Skip to Content

Taboleiro

Excelentes resultados e 3º premio nas X Olimpíadas galegas de Economía. Noraboa aos nosos participantes!

Ás Olimpíadas de Economía deste ano, que se realizaron o 12 de abril en Lugo, presentáronse 7 alumnos de Economía da empresa de 2ª de bacharelato. Representaron ao centro con moitas ganas, e non podo estar máis orgullosa como profesora deles do gran traballo que fixeron, e polo que foron felicitados reiteradamente pola decana da facultade de ADE de Lugo, noraboa a todos! Ademais conseguíu un deles, David Fernández Rodríguez, o 3º posto, dobre noraboa!

Enlaces ao artigo no Progreso e ao do xornal da Universidade 

Aquí os tedes antes do exame e despois do mesmo cos seus diplomas.

Visita didáctica á exposición "Heroes ocultos"

Este curso todo o alumnado de Economía e tamén o de Historia da arte asistiu a unha exposición moi interesante e que ata o 7 de xaneiro pode visitarse de xeito individual na carpa de "La Caixa", sita na Praza Horta do Seminario.

O 23 de novembro foron os de 1º de bacharelato, o 19 de decembro os de 4º da ESO e o 21 de decembro os de 2º de bacharelato. Puidemos coñecer aspectos como a innovación, creación, produción e evolución de obxectos cotiáns que en realidade supoñen grandes avances e por iso poden considerarse como heroes xeniais: o Lego, a fregona, o pos-tit, as latas de conservas, o bolígrafo Bic, o velcro, as tiritas... Hai ata 28 dos máis de 40 obxectos que compoñen a exposición orixinal do Vitra Design Museum. O alumnado tamén puido desfrutar realizando actividades preparadas para analizar as necesidades que cubren os obxectos e facer unha práctica do método canvas ineractiva.

Visita didáctica a Inditex

Este ano o grupo de 2º de bacharelato da materia Economía da Empresa tivo a visita máis tarde do habitual, o 8 de maio, moi enriquecedora coma sempre, e ademais puidemos visitar in situ a central de venta online. Gran experiencia!

 

Licenza Creative Commons

Educación financeira a toda vela!

O 6 de abril na biblioteca, e mediante videoconferencia, a aula de 4º da ESO B puido compartir coa profesora e o alumnado de Economía do IES As Barxas de Moaña as súas experiencias e actividades de educación financeira. A actividade foi organizada por ADICAE e agradecemos á súa coordinadora en Galicia Ana Belén Folgar e á profesora Mª José Soto a súa boa disposicoón e participación.

 

 

Noraboa aos semifinalistas de Young Business Talents curso 2016/17

Todo o alumnado que cursa algunha das materias que se imparten desde o departamento de economía puido participar no concurso-simulador YBT, un proceso que se desenvolveu durante gran parte do curso e que foi de moito interese ademais de enriquecedor.

En 2º de bacharelato as valentes que chegaron á semifinal foron Ana, Gema e Raquel.

Licenza Creative Commons

Visita didáctica a Inditex

Hoxe visitamos a central en Arteixo de Inditex e, coma sempre, asombrounos a historia e a magnitude deste xigante empresarial que temos a sorte de ter perto. A visita foi moi intensa e enriquecedora.

Á volta, os "visitantes" quedamos inmortalizados na imaxe que aparece abaixo, o alumnado de Economía da empresa de 2º da bacharelao, e Milagros, profesora do centro que nos acompañou este ano.

 

Licenza Creative Commons

Os máis solidarios do curso 2015/2016

 

Aquí mostran orgullosos o diploma de persoas solidarias, grazas ao traballo desinteresado que durante o curso foron recollendo no pasaporte solidario. Noraboa a todos e todas!

 

 Licenza Creative Commons

Premiados os finalistas provinciais do concurso da ONCE

 

Como xa sabemos, un grupo da materia Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras de 4º da ESO, quedou na súa categoría como gañadores provinciais no concurso da ONCE. Pode verse neste enlace http://www.concursoescolaronce.es/ganadores.html#form_ganadores. O concurso, o 32 da ONCE, foi moi interesante, o seu lema era "descubrir o teu talento  cámbiao todo". Como premio, todos os talentosos alumnos recibiron un bonito espertador que pon "espertar o teu talento cámbiao todo". Abaixo, posan orgullosos na foto. De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Diego, Daniel, Tamara, Walter, Noemí, Andrea, Cristian, Melanie, Carmen, Fernanda, Pablo e Alexandre.

Noraboa a todos!

 

Semifinalistas do concurso-simulador Young Business Talents curso 2015-2016

 

Este curso moito alumnado perseverou e chegou a acadar as semifinais neste concurso internacional, o cal é un gran logro. Aquí os podedes ver posando satisfeitos co diploma que reflicte o seu traballo e esforzo. Noraboa a todos os participantes, e en especial aos que chegaron á semifinal!

Grupo de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras, 4º da ESO

 Licenza Creative Commons

Gañadores provinciais do concurso da ONCE!

Parabéns aos alumnos do Obradoiro de inciciativas emprendedoras de 4º de ESO, presentaron un proxecto ao concurso da ONCE e gañaron na fase provincial na súa categoría.

O tema deste ano era "descubrir o teu talento o cambia todo" e mostraron que teñen talento a raudales.

Podedes ver a información neste enlace:

http://www.concursoescolaronce.es/ganadores.html#form_ganadores

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut