Premio Reina Letizia 2018 de Promoción da Inserción Laboral das personas con discapacidade

Convocada a concesión do Premio Reina Letizia 2018 de Promoción da Inserción Laboral das personas con discapacidade.

Este premio, do que se celebra este ano a súa oitava edición, ten como finalidade recoñecer un labor continuado, levado a cabo nun período de tempo non inferior a cinco anos, de empresas que implantasen políticas, programadas e avaliadas, de inserción laboral de persoas con discapacidade no seu persoal, cuxos resultados merezan esta distinción.

Etiquetas: 

Admisión a ciclos formativos. 1ª adxudicación ordinaria. Convocatoria 2018

Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

 

Réxime ordinario

Etiquetas: 
Tema: 

Admisión a ciclos formativos. Listaxes definitivas de solicitantes. Convocatoria 2018

Publicación das listaxes definitivas de solicitantes a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e modalidade a distancia.

- Nota: As listaxes de solicitudes do proceso de admisión a ciclos formativos pola cota reservada para persoas con discapacidade, legalmente recoñecida, están dispoñibles para a consulta nas secretarías dos centros de inscrición.

 

Etiquetas: 
Tema: 

Formación Profesional Dual. Listaxes de prazas adxudicadas. Curso 2018-2019

Publicadas as listaxes de prazas adxudicadas para os proxectos experimentais de formación profesional dual autorizados na Orde do 14 de xuño de 2018 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades.

Etiquetas: 

Formación Profesional Dual. Ampliación do prazo de solicitudes. Curso 2018-2019

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes para os proxectos de formación profesional dual de ciclos formativos convocados pola orde do 14 de xuño de 2018, que tras a finalización do período establecido de solicitudes, aínda dispoñen de prazas vacantes.

Etiquetas: 

Formación Profesional Dual. Listaxes definitivas de solicitudes. Curso 2018-2019

Publicadas as listaxes definitivas de solicitudes de admisión aos proxectos experimentais de formación profesional dual autorizados na Orde do 14 de xuño de 2018 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades.

Etiquetas: 

Admisión a ciclos formativos. Listaxes provisionais de solicitantes. Convocatoria 2018

Publicación das listaxes provisionais de solicitantes a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e modalidade distancia.

O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o venres 6 de xullo ata as 13:00 horas do martes 10 de xullo de 2018.

A reclamación deberase realizar no centro onde se presentou a instancia.

Etiquetas: 
Tema: 

Formación Profesional Dual. Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 2018-2019

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes de admisión aos proxectos experimentais de formación profesional dual autorizados na Orde do 14 de xuño de 2018 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades.

Etiquetas: 

Carnés e habilitacións profesionais. Cualificacións provisionais. Convocatoria ordinaria 2018

Publicada a listaxe provisional de cualificacións da convocatoria ordinaria de carnés e habilitacións profesionais.

Contra esta listaxe poderase presentar reclamación ata o día 11 de xullo de 2018.

Carnés e habilitacións profesionais. Comezo do prazo de solicitudes para convocatoria extraordinaria 2018

Iniciado o prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria extraordinaria de probas para  a obtención de determinados carnés e habilitacións profesionais.

Para a convocatoria extraordinaria, o prazo de presentación de solicitudes é desde o día 2 ata o día 13 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.

Distribuir contido