatica co obxectivo de recoller xoguetes usados para donalos á Cruz Vermella.

A pretensión desta actividade é concienciar ó alumnado na adquisición de hábitos de soliedaridade. Os centros educativos debemos educar ó alumnado en valores transversais que procuren nas novas xeracións unha formación integral, solidaria e empática. Con esta iniciativa, buscamos que o alumnado se conciencie das carencias e necesidades que están a pasar moitos nenos e nenas no noso país.


Calendario escolar curso 2014-2015

        CALENDARIO ESCOLAR 2014-2015          
                                                                   
  Comezo actividades lectivas     Avaliacións 2ºBach     Avaliación 1º CM e CS     Avaliacións resto grupos     Vacacións, días festivos     Fin actividades lectivas
         
  Avaliación inicial ESO     Avaliación 2 curso ciclos formativos               Entrega de notas                      
                                     
                                                                   
SETEMBRO 2014     OUTUBRO 2014     NOVEMBRO 2014     DECEMBRO 2014
L M M X V S D     L M M X V S D     L M M X V S D     L M M X V S D
1 2 3 4 5 6 7         1 2 3 4 5               1 2     1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14     6 7 8 9 10 11 12     3: 4 5 6 7 8 9     8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21     13 14 15 16 17 18 19     10 11 12 13 14 15 16     15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28     20 21 22 23 24 25 26     17 18 19 20 21 22 23     22 23 24 25 26 27 28
29 30               27 28 29 30 31         24 25 26 27 28 29 30     29 30 31        
                                                                   
                                                                   
                                                                   
XANEIRO 2015     FEBREIRO 2015     MARZO 2015     ABRIL 2015
L M M X V S D     L M M X V S D     L M M X V S D     L M M X V S D
      1 2 3 4                 1                 1         1 2 3 4 5
5 6 7 8 9 10 11     2 3 4 5 6 7 8     2 3 4 5 6 7 8     6 7 8 9 10 11 12
12 13 14 15 16 17 18     9 10 11 12 13 14 15     9 10 11 12 13 14 15     13 14 15 16 17 18 19
19 20 21 22 23 24 25     16 17 18 19 20 21 22     16 17 18 19 20 21 22     20 21 22 23 24 25 26
26 27 28 29 30 31       23 24 25 26 27 28       23 24 25 26 27 28 29     27 28 29 30      
                                    30 31                            
                                                                   
                                                                   
MAIO 2015     XUÑO 2015     XULLO 2015     SETEMBRO 2015
L M M X V S D     L M M X V S D     L M M X V S D     L M M X V S D
        1 2 3     1 2 3 4 5 6 7         1 2 3 4 5       1 2 3 4 5 6
4 5 6 7 8 9 10     8 9 10 11 12 13 14     6 7 8 9 10 11 12     7 8 9 10 11 12 13
11 12 13 14 15 16 17     15 16 17 18 19 20 21     13 14 15 16 17 18 19     14 15 16 17 18 19 20
18 19 20 21 22 23 24     22 23 24 25 26 27 28     20 21 22 23 24 25 26     21 22 23 24 25 26 27
25 26 27 28 29 30 31     29 30               27 28 29 30 31         28 29 30        
                                                                   
                                                                   

O día 20 de marzo é festivo en Galicia por ser o día seguinte ao San Xosé. Publicado no BOE do venres 24 de outubro de 2014

Calendario exames setembro. Curso 2013-2014

ESO

  Luns 1 Martes 2 Mércores 3
08:30-10:00   Bioloxía e xeoloxía Lingua galega e literatura
10:15-11:45 Ciencias da natureza
Física e química
Ciencias sociais, xeografía e historia Matemáticas
12:00-13:30 Lingua castelá e literatura Música
Educación plástica e visual
Inglés

Bacharelato

  Luns 1 Martes 2 Mércores 3
08:30-10:00 Electrotecnia
Xeografía
  Lingua galega e literatura
10:15-11:45 Física
Latín
Historia de España Matemáticas
12:00-13:30 Lingua castelá e literatura
Química
Filosofía e cidadanía
Historia da filosofía
Inglés

Pendentes ESO

  Luns 1 Martes 2 Mércores 3
08:30-10:00   Inglés Matemáticas
10:15-11:45      
12:00-13:30      

Pendentes bacharelato

  Luns 1 Martes 2 Mércores 3
08:30-10:00   Inglés
Lingua galega e literatura
Matemáticas
10:15-11:45      
12:00-13:30     Filosofía e cidadanía

Admisión a ciclos formativos 2014-2015

Período ordinario de admisión

Presentación de solicitudes: 17 de xuño ao 4 de xullo ás 13:00 horas

Matriculación 1ª adxudicación: 18 ao 24 de xullo ás 13:00 horas

Distribuir contido


by Dr. Radut