Skip to Content

Convivencia e mediación

Actuacións da "Brigada ecolóxica"

Xa está plenamente activa a Brigada ecolóxica formada por alumnado voluntario. Este grupo encárgase unha vez á semana e durante o recreo de garantir a limpeza do patio e os arredores do instituto. Ademais, coa súa acción xenerosa contribúen a preservar o medio natural, xa que evitan a presenza de plásticos e outro tipo de envases.

 
 

Encontro con Moncho do Orzán sobre "Descolonização digital"

Ramón Palleiro Rodríguez, Moncho do Orzán, licenciado en Telecomunicacións, á parte de músico, ensaísta e divulgador, impartiu en streaming unha palestra co título "Descolonização digital". Nela convidábase a reflexionar sobre os retos que nos propoñen as novas tecnoloxías, tanto no que se refire ao medioambiente, a seguridade, á construción das identidades colectivas e persoais, ás desigualdades económicas ou ao control da información. O encontro encádrase dentro da programación de Filosofía de 1º e 2º de Bacharelato, en colaboración con Convivencia e o Equipo de Dinamización da Lingua.

O mundo máxico de Antón

No final do trimestre estivo exposta no centro a mostra "O mundo máxico de Antón". Para alén de gozar dos deseños, imaxinativos, coloridos e dinámicos, traballouse o contido da diversidade, en xeral, e do TEA, en particular, nas aulas de 1º e 2º da ESO. O alumnado coñeceu mellor a Antón e escribiulle cartas que lle serán entregadas en breve. Aquí vos queda unha canción de Pablo Díaz que ten como protagonista a Antón, fotos da mostra e unha ligazón que permitirá achegarnos máis ao seu mundo máxico.

Máis sobre o mundo máxico de Antón nesta ligazón

 

25 N: "Ningunha máis"

Malia ser este un ano particular, non podíamos esquecer esta outra pandemia, a dos feminicidios. A día 25 de novembro xa ían 40 mulleres asasinadas polas súas parellas en 2020, máis dúas rapazas asasinadas despois de que o criminal matase ás nais. Por ese motivo decidimos levantar a nosa voz para que NINGUNHA MÁIS sexa asasinada. O IES David Buján, en colaboración co concello de Cambre, berrou coa voz tinguida de negro:
NINGUNHA MÁIS
NINGUNHA MÁIS
NINGUNHA MÁIS.

Obradoiros na Aula de Convivencia

Xa comezaron os obradoiros na aula de convivencia durante os recreos da ESO. Mantendo a distancia, cun aforo limitado, ventilación e tomando todas as medidas de seguridade necesarias é posible contar con estes recreos dinámicos. Nicolás de 4º de ESO está a impartir un obradoiro de origami e Víctor, de 2º, un de debuxo. Axiña se iniciarán máis. Estade atentXs :-)

Actividade de convivencia/acollida 1º ESO A: roteiro río Mero e actividades no campo de fútbol Dani Mallo.

05/10/2020 17:11
Atlantic/Bermuda

Neste curso un tanto anómalo, o obxectivo da actividade é velar pola saúde emocional de toda a comunidade educativa promocionando bo trato e nós afectivos sólidos desde o principio, mais mantendo todas as medidas de seguridade para a sáude que marcan os protocolos COVID-19. 

Actividade posposta por causas meteorolóxicas. 

 

Charla do colectivo feminista Ervas Bravas

O pasado venres, 28 de febreiro, con motivo da proximidade do 8 de marzo, Día da Muller, tres representantes do colectivo feminista Ervas Bravas deron unha charla para o alumndo de 1º de Bacharelato. Debateuse sobre algúns conceptos clave do feminismo, amosaron a súa experiencia, o funcionamento asembleario e as actividades que levan feito ata agora, para rematar cun coloquio ben interesante. 

 

Charlas sobre racismo

Comeza de novo o ciclo de charlas sobre o racismo que imparte a alumna de 4º de ESO Ariadna Ai Díaz Anta. A primeira quenda tivo lugar en decembro para o alumando de 3º de ESO. Neste trimestre estanse a impartir en 1º da ESO, con grande éxito.

  

Disciplina positiva

O venres 24 de xaneiro, parte do profesorado de IES David Buján xunto a compañeiros do IES Mosteirón recibimos docencia en Disciplina Positiva da man de Nuria Rodríguez Font. A presenza desta experta de Barcelona encádrase nun grupo de traballo centrado en Convivencia e Mediación. As vindeiras xornadas contarase con outra especialista, Mónica Carneiro, profesora no CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre. 

Campaña Visibilidade contra a censura educativa. Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia, 2020

A Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia difunde o seguinte vídeo, gravado por algunhas das persoas que forman parte desta asociación, coa finalidade de apoiar os dereitos do alumnado a ser libre e respectado nas súas escollas e na súa identidade. Porque é obriga de quen educa entender e atender á diversidade. Porque é obriga de quen educa facelo na igualdade. 

Distribuir contido


by Dr. Radut