Skip to Content

Convivencia e mediación

Brigada ecolóxica

A semana pasada empezou a funcionar de novo a Brigada Ecolóxica. Alumnado voluntario de 3º e 4º ESO prestouse a axudar a manter os arredores do centro limpo. Esta actividade repetirase varias veces ao longo do curso para concienciar a todo o alumnado da importancia de manter o noso centro e o noso medio coidado e libre de lixo.

Feirón solidario Nadal 2022

Mércores 21 de decembro  xoves 22 de decembro esperámosvos no Feirón solidario de Nadal situado ao lado da porta principal do centro. Durante os períodos de lecer, o alumnado organizador de Economía - 4º ESO-B procederán a vender todos os artigos expostos. Non deixedes de visitarnos!

25 N

O Equipo de Dinamización da Lingua en colaboración co Equipo de Convivencia, sumámonos aos actos relacionados co 25N, Día da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Invitación a participar na 2ª edición do Feirón solidario - Nadal 2022 -

Feirón solidario Nadal 2022

IES David Buján

Xustificación

Recollida de artigos:

do 1 ao 20 de decembro


Procedemento de participación:

Impreso

Roteiro de Convivencia 1º ESO

O pasado 26 de setembro o alumnado de 1º ESO fixo o noso clásico Roteiro de Convivencia. O tempo acompañou e fixemos o recorrido pola beira do río Mero ata o campo de fútbol Dani Mallo. Polo camiño paramos a comer un bocata e ao chegar ao campo participamos nos xogos que nos tiñan preparados Zeltia e Álex. Unha tarde moi divertida!

VIII Encontros Galegos de Convivencia Positiva

O 30 de abril tiveron lugar os VIII Encontros Galegos de Convivencia Positiva que este ano foron organizados polo IES Afonso X "O Sabio" co nome de "Unha fraga para a diversidade". Pasamos alí toda a xornada do sábado xunto a outros nove centros de toda Galicia. Aprendemos, divertímonos e intercambiamos experiencias grazas ao bo facer do persoal do centro educativo veciño. Ademais, contamos coa presenza de Aitara e Carlota de 1º da ESO e Lucía García de 2º que acompañaron desde o público a exposición sobre o noso equipo que fixeron Javier Martínez e Tayler.

Xornada de formación do profesorado: titoría entre iguais

O martes 26 de abril tivo lugar a segunda xornada de formación relacionada con Convivencia. María Nogareda falounos do programa de Titorías Entre Iguais que se está a desenvolver nalgúns centros educativos. Explicou as súas grandes vantaxes e os pasos que deberiamos facer se queremos implantalo. A vindeira xornada, dedicada á Disciplina Positiva, será o 12 de maio.

 

Curso de Mediación para o alumnado

Os días 21 de febreiro, 21 de marzo e 28 deste mesmo mes, o alumnado interesado en Mediación recibiu un curso de dúas horas por día da man de AtalaiAsocial, especialistas en orientación social e psicopedagoxía. Fóra do horario lectivo, este grupo de alumnado voluntario experimentou con dinámicas de comunicación e simulacros de conflitos que aprenderon a resolver. Estiveron acompañados das profesionais de AtaliAsocial e da orientadora, Eva Sanz, que foi a encargada de organizar o curso. Desta maneira vaise incrementando o número de persoas competentes entre o alumnado en convivir, mediar e reflexionar sobre os conflitos que xorden na vida diaria. Grazas a todas e todos os que participastes! 

   
 

Charla de Arelas: 31 de marzo, Día da Visibilidade Trans

O pasado día 8 de abril, Cristina Palacios, da Asociación Arelas (Asociación de familias de menores trans), impartiu unha charla para o alumando de 4º da ESO sobre diversidade afectiva e de xénero. A charla enmárcase nas actividades para conmemorar o 31 de marzo, Día da Visibilidade Trans, tratado nas titorías a través de material audiovisual.

Desde o Departamento de Convivencia gustaríanos concienciar o alumnado no respecto ante unha realidade que cada vez atopamos con máis frecuencia. Por iso propoñemos para titorías, mesmo tamén para as gardas de aula para as que non se deixe traballo, a visualización do seguinte material, que pode dar tamén lugar a debate:

Un mundo diversX

Historia de Pablo

Monólogo dunha rapaza trans

Documentos TV: "El sexo sentido"

Distribuir contido


by Dr. Radut