Skip to Content

Convivencia e mediación

Brigada ecolóxica

Vólvese a activar a Brigada Ecolóxica nos segundos recreos dos venres. Alumando voluntario de 1º e de 3º da ESO xa comezou co seu labor de recollida de lixo e concienciación sobre a conveniencia de ter o espazo escolar limpo e en bo estado. Ademais das motivacións relacionadas coa hixiene, tamén se atopan as ecolóxicas. Moito do refugallo é plástico ou outro tipo de materiais que tardan moito tempo en degradarse. Con esta actividade pretendemos coidar o noso centro e tamén o planeta.

BRIGADA ECOLÓXICA

CHARLA "A REALIDADE MIGRANTE" DE ÓSCAR PALLEIRO (ONGs PROEMAID E RODEIRAS XUNTAS POR MARROCOS)

O luns 7 de febreiro tivemos unha charla con Óscar Palleiro, bombeiro en Cambre e voluntario en salvamento, que nos falou do seu labor en dúas ONGs, Proemaid e Rodeiras xuntas por Marrocos. Ademais de aprender e empatizar coas inxustizas que se atopan detrás da crúa realidade da migración, fixémoslle entrega do 50% dos ingresos recadados (92€) no I Mercado Solidario que se organizou desde o Departamento de Economía e Convivencia coa colaboración do alumnado de 4º da ESO, e que tamén se encadra no marco dos 21 Días en galego. O outro 50% do recadado (92€), foi depositado na Secretaría do centro como fondos destinados á excursión de fin de curso de 4º ESO. 
Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración neste I Mercado Solidario do IES David Buján.
 

MOITAS GRAZAS A TODOS/AS POLA VOSA COLABORACIÓN NO I MERCADO SOLIDARIO DO IES DAVID BUJÁN

 

Mercado solidario: rebaixas de xaneiro

Co fin de liquidar os artigos que quedaron sen vender no Mercado solidario de Nadal, o venres 14 de xaneiro comezamos coas rebaixas. Todo ao 50%!

 

 

 

Inauguración do Mercado solidario de Nadal

Apertura do Mercado solidario de Nadal: próximo luns 20 de decembro ás 10:10 h. Esperámosvos!

(Segue aberto o prazo para a entrega de donativos)

Mercado solidario Nadal 2021

Mercado solidario Nadal 2021

IES David Buján

Xustificación

Recollida de artigos:

do 9 ao 17 de decembro


Procedemento de participación:

Obradoiros na Aula de Convivencia

Desde hai un mes comezamos de novo co obradoiro de cubo de Rubik, a cargo de Sofía, de 4º da ESO. Repetimos experiencia despois de comprobar o ano pasado o bo facer de Sofía como profesora.

25 N

A semana pasada sumámonos aos actos relacionados co 25N, Día da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. As rapazas de 3º B da ESO leron un manifesto no segundo recreo onde se denunciaban algunhas das violencias sufridas. Por outra banda, os corredores do centro volvéronse tinguir de negro para apoiar o rexeitamento do machismo. Ese mesmo día proxectouse o resultado final do "Reto Manequín", proxecto impulsado polo Equipo de Dinamización da Lingua coa colaboración de Convivencia. Aquí podedes ver o resultado.

 

Saída de convivencia pola beira do río Mero

O pasado 18 de outubro tivo lugar a última saída de convivencia pola beira do río Mero. Neste caso tocoulle a quenda a 1º da ESO C que desfrutou da andaina e dos xogos que organizou Zeltia no campo de fútbol Dani Mallo.

SAÍDA POLO RÍO MERO

Xa comezamos coas saídas habituais de principios de curso para o alumando de 1º de ESO. O día 27 de setembro tocoulle a 1º A e o 4 de outubro a 1º B. O vindeiro 18 de outro, se a climatoloxía o permite, sairá 1º C. Despois da andaina polo río Mero, no campo de fútbol Dani Mallo agardábanos Zeltia que, como sempre, organizounos un xogos estupendos.

 

 

"Premio Arcoíris do Ministerio de Igualdade á Asociación Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+"

O 28 de xuño, Día do orgullo LGBTI, representantes da Asociación Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+, da que persoal docente do IES David Buján forma parte, recolleu o premio Arcoíris que concede o Ministerio de Igualdade. Desta maneira recoñécese o labor pioneiro que se está a levar en Galicia en prol da igualdade, para evitar que se produza ningún tipo de discriminación.

Distribuir contido


by Dr. Radut