Skip to Content

Día do libro e día das letras galegas

exposición de citas
Para a conmemoración destes dous eventos, a biblioteca organiza un concurso de frases relativas á lectura, aos libros ou ás bibliotecas. O concurso tén dúas modalidades. As alumnas e alumnos do centro poden elixir a cita que máis lles gusta das expostas no panel de citas situado na planta baixa do centro ou ben crear eles mesmos unha frase relativa a un dos temas propostos: o libro, a lectura, a biblioteca. As bases son as seguintes.

SORTEO DE CITAS FAVORITAS:

  • se es alumno ou alumna do instituto, podes participar ata o xoves 14 de maio
  • para iso debes cubrir este impreso, ou ben un dos situados a carón da caixa correspondente na mesa da planta baixa
  • no impreso debes escribir unha das citas expostas no panel da planta baixa. Tamén podes ver as citas expostas premendo en calquera das imaxes deste artigo
  • o venres 15 extraerase ao chou o gañador ou gañadora
  • o premio consistirá nun vale por importe de 20 € en libros

 

CONCURSO DE CITAS PERSOAIS ORIXINAIS:

  • se es alumna ou alumno do instituto, podes participar ata o xoves 14 de maio
  • para iso debes cubrir este impreso, ou ben un dos situados a carón da caixa correspondente na mesa da planta baixa. Ten en conta que a frase debe ser orixinal, creada por ti, e non copiada
  • o venres 15 o xurado, composto polo equipo de biblioteca, decidirá cal é a mellor cita persoal orixinal
  • o premio consistirá nun vale por importe de 20 € en libros


panel de citas

AdxuntoTamaño
cita favorita.pdf38.21 KB
cita persoal.pdf69.69 KB
citas.pdf28.87 KB


story | by Dr. Radut