Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2017-2018

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

 

Relación de ciclos e prazas obxecto desta convocatoria

Etiquetas: 
Tema: 

FP Innova Galicia 2018. Ampliación do prazo de inscrición para centros

Amplíase o prazo de inscrición para os centros que desexen organizar unha visita a FP Innova Galicia 2018 para alumnado.

O formulario de inscrición permanecerá aberto ata as 14:00 h do mércores 18 de abril de 2018 ou ata completar aforo.

Etiquetas: 

Selección de estadías formativas 2018. Resolución definitiva

Publicada a Resolución definitiva da comisión de selección de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2018 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial, e das artes plásticas e o deseño.

Acreditación de competencias. Datas e lugares da primeira reunión grupal

Publicadas as listaxes de persoas admitidas e excluídas, con data 4 de abril de 2018, iníciase a fase de asesoramento para as persoas admitidas, segundo o establecido na Orde do 29 de decembro de 2017 (DOG do 10 de xaneiro de 2018) pola que se convocou o proceso de acreditación de competencias.

Acreditación. Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e de persoas excluídas por non cumprir os requisitos para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2018. Data de publicación: 04.04.2018

Concurso Eduemprende Idea 2018

Publicada a Resolución do 19 de marzo de 2018 (DOG do 4 de abril de 2018) pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do concurso eduemprende Idea 2018, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos, e se convoca en réxime de concorrencia competit

Etiquetas: 

TVG. Convocatoria de proba para un contrato en prácticas

Convocatoria do proceso de selección para un contrato en prácticas na categoría laboral de Grafista Titulador en Corporación Radio e Televisión de Galicia, S. A.

As persoas aspirantes deberán enviar mediante correo electrónico ao enderezo proceso.seleccion@crtvg.es un currículo segundo as instrucións do ficheiro xunto (accesible premendo en Máis información) indicando que é para esta proba.

Etiquetas: 

FP Innova Galicia 2018. Inscrición no congreso para profesorado

Aberto o prazo de inscrición para profesorado no Congreso de Innovación na Formación Profesional 2018, que se celebrará os días 25, 26 e 27 de abril de 2018 na Cidade da Cultura de Galicia.

O profesorado interesado en participar deberá inscribirse, a través da aplicación fprofe, na actividade con referencia G1714006.

Etiquetas: 

Selección de estadías formativas 2018. Resolución provisional

Publicada a Resolución provisional da comisión de selección de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2018 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial, e das artes plásticas e o deseño.

II Feira da Enerxía de Galicia

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa estivo presente na II Feira da Enerxía de Galicia, celebrada os días 22, 23 e 24 de marzo no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda.

Multimedia: 
Distribuir contido