Proxecto FUTUREfacing

A Axencia Galega de Innovación (GAIN), a través dos Centros de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira) e do Deseño e a Tecnoloxía (CIS-Galicia), xunto coa Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, están a desenvolver o proxecto FUTUREfacing.

Este proxecto, integrado por un consorcio de seis socios de catro países europeos, persegue compartir, desenvolver e transferir prácticas innovadoras en educación e formación para a industria da madeira, en base ás demandas do sector.

Os acabados e revestimentos constitúen un elemento esencial no deseño e produción de mobiliario. Determinan tanto a estética como as prestacións funcionais, e están suxeitos a lexislacións cada vez máis restritivas en temas de saúde, seguridade no traballo e o medio ambiente. A fabricación tradicional está a evolucionar incorporando nanotecnoloxía, secado UV ou propiedades antibacterianas, entre outras.

Coordinador

  • GAIN, Axencia Galega de Innovación
  • CIS-Madeira, Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia
  • CIS-Galicia, Centro de Innovación e Servizos do Deseño e a Tecnoloxía

Socios

  • DXEFPIE, Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
  • BCF, Federación Británica de Acabados [British Coatings Federation], Reino Unido
  • FINSA, Financiera Maderera
  • ILVA, Industrias Químicas IVM, Italia
  • RAKVERE, Escola de Formación Profesional Rakvere Ametikool [Rakvere Vocational School], Estonia

Colaboradores

  • CFPIMM, Centro de Formación Profesional das Industrias da Madeira e Mobiliario [Centro de Formação Profissional das Indústrias da Madeira e Mobiliário], Portugal
  • COSMOB, Centro Tecnológico da Madeira e o Moble [Centro tecnologico per il settore legno – arredo], Italia
  • GMIT, Centro Nacional de Excelencia en Deseño de Mobiliario e Tecnoloxía [National Centre for Excellence in Furniture Design and Technology], Irlanda
  • WOODWIZE, Centro de Formación en Madeira [OpleidingsCentrum Hout], Bélxica

Novas

- Máis información

Etiquetas: