Gallego

Plan Anual de Formación do Profesorado

Summary: 

Neste apartado pódese consultar o Plan Anual de Formación do Profesorado do curso 2015/2016
Gallego

Neste apartado pódese consultar o Plan Anual de Formación do Profesorado do curso 2015/2016. Premendo sobre a imaxe accedese a toda a información. Pódese consultar directamente os diferentes apartados nas seguintes ligazóns:

 

1. Normas xerais

2. Convocatorias

3. Erasmus +

4. Formación en centros

5. Actividades a desenvolver polo CAFI

6. Actividades a desenvolver polo CFR da Coruña

7. Actividades a desenvolver polo CFR de Ferrol

8. Actividades a desenvolver polo CFR de Lugo

9. Actividades a desenvolver polo CFR de Ourense

10. Actividades a desenvolver polo CFR de Pontevedra

11. Actividades a desenvolver polo CFR de Vigo

12. Inscrición nas actividades

13. Enderezos de interese

Plan Anual de Formación do Profesorado
Plan Anual de Formación do Profesorado

Procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2015

Summary: 

Orde do 12 de xuño de 2015
Gallego

Xúntase a Orde do 12 de xuño de 2015 pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2015.

O prazo de presentación de solicitudes será de polo menos 10 días naturais de antelación con respecto á data de comezo da actividade. Para as actividades formativas que comezaron a partir do 1 de xaneiro, así como para aquelas que comecen a partir do día da publicación desta orde e que non poidan cumprir o prazo de solicitude de 10 días naturais de antelación, a solicitude entenderase en prazo sempre que sexa presentada dentro dos 15 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no DOG.

Destinatarios e requisitos:

 1. Poderá solicitar os ditos reintegros o persoal docente funcionario de carreira que imparta as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, con destino en centros docentes públicos en que exerza docencia directa co alumnado, equipos de orientación específicos, postos de asesoría dentro da estrutura administrativa da consellería, e na Inspección educativa.

 2. Así mesmo, poderán cursar solicitude as persoas en situación de interinidade que manteñan esta condición tanto no momento da presentación da solicitude como no momento da resolución. Para estes efectos entenderase como persoal interino unicamente aquelas persoas que teñan nomeamento como tales ata o remate do curso ou cursos académicos correspondentes.

 Os solicitantes non poderán percibir outro tipo de axudas para a asistencia á actividade solicitada.

Documentación necesaria

 a) Orixinal ou fotocopia da convocatoria da actividade para a cal se solicita o reintegro.

b) No caso de que a persoa solicitante non estea exercendo docencia directa nun centro docente público, certificación expedida polo/a xefe/a de servizo da súa unidade administrativa con indicación do posto de traballo que ocupa.

c) Orzamento dos gastos de matrícula e desprazamento. En ningún caso se farán constar gastos de mantenza e aloxamento.

d) Memoria explicativa dos motivos polos que se desexa asistir á actividade e repercusión da asistencia a esta na súa función docente.

Máis información

Correo electrónico: reintegros.fprofe@edu.xunta.es

Tl.: 981 546 515/ 881 997 635

Servizo de Formación do Profesorado

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2015
Procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2015

G1402016 Boas prácticas no ensino das ciencias, matemáticas e tecnoloxía

Summary: 

O vindeiro sábado 30 de maio terá lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) a xornada de Boas prácticas no ensino das ciencias, matemáticas e tecnoloxía
Gallego

O sábado 30 de maio na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) desenvolverase dentro do Plan de Formación do Profesorado 2014/2015, a xornada “Boas prácticas no ensino das ciencias, matemáticas e tecnoloxía” dirixida ao todo o profesorado de Educación Primaria e Educación Secundaria no ámbito das ciencias.

Referencia: G1402016

Temporalización: 30 de maio

Data límite de inscrición: 20 de maio  https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

Lugar:  EGAP, (Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4 15707 Santiago de Compostela)

Prazas: 300    Duración: 8 horas

Obxectivos :

1.       Difundir os traballos, experiencias e boas prácticas desenvolvidas por grupos de profesores e profesoras.

2.       Proporcionar un punto de encontro e debate sobre o ensino das ciencias.

3.       Presentar materiais, aplicacións ou metodoloxías de interese para o ensino das ciencias.

Máis información na aula virtual do CAFI:  http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=591

 

xornada ciencias 2015

2015 Ano internacional da Luz

Summary: 

O ano 2015 foi nomeado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas como "Ano Internacional da luz e as tecnoloxías baseadas na luz", tamén coñecido polo acrónimo en inglés IYL2015
Gallego

 No ámbito das conmemoracións do "Ano Internacional da Luz e as tecnoloxías baseadas na luz" en Galicia, e co apoio de diferentes organismos e patrocinadores, organízanse tres concursos abertos a toda a poboación, escolar e adulta:

