Gallego

APPlícate en ciencias. Novas técnicas de APPrendizaxe

Summary: 

Este curso xorde dentro dun proxecto de aplicacións docentes que se está levando a cabo dende a Facultade de Óptica e Optometría da USC: "Desarrollo de recursos educativos digitales para la enseñanza de Física-Química, Biología-Geología y Tecnología en Educación Primaria Obligatoria, Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato" , financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade e a FECYT.
Gallego

INSCRICIÓN ABERTA ATA O 26 DE SETEMBRO en Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaBusquedaInscricionCursos.do

No proxecto estanse creando aplicacións para apoiar a ensinanza dos conceptos con maiores dificultades de aprendizaxe presentes nas aulas no ámbito científico en todos os niveis educativos.

Horas: 20 horas (15 presenciais  + 5 non presenciais)

Lugar de celebración: Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), Santiago de Compostela

 

Calendario:

luns 3 e 10 de outubro de 17:30 a 20:30 h

xoves 6, 13 e 27 de outubro de 17:30 a 20:30 h

Máis información no detalle da actividade:

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaBusquedaInscricionCursos.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=74693

 

app de ciencias para primaria
APPlícate en ciencias. Novas técnicas de APPrendizaxe

S1501052 Museos e itinerarios histórico-artísticos. Ensinar e aprender noutros contextos

Summary: 

O día 31 de marzo comezou a actividade de formación MUSEOS E ITINERARIOS HISTÓRICO-ARTÍSTICOS. ENSINAR E APRENDER NOUTROS CONTEXTOS que se está a desenvolver ata o vindeiro 9 de maio en diversos espazos de Compostela.
Gallego

O curso, impartido por varios membros do grupo Iacobus (grupo de investigación en Historia da Arte da Universidade de Santiago) e diversos representantes dos museos de Compostela, ten como obxectivo achegar ao profesorado as posibilidades e recursos didácticos existentes nos diferentes museos, así como os do patrimonio histórico-artístico da cidade. Como relatores figuran destacados investigadores no eido da Historia da Arte como José Manuel García Iglesias (Catedrático – USC), Juan Monterroso Montero (Decano da Facultade de Xeografía e Historia – USC), Leopoldo Fernández Gasalla (IES Rosalía de Castro – Santiago) Begoña Fernández Rodríguez (Profesora – USC), Rosa Cacheda Barreiro (Profesora – USC), así como o docente e investigador en bioloxía Carlos Rodríguez Dacal (IES Antón Fraguas, Santiago). Participan, así mesmo, representantes de varios museos da cidade como Eduardo López Valiña (Conservador Xefe do Museo da Fundación Eugenio Granell), Esperanza Gigirey Liste (Técnica da Área de Difusión e Comunicación do Museo das Peregrinacións e de Santiago), Rori Suárez Barreto (Director do Museo da Terra Santa), Ramón Yzquierdo Peiró (Director técnico do Museo da Catedral de Santiago). A actividade inclúe varias visitas guiadas: ao Museo da Fundación Eugenio Granell, ao Museo de Historia Natural da USC, ao Museo das Peregrinacións e de Santiago, ao Paraninfo da Universidade de Santiago, ao Museo de Terra Santa e ao Museo da Catedral de Santiago. Realízanse, igualmente, varios itinerarios pola cidade, entre eles San Martiño Pinario, o Casco Vello e a Alameda, a fin de explorar as súas posibilidades didácticas.

S1501052 Museos e itinerarios histórico-artísticos. Ensinar e aprender noutros contextos

Formación aberta na Rede: "O currículo na aula"

Summary: 

O próximo 22 de abril de 2016 dará comezo unha formación aberta na Rede: “O currículo na aula". Esta actividade virtual permitirá ofertar aos docentes da nosa comunidade un modo aberto e flexible de formación sen límite de prazas. Prazo de inscrición: Ata o 21 de abril de 2016.
Gallego

O próximo 22 de abril de 2016 dará comezo unha formación aberta na Rede: “O currículo na aula". Trátase dunha actividade coas seguintes características:

  • Lévase a cabo de forma virtual na Rede, a través de Platega2.

  • Está conformada por unha serie de materiais que desenvolven os contidos, foros de participación e comunicación entre os participantes e tarefas con entrega libre e voluntaria.

  • Está aberta a calquera docente de centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

  • Ao tratarse dunha formación en aberto non ten asociado recoñecemento de horas de formación.

 

Permite ofertar aos docentes da nosa comunidade un modo aberto e flexible de formación sen límite de prazas.

Podes automatricularte en Platega2 ata o 21 de abril na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=209.  Introduce os teus datos de conta corporativa e a palabra "platega" como chave de matriculación.

A fase de formación comezará o 22 de abril e rematará o 20 maio. Estará conformada por 4 módulos:

  • Currículo e aproximación á programación

  • Rúbricas e mínimos esixibles

  • Perfil de competencia.

  • Tarefas integradas.

O prazo de inscrición xa rematou, pero hai posibilidade de visualizar os contidos do curso como convidados.

