Concurso de deseño e realización de cadeiras de madeira

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia convoca un concurso de deseño de prototipos de cadeira, como parte das actuacións asociadas ao proxecto expositivo Da árbore á cadeira, que ten lugar no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia desde o 7 de abril ata o 5 de novembro de 2017.

Este concurso vai dirixido ás Escolas de Arte e Superiores de Deseño e aos centros de Formación Profesional, atendendo á natureza dos estudos impartidos e aos contidos curriculares.

Etiquetas: 

V Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia convoca a quinta edición dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia, e que contan coa colaboración do Igape.

Os premios Emprende Gaiás-Sixto Seco buscan poñer en marcha ideas ou proxectos innovadores no mundo das industrias culturais artelladas en tres modalidades:

Etiquetas: 

30 aniversario do Programa Erasmus+

A celebración do 30 aniversario do Programa Erasmus+: 30 ANOS ENRIQUECIENDO VIDAS, ABRINDO MENTES de Formación Profesional, terá lugar o martes 26 de setembro de 2017 en Santiago de Compostela.

A data límite para realizar a preinscrición é o martes 12 de setembro ás 14:00 horas (hora peninsular), a través da seguinte ligazón, onde atoparán tamén o programa de actividades da xornada:

Etiquetas: 

Convocatoria para participar no programa Atrévete 2017 - 2018

No curso 2017-2018 o programa Atrévete desenvolverase en colaboración coas diferentes asociacións que se detallan abaixo:

Etiquetas: 

Admisión: 1ª adxudicación extraordinaria. Convocatoria 2017

Publicación das listaxes da convocatoria extraordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

 

Réxime ordinario

Etiquetas: 

Instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP no curso 2017-2018

Resolución do 3 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2017/18.

Etiquetas: 

Decreto 71/2017 polo que se establecen seis currículos de títulos profesionais básicos

Publicado o Decreto 71/2017, do 24 de maio, polo que se establecen seis currículos de títulos profesionais básicos.

Decreto 71/2017

Os anexos corresponden ás seguintes familias profesionais:

Etiquetas: 

Listaxe provisional de ciclos formativos plurilingües

Listaxe provisional de centros e ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP). Convocatoria 2017-2018

 Prazo para realizar alegacións: ata o 28 de agosto de 2017.

- Listaxe

Etiquetas: 

FP Dual. Prazo de presentación de solicitudes aberto para prazas vacantes

Permanece aberto o prazo de presentación de solicitudes para os proxectos de formación profesional dual de ciclos formativos convocados pola orde do 13 de xuño de 2017, que tras a finalización do período establecido nesta orde, do 22 o 30 de xuño, aínda dispoñen de prazas vacantes.

Etiquetas: 

Admisión: 2ª adxudicación ordinaria. Convocatoria 2017

Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

Réxime ordinario

Etiquetas: 
Distribuir contido