Skip to Content

Exposición "Empieza el espectáculo. George Meliès y el cine de 1900"

O alumnado de Historia do Mundo Contemporáneo de 1ºBAC tivo a ocasión de visitar a exposición sobre a George Meliès, cineasta francés qeu cambiou a historia do cine. 

Na mostra guiada coñecimos como foron os primeiros pasos no cine, con aparellos como o kinestoscopio e as primeiras proxeccións para o público. Será a principios do s. XX cando George Meiliès realizará numerosas aportacións para a historia do cine. O alumnado quedou asombrado cos efectos especiais que conseguían neses primeiros estudos cinematográficos e, en especial, na coñecida película "El viaje a la luna" (1902). A exposición organizada por La Caixa rende unha homenaxe aos inicios no cine nas feiras cunha coidada posta en escea. 

melies

Visionando a película Viaje a la luna de George Meliès. Foto de Marta Coria. CC BY-SA

alumnado

Visionando a película Viaje a la luna de George Meliès. Foto de Marta Coria. CC BY-SA

cine

O mundo máxico do cine. Foto de Inés Iglesias. CC BY-SA

 

grupo

Esculturas no Museo Provincial de Lugo. Foto de Inés Iglesias. CC BY-SA

 



page | by Dr. Radut