 

 

 

 

 

Formación Aberta na Rede: O currículo na aula
Formación Aberta na Rede: O currículo na aula

Xornada para o fomento das vocacións STEM en Galicia

Summary: 

Inscripción aberta en FPROFE
Gallego

INSCRIPCIÓN ABERTA: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

 

Xornada para o fomento  das vocacións  STEM  en Galicia
Xornada para o fomento das vocacións STEM en Galicia

Obradoiro de Oratoria no ámbito educativo

Summary: 

Curso presencial no CAFI
Gallego

OBXECTO: Apoiar na implantación da asignatura de Oratoria nas aulas a través dun programa de capacitación e motivación para docentes. 

METODOLOXÍA: 

  • Transversal. Na concepción de que a oratoria ten un carácter transversal, proponse a creación de grupos de participantes heteroxéneos no que se refire ás materias das que son responsables que contribúa a romper estereotipos que relacionen o desenvolvemento das competencias en oratoria con ámbitos estritamente lingüísticos.
  • Práctica. A oratoria entendida como capacidade de utilizar a palabra para nos comunicar, require que a translación de contidos sexa feita dunha perspectiva eminentemente práctica.
  • Orientada a resultados. Desde o primeiro momento as e os participantes terán como orientación a realización dunha exposición pública de curta duración que
    contribuirá a que cada participante busque a súa motivación para acadar un obxectivo claramente definido: unha exposición pública atractiva.

REFERENCIA: S1503016

TÍTULO:  Obradoiro de oratoria no ámbito educativo

HORAS PRESENCIAIS: 12

PRAZAS: 20

LUGAR: CAFI

Obradoiro de Oratoria no ámbito educativo
Obradoiro de Oratoria no ámbito educativo

Formación das estruturas de formación do profesorado

Summary: 

Formación das estruturas de formación do profesorado
Gallego

A Rede de Formación Permanente do Profesorado reuniuse en Sanxenxo os pasados días 10 e 11 de decembro para facer unha posta en común do traballo elaborado sobre o novo modelo competencial da función docente. Durante estas dúas xornadas presentouse o resultado deste esforzo conxunto que definirá o marco no que basear unha nova concepción da formación do profesorado.

Formación das estruturas de formación do profesorado
Formación das estruturas de formación do profesorado

Curso presencial S1502028 Programación, robótica e impresión 3D

Summary: 

23 o 26 de Novembro Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) Santiago de Compostela
Gallego

Curso presencial de 12 horas de duración para iniciarse na programación, a robótica e na impresión 3D dirixido os profesores de Tecnoloxía. Os obxectivos do curso son:

1.Construir programas, por en marcha robots e orientar ao profesorado no deseño de sistemas interactivos básicos.

2.Coñecer as tecnoloxías para impresión 3D e orientar ao profesorado na utilización didáctica da robótica e impresión 3D.

Robótica
Robótica

S1501057 Traballando o currículo no ámbito matemático, científico e tecnolóxico

Summary: 

Actividade dirixida ao profesorado das especialidades de matemáticas, física e química, bioloxía e xeoloxía e tecnoloxía dentro do plan de formación 2015/2016
Gallego

Obxectivos:

  • Coñecer e analizar as características e estrutura dos novos curriculos das áreas implicadas.

  • Introducir tarefas de aula para integrar as competencias clave no proceso de ensino-aprendizaxe.

  • Coñecer metodoloxías e estratexias de avaliación en consonancia co novo currículo.

Data de comezo: 5/11/2015

Data de finalización: 21/01/2016

Lugar de celebración: CAFI (Santiago de Compostela)

Número de horas totais: 20

Inscrición en fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/inicio.do

Ver programa detallado

curriculo ambito científico

G1501047 Ferramentas para a análise e interpretación de datos sociodemográficos do portal educativo do IGE

Summary: 

Proximamente iniciarase o curso on line "Ferramentas para a análise e interpretación de datos sociodemográficos do portal educativo do IGE" no que se lle mostrará ao profesorado unha serie de recursos que poden empregar na aula para o desenvolvemento das materias de economía, xeografía e historia e matemáticas. Os recursos que se mostrarán permitiran traballar con DATOS REAIS sobre o CONTORNO CERCANO e a realidade inmediata do estudante.
Gallego

O próximo luns 19 de outubro dará comezo o curso "G1501047 Ferramentas para a análise e interpretación de datos sociodemográficos do portal educativo do IGE".

Os obxectivos do curso son:

  • Mostrar ao profesorado de matemáticas, economía e xeografía e historia ferramentas para a construción de táboas e gráficos estatísticos.
  • Analizar e interpretar información estatística con datos reais sobre a contorna próxima e a realidade inmediata dos estudantes.

  • Manexar representacións gráficas de información real a través do uso didáctico da folla de cálculo.

  • Interpretar conceptos de estatística oficial usados habitualmente nos medios de comunicación

Aínda quedan prazas libres.

Inscrición en fprofe co código G1501047 : https://www.edu.xunta.gal/fprofe/inicio.do

Para máis información consultar a guía do curso

curso IGE 2015

Xornadas de Informática e Comunicacións

Summary: 

7 e 8 de setembro no IES San Clemente (Santiago de Compostela)
Gallego

Os días 7 e 8 de setembro tiveron lugar no IES San Clemente (Santiago de Compostela), as Xornadas de Informática e comunicacións 2015 nas que se abordaron, entre outros, temas relacionados coa situación actual e futuro da virtualización, da seguridade e comunicacións e da programación de dispositivos móbiles.

Xornadas de Informática e Comunicación
Xornadas de Informática e Comunicación