Blogue
Lendo tamén no verán
quinif — Ven, 12/07/2019 - 13:04
Agora que xa, quen máis quen menos, andamos estomballados ao sol, bañándonos no mar ou no río, e desfrutando deste tempo de lecer, querémovos aconsellar que fagades coma o DinoSabio, e levedes a vosa toalla, a vosa crema solar, o voso flotador (je, je, je...) pero tamén o voso libro.
E tamén podedes achegarvos e oír os últimos programas de DinoRadio.
Iso si que ha ser un verán auténtico!
Feira de Proxectos
quinif — Ven, 31/05/2019 - 12:19
Este ano tamén realizamos a nosa feira de proxectos, e a biblioteca converteuse nunha sala de exposicións. Neste caso presentaron nos dous espazos da biblioteca os proxectos de a lactancia materna, e o principiño que todos levamos dentro.
Liña do tempo de Antón Fraguas
quinif — Xov, 09/05/2019 - 09:27
@s compañeir@s do IES San Paio de Tui elaboraron esta liña do tempo do autor homenaxeado nas letras galegas 2019, Antón Fraguas.
Como é habitual nas bibliotecas escolares galegas, a súa xenerosidade fai que poidamos partillar este fantástico recurso.
Kalandraka no Condesa
quinif — Ven, 03/05/2019 - 10:33
Un ano máis desfrutamos da animación á lectura da editorial Kalandraka da man de Paco Nogueiras, un pracer como todos os anos.
E o mellor de todo é que agora poderemos lembrar esta marabillosa actividade lendo e volvendo a ler os títulos que nos presentou nesta actividade onde a literatura infantil se xunta coa música.
Contos entre lusco e fusco
quinif — Xov, 01/11/2018 - 18:13
Neste tempo de defuntos, o que nos países celtas chámase Samaín, a nosa Biblioteca tivo unha xornada peculiar.
A Santa Compaña, o Home do Saco, a Meiga Chuchona, trasnos, mouros e outros habitantes de mundos nocturnos e soterrados, déronse cita na biblioteca, e alí, á lus dun candil contáronos historias que nos fixeron estarrecer.
Grazas á Modesto que gravou estas presenzas fantasmais podemos ver o que alí fixeron. Velaquí vos quedan por se vos atrevedes a escoitalas.
Vén á Biblioteca.... e tremerás!!!!
quinif — Sáb, 20/10/2018 - 11:48
O vindeiro 31, a véspera de todos os Santos, a noite do Samaín, podedes vir á Biblioteca para escoitar ao Home do Saco e os seus amigos que nos van ler algúns contos TERRORÍFICOS (se cadra non tan terroríficos, incluso un pouco graciosos...).
Esperámosvos coleguis... e traede unha lanterna por se acaso non hai luz!
A nosa Biblioteca na páxina da Asesoría de Bibliotecas
quinif — Xov, 20/09/2018 - 10:11
A finais do curso pasado viñeron, dende a Asesoría de bibliotecas escolares, a facer un vídeo que recollese as nosas actividades na Biblioteca reformada ao abeiro do plan LIA-2.
O resultado é este, unha verdadeira marabilla que nos fai sentir aínda máis orgullo da nosa biblio!
Reportaxe fotográfica da Feira de Proxectos de Piteas
quinif — Ven, 18/05/2018 - 22:22
Deixámovos aquí unha reportaxe gráfica da expedición valdeorresa á feira de proxectos de Piteas en Santiago.
Un día de lecer e traballo que tod@s desfrutamos, e que agora poderemos rememorar con este vídeo que elaborou o profe Rubén.
A vida de Mª Victoria Moreno
quinif — Mér, 16/05/2018 - 15:59
Como todos os anos o alumnado de sexto de primaria encárgase de facer unha historia gráfica coa biografía do autor ou autora (como é neste ano) ao que se lle adica o día das letras galegas.
Pero este ano quixemos ir un pouquiño máis aló, e fixemos esta presentación.
Esperamos que vos guste, e que aprendades algo máis sobre unha das grandes escritoras galegas:
Mª Victoria Moreno.
Día do Libro
quinif — Mar, 24/04/2018 - 10:48
Onte comezamos a nosa celebración do día do libro con lecturas de contos.
Os pequenos de infantil marcharon á beira do río a ler os seus contos, e os maiores viñeron á biblioteca, onde David Vázquez contoulles un conto.
Esta actividade puidémola seguir dende as clases por videoconferencia.
Seguiremos festexando ao libro durante toda a semana coa realización do mercado de intercambio de libros.
Seguiremos informando!