Concurso literario "¿Que é a luz para ti?". Pretende animarte a expresar en galego o que a luz che inspira. http://ail2015.laserphotonics.org/?page_id=179

Concurso gráfico "As mil e unha luces". Pretende poñer de manifesto a evidente relación luz-imaxe, a través da súa manifestación gráfica en diferentes soportes. http://ail2015.laserphotonics.org/?page_id=190

Concurso de experimentos "Coas mans na luz". Ten tres categorías de idade e pódese participar en grupo.  http://ail2015.laserphotonics.org/?page_id=199

Toda a información na web:  http://ail2015.laserphotonics.org/
 

 

Ano internacional da luz 2015

Campus Científicos de Verán 2015

Summary: 

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, coa colaboración de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional e o apoio de Obra Social "A Caixa", poñen en marcha a 6ª edición do programa Campus Científicos de Verán (CCV), dirixido a 1.920 estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.
Gallego

Durante sete días os participantes en CCV 2015 estarán en contacto coa investigación científica, participando nun proxecto de achegamento científico especialmente deseñado para eles por profesores de Universidade e de Ensino Secundario. O programa completarase con actividades de ocio científico-cultural (conferencias, visitas a museos e centros de ciencia...) e deportivas.

Prazo para a presentación de solicitudes: dende o 26 de febreiro ata o día 20 de marzo de 2015.

Máis información con todos os detalles do programa no seguinte enderezo:  http://www.campuscientificos.es

En caso de dúbida, contactar con informacion@campuscientificos.es

campus cientificos veran 2015

Proxecto "Una cebra en el agua"

Summary: 

"Una Cebra en el Auga" é un proxecto educativo de divulgación do método científico e das novas tecnoloxías biolóxicas para a experimentación co peixe cebra, modelo que supón un achegamento ao mundo da investigación co propósito de incentivar vocacións científicas entre estudantes de 4º da ESO de Galicia.
Gallego

Este proxecto vai dirixido a alumnos de 4º de ESO e aos profesores responsables de Bioloxía e Xeoloxía e Inglés. O seu obxectivo é a xeración de vocacións científicas e o acercamento da ciencia en idades temperás.

Desenvolverase mediante un acuario na aula e unha ferramenta pedagóxica que pon a disposición do profesor e do alumno recursos educativos para o seu emprego na aula como información detallada, casuística, cuestionarios de autoavaliación, xogos, acceso a webs de interese, etc, apoiadas nun taller de formación ao profesorado impartido por profesores investigadores do Departamento de Xenética do grupo ACUIGEN (USC)

O prazo de inscrición remata o 7 de marzo de 2015

Para máis información visitar a web: http://www.unacebraenelagua.es/

Formulario de inscrición: http://unacebraenelagua.es/formulario_adhesion.php

proxecto una cebra en el agua

Comeza o curso Historia da Arte. Propostas didácticas e actualización científica

Summary: 

O día 24 de febreiro comezou a actividade de formación HISTORIA DA ARTE. PROPOSTAS DIDÁCTICAS E ACTUALIZACIÓN CIENTÍFICA que se desenvolverá ata o vindeiro 14 de abril na Facultade de Xeografía e Historia (Santiago).
Gallego

O curso, impartido por membros do Grupo Iacobus, grupo de investigación en Historia da Arte, ten como obxectivos fundamentais reflexionar sobre a situación da Historia da Arte nos deseños curriculares e presentar novas propostas didácticas, actualizar coñecementos en relación coas novas correntes metodolóxicas de investigación, interpretación e análise da obra de arte e introducir as tecnoloxías da información e da comunicación nas propostas didácticas de historia da arte.

Como relatores figuran destacados investigadores no eido da Historia da Arte, como José Manuel García Iglesias (Catedrático -- USC), Juan Monterroso Montero (Decano da Facultade de Xeografía e Historia -- USC),  Ana Goy Diz (Profesora USC), Leopoldo Fernández Gasalla (IES Rosalía de Castro, Santiago), Begoña Fernández Rodríguez (Profesora USC), Rosa Cacheda Barreiro (Profesora Univ. Vigo), Carme López Calderón (Grupo Iacobus), Carla Fernández Martínez (Grupo Iacobus), Miriam Elena Cortés López (Grupo Iacobus) e Beatriz López Arosa. Participará, asimesmo, Santiago Berdullas Silva, cofundador de Kappowsky, empresa de software para smartphones. A actividade inclúe dúas visitas dirixidas: unha, ao casco vello de Santiago; outra, ao Museo das Peregrinacións.   

