FP dual. Convocatoria xuño de 2015

 

Publicada no DOG  a Orde do 3 de xuño de 2015 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades.

Acceda á Orde do 3 de xuño de 2015

 


 

Novo prazo de presentación de solicitudes. Período extraordinario.

Establécese un novo prazo de presentación de solicitudes, do 14 de xullo ata o vindeiro día 31 de xullo ás 13.00 horas, para os ciclos formativos e centros relacionados seguite táboa:

   Concello     
Centro educativo                
Código ciclo    

Ciclo formativo

Lugo CIFP Politécnico de Lugo

MEOC01

Construcción

Ourense

IES Universidade Laboral

MTMV01

Carrozaría

Pontevedra

CIFP Carlos Oroza SHOT01 Xestión de aloxamentos turísticos
Santiago

CIFP Compostela

SHOT01

Xestión de aloxamentos turísticos

 Vigo

CIFP Manuel Antonio

MTCP01

Confección e moda

Calendario do período extraordinario

  • Presentación de solicitudes: do 14 ao 31 de xullo ás 13 horas.
  • Relación provisional de persoas solicitantes: 1 de setembro
  • Reclamación á relación provisional de persoas solicitantes: 2 e 3 de setembro
  • Relación definitiva de persoas solicitantes: 4 de setembro
  • Período de selección por parte da entidade colaboradora: do 2 ao 9 de setembro
  • Relación de persoas admitidas e en espera: a partir do 10 de setembro
  • Matrícula: ata o día 14 de setembro

 


 

Oferta de ensinanzas

   Concello     
Centro educativo                
Código ciclo    

Ciclo formativo

Entidade colaboradora

A Coruña IES A Sardiñeira SQUI02

Química industrial

Repsol Petróleo, S.A.
Lugo CIFP Politécnico de Lugo

MEOC01

Construcción

- Construcciones Seijas Enríquez, S.L.

- Garvi Lugo Construcciones Proyectos y Reformas, S.L.

- José Mourelle Díaz.

- Luís Villamide, S.L.

- Odegal, S.L.

- Oltaya Lugo, S.L.

- Óscar Piñeiro López

- Recubre Lugo, S.L.

- Reforma Noroeste C.B.

- Reformas y Sistemas de Galicia, S.L.

Ourense

IES Universidade Laboral

MTMV01

Carrozaría

Unidad de Vehículos Industriales, S.A.(Unvi)

Pontevedra

CIFP Carlos Oroza SHOT01 Xestión de aloxamentos turísticos Arlea Hotels, S.L.U.
Santiago

CIFP Compostela

SHOT01

Xestión de aloxamentos turísticos

Arlea Hotels, S.L.U.

 Vigo

CIFP Manuel Antonio

MTCP01

Confección e moda

Sociedad Textil Lonia, S.A.

 

Requisitos das persoas solicitantes

Para poderen acceder a este proxecto de formación profesional dual, as persoas aspirantes deberán cumprir o seguinte:

  • Ter entre dezaseis e vinte e nove anos no momento de inicio do programa formativo, no caso dos ciclos de grao medio, e entre dezaoito e vinte e nove anos, no caso dos ciclos de grao superior.
  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos establecidos no artigo 36 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente, e que se detallan no modelo de solicitude, no anexo I desta orde.
  • Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

Presentación de solicitudes

As solicitudes de inscrición para participar nestes proxectos experimentais de formación profesional dual poderán entregarse en calquera centro que teña oferta de formación profesional dual autorizada e irán dirixidas ao seu director ou á súa directora.

Documentación

A solicitude de admisión, anexo I, deberá ir acompañada da seguinte documentación:

  • Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro.
  • Certificación académica relativa aos requisitos de acceso, no caso de non ter realizado os estudos ou as probas de acceso no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Calendario do procedemento. Período ordinario.

  • Presentación de solicitudes: do 17 ao 26 de xuño ás 13 horas.
  • Relación provisional de persoas solicitantes: 29 de xuño
  • Reclamación á relación provisional de persoas solicitantes: 30 de xuño e 1 de xullo
  • Relación definitiva de persoas solicitantes: 3 de xullo
  • Período de selección por parte da entidade colaboradora: do 4 ao 11 de xullo
  • Relación de persoas admitidas e en espera: a partir do 13 de xullo
  • Matrícula: 2 días hábiles desde a publicación da listaxe de persoas admitidas e en espera. Data límite: 16 de xullo

Participación simultánea nos procedementos de admisión a FP Dual e ao resto de modalidades de FP

As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os proxectos de formación profesional dual de ciclos formativos para o curso 2015-2016 na convocatoria de xuño, tamén poderán se así o desexan, realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior no réxime de ordinario ou para persoas adultas, na modalidade presencial ou a distancia, no prazo de ordinario de xuño-xullo. Neste caso:

  • As persoas seleccionadas nalgún dos proxectos de formación dual e que se matriculen no ciclo do proxecto solicitado, expresamente están renunciando a seguir no procedemento de admisión a ciclos formativos; non serán adxudicadas e non poderán formalizar ningunha matrícula na modalidade presencial ou a distancia.
  • As persoas non seleccionadas nos proxectos de formación dual, seguirán no procedemento de admisión a ciclos formativos e se é o caso, poderáselle  adxudicar unha praza para que posteriormente realicen a matrícula nos prazos establecidos.

Listaxes do procedemento de admisión

Os módulos sinalados cun asterisco (*) na listaxe corresponden con módulos xa superados ou validados do ciclo solicitado.

O período de selección por parte da entidade colaboradora abrangue ata o 13 de xullo.

As persoas admitidas nos ciclos de FP Dual do deberán acudir ao centro para matricularse os días 15 ou 16 de xullo, en horario de oficina. De non formalizar a matrícula nestas datas, esas prazas serán ocupadas polas persoas en espera.


Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa que regula a FP dual).

Etiquetas: 
Tema: