Blogue
Semana do Libro
quinif — Xov, 19/04/2018 - 09:56
Este ano, coma sempre, imos celebrar o Día do Libro por todo o alto. O día 23 teremos merenda e contos á beira do río para o alumnado de infantil, e para 6º un encontro con David que nos vai falar do seu último libro, Brian o chinés, gañador do 1º premio de novela Xosé Neira Vilas. Este encontro ímolo retransmitir por vídeoconferencia a todas as clases que queiran participar.
E logo, no resto da semana imos ter o noso mercadiño de intercambio de libros, o martes para infantil, mércores para primeiro e segundo, xoves para 3º e 4º e o venres para os maiores de 5º e 6º.
Esperámovos na biblioteca!
Presentación de Brian o Chinés
quinif — Ven, 06/04/2018 - 10:29
Unha vez máis temos que agradecer ao noso compañeiro (resistímonos a escribir o ex diante) David, que nos agasallase celebrando a presentación deste o seu novo libro, Brian o Chinés, editado pola editorial Embora, no noso centro.
O libro, gañador da primeira edición do premio de novela da Fundación Xosé Neira Vilas, falanos do mundo de emocións dun neno con síndrome de Down.
A habelencia de David como escritor e a súa sensibilidade humana reflíctese nas páxinas deste fermoso libro que remove as conciencias, que nos leva a pensar que todos somos diferentes e que iso non é razón para trazar liñas entre persoas.
Paco Nogueiras na Biblio
quinif — Lun, 19/03/2018 - 16:11
Hoxe tivemos a sorte de contar coa visita á nosa biblioteca de Paco Nogueiras que nos contou os contos de "animais de compañia", "a horta de Simón", "Griselda" e "Tomás o bromista".
Encantounos, e xa estamos a ler eses contos e a partillalos na casa coas nosas familias.
Xa estamos esperando a súa próxima visita.
Participa na nosa Olimpíada
quinif — Lun, 05/03/2018 - 12:41
Xa levamos dúas semanas de Olimpiada e as clasificacións están que arden.
Esta semana vamos de tema astronómico... así que atentos ás pistas e ao ceo!
Unha CDU moi musical.
quinif — Ven, 02/03/2018 - 12:20
Achegamos este vídeo, que bo traballiño nos custou, pero que esperamos que vos guste a todos e a todas... e sobre todo que sirva para que aprendamos a CDU e a movernos pola nosa biblioteca
Eratóstenes e a medición da Terra
quinif — Ven, 09/02/2018 - 15:21
Aroa vén a contarnos quen foi a primeira persoa que calculou o tamaño da nosa Terra empregando o razoamento e moi poucos medios máis, unha verdadeira xesta do saber... e fíxoa un sabio grego de hai 2200 anos.
Ollade o vídeo e sorprendédevos da marabilla da ciencia!
Un pouco de Alfin
quinif — Lun, 11/12/2017 - 12:37
Vamos realizar unha pequena proba para ver que tal nos desenvolvemos coa CDU e outros conceptos que traballamos nesta avaliación en ALFIN.
Achégase o Nadal, e xa baixa dos montes o Apalpador
quinif — Xov, 23/11/2017 - 20:54
Recuperamos (importándoa da Web antiga) esta procura do Tesouro sobre os personaxes tradicionais do Nadal Europeo...
Coñecer aos nosos personaxes, aos mesmos que poboaron as noites do nadal dos nosos avós e avoas, non pode ser menos que un descubrimento abraiante.
Non todo vai ser o Papá Noel, non si?
Eu cando menos prefiro os bullois que trae na súa saca o Apalpador.
Se ti tamén queres coñecer ao Apalpador e aos seus amigos do Nadal Europeo, preme neste enlace.
A que sabe a Lúa?
quinif — Dom, 19/11/2017 - 02:54
Pois si, o marabilloso libro de Michael Grejniec editado por Kalandraka foi o protagonista do Conto dos Xoves desta semana.
Pablo e Iker nos contaron o conto cunha escenografía impresionante (cunha porta forrada e arrincada da súa clase, incluída), e indudablemente con moita gracia, como demostran as risas do público e o aplauso final.
Uns cracks!