Skip to Content

Ciencias sociais

Departamento de Xeografía e Historia

 

departamento de ciencias sociais 

 

 

Profesorado:

Marta Coria Blanco (Xefa de departamento)

Mª América García Fernández

Rafael Martínez Vázquez

 

 

 

Programacións  2023 - 2024 (LOMLOE)

Xeografía e Historia: 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO

Historia do Mundo Contemporáneo: 1º BAC

Historia de España: 2º BAC

Historia da Arte: 2º BAC

Xeografía: 2º BAC

Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio: 2º BAC

Videoconferencia con Liceo di Lugo (Emilia Romagna, Italia)

Esta semana levamos a cabo unha videconferencia co alumnao de Liceo di Lugo (Emilia Romagna, Italia) co que estamos a realizar un traballo conxunto sobre as Migracións. Nesta ocasión o alumnado do IES Xoán Montes fixo unha revisión sobre a historia das migracións na Idade Contemporánea. Paula, David e Aitor fixeron unha moi boa exposición ao alumnado. Despois, xogamos entre todos un Kahoot para comprobar o aprendido.

Na próxima tarefa, reflexionarán sobre as migracións na actualidade en equipos internacionais. Seguiremos informando!

videoconferencia

Kahoot co alumnado italiano de Liceo di Lugo. Fotografía de Marta Coria. CC BY-SA

Obradoiro Introdución á Arte Contemporánea co CGAC

O alumnado de Historia do Mundo Contemporánea de 1ºBAC recibiu un obradoiro por videoconferencia sobre Arte Contemporánea que organiza o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

Na actividade o alumnado recibiu unha explicación do edificio do CGAC proxectado polo recoñecido arquitecto portugués Álvaro Siza que conseguiu aunar a modernidade deste edificio e a tradición do entorno histórico compostelán. Coñeceron as súas expoosición e aprenderon novo conceptos como "instalación", "arte abstracta", "arte efémera", "performance"...

Dende o CGAC lanzaron o reto ao alumnado de facer unha instalación sobre unha temática. Estaremos atentos para ver se afrontan o desafío.

CGAC

Introdución á Arte Contemporánea no CGAC. Foto de Marta Coria

 

Charla USC A ponte: Emerxencia climática

O profesor Germán Vargas da USC impartiu unha interesante charla sobre Emergencia climática. Reflexionamos sobre a situación actual e achegámonos a propostas concretas que podemos levar a cabo dun xeito sinxelo para mitigar o efecto do cambio climático no planeta.

"O desafío radica en atopar o noso lugar neste mundo e ubicarnos, de forma armoniosa, xunto a outras vidas".

charla USC

Charla "Emerxencia climática". Foto de Marta Coria

Exposición A nosa arte de Afundación

O alumnado de 2ºBAC  da materia "Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia" visitou a exposición "A nosa arte" que recompila unha selección da colección de arte do Parlamento de Galicia. A guía explicounos as orixes da colección, en paralelo á constitución do Parlamento. Tivemos a ocasiónd e ver a obra de recoñecidos artistas como Laxeiro, Luis Seoane, Tino Grandío, Maside, etc.

Puidemos aprender a evolución da arte contemporánea galega dende estilos máis clasicistas e figurativos ata outras máis rupturistas e abstractas. 

arte

Exposición "Empieza el espectáculo. George Meliès y el cine de 1900"

O alumnado de Historia do Mundo Contemporáneo de 1ºBAC tivo a ocasión de visitar a exposición sobre a George Meliès, cineasta francés qeu cambiou a historia do cine. 

Na mostra guiada coñecimos como foron os primeiros pasos no cine, con aparellos como o kinestoscopio e as primeiras proxeccións para o público. Será a principios do s. XX cando George Meiliès realizará numerosas aportacións para a historia do cine. O alumnado quedou asombrado cos efectos especiais que conseguían neses primeiros estudos cinematográficos e, en especial, na coñecida película "El viaje a la luna" (1902). A exposición organizada por La Caixa rende unha homenaxe aos inicios no cine nas feiras cunha coidada posta en escea. 

melies

Visionando a película Viaje a la luna de George Meliès. Foto de Marta Coria. CC BY-SA

Visita á exposición fotográfica "Fragmentos de onte" de Ruth Matilda Anderson

O alumnado de 2ºBAC de Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia vistitou o martes 7 de novembro unha exposición de Ruth Matilda Anderson que recollía algunhas fotos da Galicia de fai cen anos.

Ruth Matilda fotografou escenas tradicionais galegas como por exemplo o oficio das leiteiras, postos artesanais que se montaban feirasda, a taberna como lugar de reunión pero tamén de correos ou para mercar produtos de ultramar. Tamén amosabase a vestimenta dos vestimenta dos homes e mulleres nesa época. Por un lado, destacaban os elaborados traxe de voda de veludo con cristias cosidos a man. Por outro, recollíanse mostras do traxe dos músicos e dos bispos da época. 

expo 

Exposición fotográfica de Ruth Matilda Anderson. Fotografía de Marta Coria.

Visita á Sala Porta Miñá

O alumnado de 2ESO visitou a Sala de exposicións Porta Miñá onde puido coñecer a evolución da cidade de Lucus Augusti dende a súa fundación entre o 15-13 a.C e a chegada dos suevos. 

Durante a visita puideron contemplar distintas fontes de información da época romana tanto primarias como secundarias. O audiovisual final axudou a comprender mellor como era a vida en Lugo en época romana.

pista

Alumnado de 2ºC completando o xogo de pistas.

Visita ao Centro Arqueolóxico de San Roque

O alumnado de 2ºBAC de Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia visitou o Centro arqueolóxico de San Roque.

Este espazo conserva un estanque ritual romano do s. I coa peculiaridade de ter dúas gárgolas que poderían representar aos deuses exipcios Isis e Amón.

Tamén viron un forno do s.III no que se elaboraban tégulas e pezas de construción. A exposición conta con dúas formas de enterramentos: incineración e inhumación onde se pode ver a colocación desas tégulas. 

san roque

Estanque ritual do s.I. Fotografía de Marta Coria. CC BY-SA

Visita á Domus do Mitreo

O alumnado da materia optativa Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia de 2ºBAC visitou a Domus do Mitreo. Neste centro visitaron as ruinas da antiga vivenda romana do centurión Gaio Víctor do s. I. Xa de época posterior, do s. III, é o templo adicado ao deus Mitra. Ademais da domus e o mitreo, o alumnado quedou sorprendido polos cimientos da muralla que se poden observar e amosan a altura orixinal.

 

Alumnado moi atento ás explicacións do guía.

Distribuir contido


by Dr. Radut