Os Equipos de Orientación Específicos na Orientación (EOE)
Os Equipos de Orientación Específicos na Orientación (EOE)

Os Equipos de Orientación Específicos son axentes dea poio á orientación externos aos centros educativos, centrando as súas funcións, con carácter preferente, no apoio especializado aos departamentos de orientación, na elaboración de programas de intervención, na actualización de datos propios de cada especialidade, así como na elaboración de materiais e recursos que contribúan a unha axeitada resposta educativa nos centros, neste caso en materia de orientación educativa e profesional.

Deste xeito, cando os centros educativos e os/as profesionais que os atenden desde os departamentos de orientación precisan dun asesoramento máis específico poden solicitar, a través da inspección educativa, a intervención das persoas especialistas do EOE da súa provincia, empregando o protocolo establecido para tal efecto.

Así mesmo, os Equipos de Orientación Específica, e os seus profesionais, realizarán outro tipo de actuacións de oficio, tal como se recolle na normativa que regula a súa creación e funcionamento.

Solicitude de intervención do EOE
02/04/2012 | 10:40
INTERVENCIÓN DO EOE Correspóndelle á inspección educativa a coordinación destes equipos, coa finalidade de garantir a uniformidade das súas actuacións e dar cumprimento ao plan...
Localización xeográfica dos EOEs
11/01/2012 | 15:01
No Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, créanse os Equipos de Orientación Específicos (EOE...
Estrutura (especialistas) e localización dos EOE , Solicitude de intervención do EOE
20/12/2011 | 10:19
                 
Orientación vocacional e profesional - EOE
19/12/2011 | 14:01
Os constantes cambios que teñen lugar no mundo actual, enmarcados pola globalización, os avances da sociedade da información, da tecnoloxía e do coñecemento, a aparición de...
Trastornos xeneralizados do desenvolvemento - EOE
19/12/2011 | 13:41
A especialidade de trastornos xeneralizados do desenvolvemento (TXD), tenta responder educativamente a aqueles estudantes que presentan, entre outros, déficits en interacción...
Trastornos de conduta - EOE
19/12/2011 | 13:31
No Título II “Equidade na Educación” da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (LOE), e no Capítulo I “Alumnado con necesidade específica de apoio educativo”, sinálase...
Traballo social - EOE
19/12/2011 | 13:25
Tal e como aparece recollido no Decreto 120/1988 de 23 de abril e na Orde de 24 de xullo de 1998 os traballadores sociais ou educadores sociais son profesionais que formarán parte...
Sobredotación intelectual - EOE
19/12/2011 | 13:17
A LOE (Lei orgánica 2/2006), no seu Título II, fala de alumnado con altas capacidades intelectuais. Recoñece a estes alumnos/as como suxeitos con necesidade específica de apoio...
Discapacidades sensoriais - EOE
19/12/2011 | 13:04
A especialidade de discapacidades sensoriais do EOE abrangue tanto a discapacidade auditiva como a discapacidade visual, polo tanto, inclúese a presentación de ámbalas dúas. O...
Discapacidades motóricas - EOE
19/12/2011 | 09:19
Educar é un proceso de axuda a unha persoa para que desenvolva as súas capacidades co fin de que poida vivir o máis plenamente posible ocupando un lugar na sociedade. No caso do...

Páginas