Skip to Content

Orientación

Bolsas e axudas para alumnado con necesidad específica de apoio educativo

O Ministerio de Educación acaba de abrir o prazo para a solicitude de "Becas y ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo". 

O prazo está aberto dende o 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024.

Podes consultar toda a información aquí.

bolsas

A UNED nas Xornadas de Orientación do IES Xoán Montes

Hoxe 8 de maio, o alumnado de 4º da ESO acudíu xunto as súas titoras e a orientadora ao salón de actos do Centro de Convivencia Uxío Novoneira para participar noutra xornada de orientación académica e profesional, organizada por Orientación do noso instituto.

Nesta ocasión puidemos coñecer da man da directora da UNED, Ana Belén Traseira, e da orientadora do mesmo, Carmen Gallego tanto a historia, ubicación, programas, proxectos, estudos, admisión... deste centro. Ademais tivemos ocasión de escoitar a dous alumnos do centro e estudantes en prácticas extracurriculares, VIctoria Filgueiras, de Educación Social, e Iván Fernández, de Ciencias  Ambientais, que compartiron connosco a súa experiencia, transmitíndonos a importancia de ter un obxectivo e loitar polo mesmo, que dos erros se aprende e que nunca é tarde para formarse.

Invitamos a visitar a páxina web e coñecer de primeira man todo o que nos ofrece este centro da UNED.

Imaxes de Beatriz López CC BY-SA

Moitísimas grazas Jorge!

Hoxe 2 de maio tivemos a inmensa sorte de contar coa presenza de Jorge Rábade Alonso, exalumno do centro e Caballero Alférez Cadete que estuda o 3º curso na Academia de Oficiales da Garda Civil.

Nos grupos de 1º de bacharelato e no de 4º da ESO da materia Formación e Orientación Persoal e Profesional explicou a súa traxectoria académica, as súas inquedanzas cando estaba no noso centro e o seu día a día na Academia. Informounos tamén das posibilidades de acceder a Garda Civil, de páxinas útiles como ser militar ou reclutamiento, do que conleva o posto, do gran número de especialidades que existen dentro do corpo...

Conectou co alumnado co seu gran entusiasmo e as súas palabras "Tede amor polo que facedes e exteriolizalo"

Enorgullecémonos del, da ilusión con que vive a súa elección e de como nola transmite.

Grazas Jorge, esperamos que sigas nos vindeiros cursos contaxiándonos coa túa enerxía positiva!

Imaxes de Beatriz López CC BY-SA

O Centro Superior de Hostelería de Galicia nas Xornadas de Orientación do IES Xoán Montes

Hoxe, 24 de abril, nas Xornadas de Orientación que para 4º de ESO se organizan desde Orientación no noso centro, puidemos coñecer ofertas de formación e experiencias de exalumnos de moito interese.

Mamen Fernández Romero e Óscar Alfeirán Varela do Departamento de Marketing do Centro Superior de Hostelería de Galicia, e este último tamén profesor de TICs, ademais da Alejandra Villanueva Muñoz, exalumna do citado centro e actualmente Directora do Eurostars Gran Hotel de Lugo, achegáronnos información non so dous grados que se imparten, Dirección hotelera e Gastronomía, senón do tipo de formación, con moita parte práctica e posibilidades de traballar tanto en España como en outros moitos países. É un sector con moitas saídas profesionais.

Recordamos que aos grados pode accederse mediante o bacharelato, pero tamén vía ciclo medio e ciclo superior de FP. Na páxina web pode facerse unha visita virtual ou solicitar unha visita ás instalacións para coñecer o funcionamento do CSHG así como toda a súa oferta de formación máis detalladamente.

Imaxes de Beatriz López

Inspiradora charla nas Xornadas de Orientación do IES Xoán Montes

Hoxe, 17 de abril, nas Xornadas de Orientación que para 4º de ESO se organizan desde  Orientación no noso centro, puidemos desfrutar dunha charla realmente motivadora.

