Skip to Content

Taboleiro

Gañadores provinciais do concurso da ONCE!

Parabéns aos alumnos do Obradoiro de inciciativas emprendedoras de 4º de ESO, presentaron un proxecto ao concurso da ONCE e gañaron na fase provincial na súa categoría.

O tema deste ano era "descubrir o teu talento o cambia todo" e mostraron que teñen talento a raudales.

Podedes ver a información neste enlace:

http://www.concursoescolaronce.es/ganadores.html#form_ganadores

 

 

 

Visita a Inditex

Aquí estamos sorrintes nas instalacións de Inditex. Como cada ano, visitamos a central de Arteixo e analizamos as actividades de cada departamento. Este ano acompañáronnos Teresa e Alejandra, profesora do centro e alumna do Máster en formación do profesorado (e exalumna do centro) respectivamente.

Como sempre, unha visita impresionante e enriquecedora, na que houbo moitas preguntas que denotan as inquedanzas do alumnado.

A información axuda a fundamentar as nosas opinións.

 

 

 

  Licenza Creative Commons

E aquí temos aos máis solidarios do curso 2014/2015

Non gañaron ningún premio en metálico, nin o pretendían, so se concentraron en prestar a súa axuda aos demais, foron cubrindo o pasaporte solidario e ao final recibiron o diploma que os recoñece como persoas solidarias onde as haxa. Noraboa a todos e a todas!

Na primeira foto Santiago, Pablo e Ízan de 1º da ESO A (materia: Atención educativa)

 

Semifinalistas no concurso nacional Young Business Talents

O alumnado de 1º de bacharelato da materia Economía, e o de 2º da materia Economía da empresa deste curso participou no concurso YBT. Non todos conseguiron ser semifinalistas así que noraboa a estes selectos grupos de 1º (na foto de arriba) e de 2º (na de abaixo) que nos mostran orgullosos o diploma que o testemuña.

 

 

 

Nutrida e honrosa representación nas Olimpíadas de Economía

equipo do Ies Xoán Montes nas olimpíadas economía 2015

  Licenza Creative Commons

Esta obra de Mª Beatriz López Soto ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional.

Distribuir contido


by Dr. Radut