San Martiño Pinario
San Martiño Pinario

S1402031 Proxectos de ciencia na aula

Summary: 

Está aberto o prazo de inscrición no curso S1402031 Proxectos de ciencia na aula, que se vai celebrar os días 4 e 11 de marzo en horario de 16:30 a 20:30 no IES Plurilingüe Rosalía de Castro (Santiago de Compostela)
Gallego

Con motivo da celebración da XVI edición de “Ciencia en Acción” que terá lugar do 2 ao 4 de outubro na Domus da Coruña, convócase o seguinte curso de formación:

        > Tema: “Proxectos de ciencia na aula”

        > Datas: 4 e 11 de marzo

        > Lugar: IES Rosalía de Castro (Santiago de Compostela)

        > Hora: 16:30 a 20:30 horas

        >  Inscrición en Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

O curso ten un recoñecemento de 8 horas de formación.

Organiza a Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude do Concello da Coruña, o CAFI (Centro Autonómico de Formación) de Santiago de Compostela, e os Museos Científicos Coruñeses.

“Ciencia en Acción”é un concurso científico-tecnolóxico de ámbito estatal e internacional, que por medio de ideas innovadoras presenta a ciencia dun xeito atractivo e motivador de forma que a mocidade e o público se interesen por ela.

Está dirixido a estudantes de todas as etapas educativas, profesorado, persoal de investigación e divulgadores da comunidade científica, en calquera das súas disciplinas.

É unha iniciativa do Consello Superior de Investigacións Científicas, o Instituto de Ciencias Matemáticas, a Real Sociedade Española de Física, a Real Sociedade Española de Química, a Sociedade Española de Astronomía, a Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular, a Sociedade Xeolóxica de España e a Universidade Nacional de Educación a Distancia.

Ao longo do seu programa pódese visitar a feira, asistir a conferencias e participar activamente en obradoiros e actividades.

Máis información en www.cienciaenaccion.org

ciencia en accion

S1401074 Actividades experimentais nas materias do ámbito científico

Summary: 

O 19 de febreiro dará comezo o curso presencial "Actividades experimentais nas materias do ámbito científico". A finalidade do curso é proporcionar ao profesorado participante unha visión xeral das vantaxes e posibilidades de emprego das actividades manipulativas no ensino formal inducindo, se é posible, ao seu emprego no seu labor docente cotián, de maneira que o alumnado “faga” ciencia en vez de estar simplemente “exposto” a ela.
Gallego

O curso eminentemente práctico está destinado ao profesorado de materias de contido cientifico-tecnolóxico interesados en empregar como unha ferramenta máis de aprendizaxe as actividades manipulativas/actividades experimentais. Este tipo de estratexias é empregado habitualmente nos procesos de aprendizaxe non formal que se levan a cabo en museos interactivos/centros de interpretación e teñen unha tradición importadora á aprendizaxe formal de forma maioritaria no ensino anglosaxón, onde a metodoloxía pedagóxica baseada no “aprender facendo” domina todos os niveis educativos e todas as disciplinas.

Data de comezo: 19 de febreiro

Data de finalización: 9 de abril

Lugar de celebración: Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI)

Número de horas totais:  20 horas: 14 horas presenciais e 6 horas non presenciais

Enlace a fprofe para inscribirse : https://www.edu.xunta.gal/fprofe/ 

Para máis información pode consultar o programa do curso.

actividades experimentais

G1402024 Xornada sobre o Proxecto europeo "Holocausto e Memoria 2015"

Summary: 

Xornada para a conmemoración do "Día da Memoria e do Holocausto" no ensino.
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza a Xornada sobre o Proxecto europeo "Holocausto e Memoria 2015" o sábado 17 de xaneiro de 2015, en Santiago de Compostela.

O 27 de xaneiro é sinalado por Nacións Unidas como data de recordo ás vítimas do Holocausto xa que tal día de 1945 o exército soviético liberou o maior campo de exterminio nazi: Auschwitz-Birkenau. En España recoñeceuse oficialmente a conmemoración no Real Decreto do 15/12/2004, baixo a denominación de "Día da Memoria do Holocausto e da Prevención dos Crimes contra a Humanidade".

O obxectivo desta iniciativa é conseguir introducir a transmisión do Holocausto no ensino a través da conmemoración do "Día da Memoria do Holocausto" o próximo 27 de xaneiro de 2015. Para isto, esta xornada pretende proporcionar ao profesorado participante información, ideas e recursos referentes a esta temática.

Data de celebración: 17 de xaneiro de 2015.

Lugar de celebración: Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.

Número de horas totais: 8.

Enlace a FPROFE: Xornada sobre o Proxecto europeo "Holocausto e Memoria 2015"

Data límite de inscrición: 13/01/15

Programa da Xornada.

Imaxe: "Holocaust Memorial 8", Philippe Amiot (https://www.flickr.com/photos/philippeamiot/5966435035/)

Holocausto2015
Holocausto 2015