Skip to Content

Taboleiro

MATRÍCULA ABAU XUÑO 2024

Toda a información nos documentos adxuntos. Lembrade que debedes pagar as taxas a primeira hora do día 16 de maio e entregar os documentos no centro ese mesmo día.

Ningún alumno poderá darse de alta na aplicación NERTA sen aboar previamente as taxas ABAU, as taxas para o Título de Bac e entregar a documentación na secretaria do centro (16 de MAIO).

(Tede en conta que o día 17 de maio é festivo, e o día 20 e Non lectivo para o noso centro).

Viaxe fin de etapa a Lisboa 4º ESO

No seguinte documento atópase a información da viaxe a Lisboa para o alumnado de 4º ESO que terá lugar entre os días 12 e 17 de maio.

Viaxe Lisboa

O día de Europa no IES Xoán Montes

Moitas foron as actividades que se levaron a cabo ao longo da mañá por parte do alumnado, profesorado e conserxes do noso centro.

Algunhas imaxes:

Traballo do alumnado de 2º ESO na materia de Historia e Xeografía. Fotos de Beatriz López

9 de maio Día de Europa

Cada 9 de maio, celebramos o Día de Europa en honor á Declaración Schuman, que foi pronunciada o 9 de maio de 1950, propoñendo a creación da Comunidad Europea do Carbón e dol Aceiro, que sentou as bases da Unión Europea tal como a coñemos hoxe. Os temas esbozados na Declaración —cooperación, unidade e paz entre os países europeos— seguen a estar vixentes setenta e catro anos despois. 

Canto sabes da UE? Propoñémoste algúns enlaces interesantes:

Xogo: A UE e eu

Zona de aprendizaxe con Material didáctico, xogos, liña cronolóxica da UE, novas e concursos

O concello de Lugo conmemora a data con varias actividades:

Participación no concurso de Educación Financeira

Hoxe 8 de maio, cargado de actividades no centro, alumnado de Empresa e Deseño de Modelos de Negocio, de 2º de bacharelato, participou no concurso que se organiza desde o programa de Educación Financeira, e que coa marca Finanza para todos, organizan a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), o Banco de España (BE) e o Ministerio de Economía, comercio y empresa.

Con pouco tempo, 2º de bacharelato é un curso moi esixente, pero con moitas ganas, esmeráronse en preparar e participar no concurso, unha nova experiencia que sempre enriquece.

Grazas a José Leal, Martín Rico, Uxía Rivas e Miguel Saavedra, foi un pracer tervos de alumnos, demostrastes a vosa implicación e esforzo, que a sorte e a forza vos acompañe nos vosos futuros proxectos.

 

O IES Xoán Montes en FP Innova

Hoxe 25 de abril, o alumnado de 4º da ESO A e C, acompañados por Belén Arrojo, Inés Iglesias e a que escribe, Beatriz López, puido desfrutar dunha xornada totalmente distinta e que esperamos espertase moito interese na gran variedade de estudos que oferta a FP.

O Congreso FP Innova 2024, é a sexta edición dun evento referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, da transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender na FP de Galicia que se celebra na Cidade da Cultura, en Santiago. No enlace poden verse os diferentes obradoiros aos que podía ir o alumnado, ademais de numerosos stands con información moi práctica dos proxectos de emprendemento xerados nos centros de ensino.

Tamén houbo catas de pinchos ofrecidos por alumnado de ciclos de cociña, e parte do noso alumnado saíu no telexornal, no 12:46 (https://www.rtve.es/play/videos/telexornal-galicia/telexornal-galicia-2-25-04-2024/16076964/)

Lambóns!

Imaxes de FP innova de Beatriz López CC BY-SA

En 1º de bacharelato... Preparados para o salto!

Hoxe 22 de abril, dentro da liña de actuación Desenvolvemento de habilidades empresariais do plan  Eduemprende da Consellería de Educación, no que participamos, o alumnado de 1º de bacharelato da materia de Economía puido desfrutar dunha motivadora charla.

Carlota Sánchez Puga, coordinadora da área de Educación Superior de Afundación, transmitiunos a importancia da educación financeira e os efectos da transformación dixital na sociedade e na xestión das nosas finanzas personais, destacando especialmente a importancia da ciberseguridade.

Debemos estar ben preparados neste mundo tan cambiante!

Imaxe da charla Beatriz López

Dinamización da exposición "Enredadas no cambio"

O venres 12 de abril unha monitora da ONG Taller de Solidaridade achegou a parte do alumnado a exposición de Enredadas no cambio que temos temporalmente no centro.

Reflexionaron sobre o emprendemento e a súa relación co concepto de éxito empresarial, e trataron a importancia do empoderamento feminino e de ter referentes deste xénero. 

Dinamización Enredadas no cambio Imaxes Beatriz López

Honrosa participación nas Olimpíadas Galegas de Economía

Hoxe 12 de abril, foron as Olimpíadas de Economía na Facultade de ADE de Lugo,

Do noso instituto participaron dous alumnos, en realidade dous valentes, porque con toda a presión que supón o curso de 2º de bacharelato, e tendo en conta que entraba tamén temario de 1º de bacharelato, decidiron preparar e presentarse ao exame ás 16:15 da tarde. Xa so por todo iso merecen a nosa admiración. E ademais, no exame caeron preguntas que non aparecían no temario que figuraba nas bases.

Aínda así trataron de facer un bo traballo e o fixeron. Noraboa a José Leal Corral e a Martín Rico Álvarez, quen ademáis quedou como finalista no sexto posto! polo que recibíu diploma. 

 Olimpíadas de Economía José Leal e Martín Rico Imaxe de Beatriz López

CONCURSO DE RECICLAXE

Ao longo do mes de abril e a primeira quincena de maio levarase a cabo no centro un concurso de reciclaxe co obxectivo de concienciar á comunidade educativa da necesidade e posibilidade dunha escola máis limpa e ecolóxica. 

Os cursos participantes da ESO terán que ir superando retos semanais para acadar puntos. A clase que cumpra o desafío con maior implicación recibirá un premio polo esforzo. Aínda que sen dúbida o premio é colectivo por camiñar cara a hábitos máis coidadosos co noso planeta.

cartel ECO

Distribuir contido


by Dr. Radut