Os Equipos de Orientación Específicos na Orientación (EOE)
Os Equipos de Orientación Específicos na Orientación (EOE)

Os Equipos de Orientación Específicos son axentes dea poio á orientación externos aos centros educativos, centrando as súas funcións, con carácter preferente, no apoio especializado aos departamentos de orientación, na elaboración de programas de intervención, na actualización de datos propios de cada especialidade, así como na elaboración de materiais e recursos que contribúan a unha axeitada resposta educativa nos centros, neste caso en materia de orientación educativa e profesional.

Deste xeito, cando os centros educativos e os/as profesionais que os atenden desde os departamentos de orientación precisan dun asesoramento máis específico poden solicitar, a través da inspección educativa, a intervención das persoas especialistas do EOE da súa provincia, empregando o protocolo establecido para tal efecto.

Así mesmo, os Equipos de Orientación Específica, e os seus profesionais, realizarán outro tipo de actuacións de oficio, tal como se recolle na normativa que regula a súa creación e funcionamento.

Audición e Linguaxe - EOE
19/12/2011 | 09:09
Tal como se recolle no Decreto 120/1988 do 23 de abril, a especialidade de audición e linguaxe constitúe unha das dimensións profesionais dos equipos de orientación específicos....
Alumnado con trastornos da aprendizaxe
12/12/2011 | 19:09
Considérase que unha alumna ou un alumno presenta dificultades específicas de aprendizaxe cando o seu rendemento en relación á adquisición e uso dunha ou varias das capacidades de...
Alumnado con trastornos xeneralizados do desenvolvemento
12/12/2011 | 18:56
Utilizar o termo “trastornos xeneralizados do desenvolvemento” (TXD) supón a referencia a un variado grupo de trastornos de orixe neurobiolóxica que aparecen nos primeiros anos da...
Alumnado con problemas de conduta
09/12/2011 | 15:01
Enténdese que unha alumna ou un alumno presenta necesidades educativas especiais por un trastorno grave de conduta cando presenta alteracións mentais, emocionais ou do...
Alumnado con discapacidade visual
09/12/2011 | 14:19
A capacidade visual constitúe un proceso complexo que en cada persoa se elabora como froito da integración e interpretación de numerosas informacións parciais que recibe do mundo...
Alumnado con discapacidade motora
09/12/2011 | 14:10
Falar de “discapacidade motora” supón referirse de modo global e xenérico a unha ampla e variada clasificación de trastornos unidos polo lazo da alteración física e con maior ou...
Alumnado con discapacidade intelectual
09/12/2011 | 13:48
A consideración de discapacidade intelectual require da coexistencia de  tres criterios relacionados entre si: a existencia dun funcionamento intelectual significativamente...
Alumnado con sobredotación intelectual
07/12/2011 | 15:10
Unha alumna ou un alumno presenta altas capacidades intelectuais cando manexa e relaciona, de maneira simultánea e eficaz, nun nivel sensiblemente superior á media, recursos...

Páginas