Admisión a cursos de especialización. Listaxes definitivas de solicitudes. Curso 2023-2024

Publicación das listaxes definitivas de solicitudes de admisión a cursos de especialización para o curso 2023-2024.

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais, por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmisión ou na seguinte ligazón.

- Nota: As listaxes de solicitudes do proceso de admisión a cursos de especialización pola cota reservada para persoas con discapacidade, legalmente recoñecida, están dispoñibles para a consulta nas secretarías dos centros de inscrición.