Convocatoria Programa Lanzadeiras Coruña 2017-18

O programa Lanzadeiras Coruña desenvólvese dentro do plan Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende que supón unha aposta clara e firme pola implantación da cultura emprendedora na comunidade educativa dos niveis non universitarios. O plan eduemprende constitúese como o marco onde coordinar as sinerxías en materia emprendedora que actúen sobre o sistema educativo, ordenando e planificando a súa aplicación.

Etiquetas: 

Programa Medra

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha o programa Medra, que se desenvolve dentro do marco do Plan de Emprendemento do Sistema Educativo de Galicia (Plan Eduemprende).

Esta acción desenvolverase en catro obradoiros (un por provincia) impartidos por Anxo Pérez, CEO e fundador de 8Belts.com. Emprendedor natural de Fisterra (A Coruña), a súa paixón pola aprendizaxe e o aproveitamento dos propios talentos marcan a súa ampla e diversa traxectoria profesional.

Etiquetas: 

Axudas FCT

Publicada a Orde do 4 de outubro de 2017 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo, convocadas pola Orde do 3 de maio de 2017.

Etiquetas: 

Participación da FP galega en WorldSkills Abu Dhabi 2017

Silvia Folgueira Rico e Miguel Paz Pena, alumnos da FP galega que gañaron a medalla de ouro no SpainSkills 2017, nas especialidades de Pintura do automóbil e Tecnoloxía do automóbil, respectivamente, participan no Campionato Mundial de Formación Profesional WorldSkills 2017, en Abu Dhabi.

Nesta 44 edición do certame participan 1252 competidores de 58 países diferentes, en 51 skills ou especialidades.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Carnés profesionais. Datas e material de consulta permitido. Convocatoria extraordinaria 2017

Publicadas as datas de celebración das probas da convocatoria extraordinaria de 2017 de carnés e habilitacións profesionais, así como o material de consulta permitido para a realización da segunda parte da proba.

Carnés profesionais. Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas. Convocatoria extraordinaria 2017

Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas da convocatoria extraordinaria 2017 de probas de carnés e habilitacións profesionais.

Relación definitiva de centros autorizados para impartir ciclos formativos plurilingües. Curso 2017/18

Publicada a Resolución do 18 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a relación de centros autorizados para impartir ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP), así como os ciclos formativos autorizados, no curso 2017/18.

Etiquetas: 

Corrección na publicación da proposta provisional eduemprende Idea 2017

Revisada a publicación da relación de proxectos da proposta provisional de adxudicación dos premios do concurso Eduemprende Idea 2017 (Orde do 30 de marzo de 2017 pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2017 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos, publicada no DOG do 17 de abril de 2017), cómpre facer a seguinte corrección: 

Etiquetas: 

30 aniversario Erasmus + FP

O pasado 26 de setembro de 2017 tivo lugar na Cidade de Cultura de Galicia a celebración do 30 aniversario Erasmus+ no ámbito da Formación Profesional.

Trátase do único acto de conmemoración en España do aniversario desta iniciativa educativa europea no eido da FP, congregando a máis de 300 profesores e alumnos da maioría das comunidades autónomas.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Espazo coworking "A/Em prender en verde" en Padrón

O espazo coworking "A/Em prender en Verde" está concibido como un programa de desenvolvemento do talento para aqueles emprendedores e profesionais do ámbito da economía e cultura verde, que buscan unha formación completa e especializada que abarca desde a creación do talento ata a profesionalización do emprendemento verde. Desenvolveranse obradoiros, sesións de mentorización e outras actividades para potenciar o networking e compartir boas prácticas.

Etiquetas: 
Distribuir contido