María Losada Burgo, exalumna do centro, músico que toca o fagot e vive diso en Amsterdam, contounos non so toda a súa experiencia vital senón a forma na que se enfrentou e se enfrenta a todas as decisións. Leccións inspiradoras para un público que escoitou en absoluto silenzo, mostra de que o seu relato e a súa forma de comunicalo nos fascinou. 

Saír da zona de confort, perseguir os soños, buscar o equilibrio entre o traballo e o cuidado a un mesmo, apoiarse nos amigos, innovar... todo isto e moito máis tivo cabida nese tempo, que soubo a pouco, e que nos fixo admirar a súa perseverancia e optimismo.

Agradecemos inmensamente que compartises connosco tanto... es unha gran referente para todos!

Actualización! No arquivo adxunto pode verse un resumo da charla que María tivo a amabilidade de prepararnos,  xa que non puido verse no seu día, e tampouco puido mandárnola como presentación. Grazas de novo!

Charla de María Losada Burgo. Imaxe de Beatriz López

Xornada de orientación para o alumnado de 4º da ESO

Hoxe 3 de abril o alumnado de 4º da ESO, xunto coas titoras e a orientadora do centro, fomos ao salón de actos do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, á primeira das xornadas de orientación que terán lugar este curso os mércores na hora de titoría.

Natalia e Noemí, exalumnas do noso centro, explicáronnos todo o proceso que seguiron na elección do ciclo actual que cursan, o Ciclo Medio de Atención ás persoas en situación de dependencia.

O seu obxectivo é estudar o grado de maestra, para iso, en vez de acceder desde o bacharelato optaron por facer un ciclo medio, despois terán que facer un ciclo superior, neste caso o de Educación infantil e por último o grado. Parece que colleron un treito máis longo, pero tendo claro os seus obxectivos están satisfeitas pois gústalles o ensino práctico que reciben e que lles dará un título de técnico en atención a persoas en situación de dependencia, permítelles facer prácticas no segundo curso e incluso ir a estudar 3 meses a Malta. 

As dificultades técnicas impediron que puidesemos visionar a presentación tan traballada que prepararon, pero iso non desmereceu a súa esmerada e completa explicación.

Moitas grazas por achegarnos a vosa experiencia!

Fotografías de Beatriz López CC BY-SA

Programa YAM (Youth Aware of Mental Health)

O IES Xoán Montes foi seleccionado pola Consellería de Educación e o Servizo Galego de Saúde como centro piloto para participar no programa escolar de saúde mental denominado Youth Aware of Mental Health (YAM). Un grupo de 12 alumnos voluntarios de 3ESO participou o 16 de xuño en dito programa, consistente nunha formación teórica e xogos de roles e debates sobre situacións cotiás que lles poden supor estrés e malestar emocional.

YAM

Material do programa YAM

Obradoiro teatral para promover a cohesión grupal en 3º ESO

Ao longo da 2ª avaliación o alumnado de 3ºESO levou a cabo un programa de obradoiro teatral para promover a cohesión e cooperación grupal dentro de cada grupo. O obradoiro tivo unha duración de 8 sesións de titoría e integrouse dentro do Contrato programa Inclue-T.

Tivemos a fortuna de contar con Maisqueteatro, dito doutro modo, Rocío e Elea que dun xeito esclarecedor, motivador e moi práctico, axudáronnos a afondar nas emocións simples e complexas, na expresión e recoñecemento do corpo e a voz, na resolución de conflitos, na inclusión, entre outros moitos contidos clave para cohesionar un grupo.

O obradoiro foi valorado de xeito moi satisfactorio por todo o alumnado. Para as titoras foi un pracer seguir aprendendo sobre a metodoloxía e dinámicas para seguir traballando estes aspectos na titoría.

Maisqueteatro e Contratos Programa. Marta Coria. CC BY-SA

Distribuir contido


by Dr. Radut