Admisión a cursos de especialización de FP. Convocatoria 2020

No vindeiro curso 2020-2021 ofertaranse por primeira vez en Galicia cursos de especialización de formación profesional.

Só poderán acceder aos cursos de especialización as persoas que cumpran o requisito de estar en posesión dalgunha das titulacións de grao superior de formación profesional recoñecidas para o acceso na normativa que regula cada curso.

O prazo de presentación de solicitudes de admisión de cursos de especialización de formación profesional para o curso 2020-2021 será do 25 de xuño ata as 13:00 horas do 8 de xullo.

Deberase cubrir unha única solicitude na que se poderá optar a dous cursos de especialización como máximo. O impreso cuberto acompañado da documentación complementaria que corresponda, entregarase, preferentemente, no centro de primeira opción onde se oferte o curso de especialización para o que solicita admisión ou en calquera centro de Galicia con oferta de cursos de especialización sostida con fondos públicos.

As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os cursos de especialización tamén poderán realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos e a FP dual.

As persoas admitidas (seleccionadas) para un curso de especialización quedarán excluídas do proceso de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario, no réxime para as persoas adultas e en FP dual. No caso de non seren admitidas (seleccionadas) en ningún curso de especialización poderán continuar no proceso de admisión xeral a ciclos formativos.

Información e documentación

Listaxes do procedemento de admisión

O prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada curso de especialización abrangue desde o venres 17 de xullo ata as 13:00 horas do luns 27 de xullo de 2020. A matrícula ou a renuncia deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. A renuncia a unha praza adxudicada realízase para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia dentro dos cursos de especialización. As persoas con praza adxudicada nun curso de especialización son excluídas do resto dos procesos de admisión de formación profesional.

Para realizar a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada dun curso de especialización empregarase o seguinte modelo:

Adxudicación continuada. No caso de que algunha persoa con praza adxudicada renuncie a ela ou non se matricule durante o período establecido e nese curso de especialización haxa listaxe de espera, o centro procederá a chamar as persoas que se atopen na lista de espera polo proceso de adxudicación continuada entreo o 28 e o 31 de xullo e do 1 ao 11 de setembro.

Prazas liberadas. Os cursos de especialización que non cubriron todas as prazas e que non teñen persoas en listaxe de espera cosideranse liberados. Nas prazas liberadas pode solicitar matrícula calquera persoa que acredite os requisitos de acceso aos cursos de especialización. Aceptaranse as matrículas por rigorosa orde de chegada ata completar o número de prazas establecido (20).

  • CIFP As Mercedes. Dixitalización do mantemento industrial
  • CIFP Politécnico de Santiago. Ciberseguridade en entornos das tecnoloxías de operación
Etiquetas: 
Tema: