Skip to Content

blogue deAna

DOCUNAUTAS GAÑA O CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS

O proxecto interdisciplinar elaborado o curso pasado polos alumnos de 1º ESO, coordinado polas profesoras Anxos Vidal e  Mari Luz Paramio, acaba de gañar o concurso de traballos por proxectos, dotado con 1000 euros. Noraboa a todos, alumnos e profesoras, polo voso traballo.

BLOG ALUMNOS LATÍN 4º

Visita o blogue de LATÍN 4º, ALEA IACTA EST

AD KALENDAS GRAECAS OU NUNCA? POR QUE?

CALENDARIO ROMANO: COMO DATABAN OS ROMANOS?

            O calendario romano do S. I a.C.,  con algún cambio que se lle fixo no século XVI,  é o que temos hoxe en día. Pero tiña unha diferencia fundamental con respecto ao noso: a maneira de indicar os días do mes. A forma de datar xira en torno a tres datas claves que había no mes: Kalendas (Kal. ), o día 1 de cada mes, Nonas (Non. ), o día 5 ou o 7 ( nos mesesde marzo, maio, xullo e outubro)  e Idus (Id.), o día 13, ou o 15 nos meses sinalados.

Existen tres posibles formas de datar:

O LATÍN NA WEB

Aquí vos deixo páxinas de interese na web. Seguro que ti coñeces outras. Compárteas en Comentario.

Biblioteca dixital: perseus.tufts.edu/

            Buscadores e páxinas de recursos: clasicas.usal.es/Recursos.html

O LATÍN VIVO

Esta é a web do latín vivo:

 

http://www.latinitatis.com/latinitas/menu_es.htm

E estas outras son o exemplo de que o latín segue empregándose: 

 http://www.yleradio1.fi/nuntii/

É unha radio finlandesa que emite en latín: en Finlandia o latín é a lingua eterna e estúdase ao mesmo nivel co inglés ou o alemán.

 http://www.radiobremen.de/nachrichten/latein

É  unha páxina alemana (as noticias céntranse sobre todo nese país). Como poideches ler no outro artigo, en Alemania o latín e o grego ocupan un espazo importante no ensino medio alemán.

Distribuir contido


by Dr. Radut