Skip to Content

Novas

Viaxe fin de etapa a Lisboa 4º ESO

No seguinte documento atópase a información da viaxe a Lisboa para o alumnado de 4º ESO que terá lugar entre os días 12 e 17 de maio.

Viaxe Lisboa

Recollida entradas Breogán

Todos aqueles que solicitastedes as vosas entradas para o partido do Breogán podedes pasar a partir do luns ás 10:30h. pola Secretaría do centro a recollelas. Se vos esquecestedes de facer a solicitude, aínda estades a tempo de facela a través da web do centro, quedan as últimas entradas dispoñibles!!!!

Programa YAM

YAM é un programa escolar dirixido á mocidade entre 13 e 17 anos no que se aprende e debate sobre saúde mental.

Ver or aquivos adxuntos para máis información.

Axudas linguas estranxeiras

Desde hoxe día 28 de marzo e ata o próximo 28 de abril, estará aberto o prazo para solicitardes axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras. Podedes consultar a información e cubrir o formulario de solicitude na páxina https://www.edu.xunta.es/axudasle/

PREMIOS ESPIRAL EDUBLOGS 2013

PARABÉNS a DONA MARÍA DE LA LUZ PARAMIO,profesora de Lingua Castelá e Literatura e aos alumnos colaboradores no BLOG TICNADOS,gañador dos premios EDUBLOG 2013.

TRASNADAS DO XOÁN - O BLOG DO ENL

ENLACE AO BLOG TRASNADAS DO XOÁN.

Este é o blog do ENL do IES Xoán Montes. O nome vén dun dos personaxes máis característicos da nosa mitoloxía popular, o trasno, que ten múltiples aparencias. Como son os do noso centro? E cales son as súas trasnadas?

FINAL DO CONCURSO VALORES DE FUTURO

As alumnas de 3º da ESO  MARTA CASTRO e ANA SALDAÑA,acompañadas da súa profesora de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras Mª BEATRIZ LÓPEZ SOTO,  viaxarán a Madrid o 30 e 31 de maio para participar na FINAL DO CONCURSO VALORES DE FUTURO,como representantes da NOSA  COMUNIDADE. Noraboa a todas e tamén ao resto do alumnado de 3º da ESO A.

AQUÍ PODEDES VER A  FINAL EN  MADRID.

OLIMPÍADA MATEMÁTICA 2013

Felicitacións a MARÍA CASTRO PERMUY de 2º ESO A , unha das  4 gañadoras  da  FASE DE ZONA DA OLIMPÍADA MATEMÁTICA 2013, que  pasa, polo tanto, á FINAL GALEGA  que terá lugar en VIGO.Noraboa    tamén á súa profesora PILAR VIEITES.MÁIS

FINAL YOUNG BUSINESS TALENTS

PARABÉNS ao equipo do  I.E.S. XOÁN MONTES-de esquerda a dereita na foto- MANUEL SÁNCHEZ ARROYO ,JAIME DOMINGUEZ MARTINEZ e ÁLVARO SÁNCHEZ PENA e tamén  á súa profesora de Economía MARÍA BEATRIZ LÓPEZ SOTO,finalistas na 2ª edición do certame celebrado en MADRID os días  13 e 14 de abril .Para ver a reportaxe de  EL PROGRESO,PREMEDE AQUÍ.

Distribuir contido


by Dr. Radut