Secretaría, Libros de Texto, Comedor

CONVOCATORIA AXUDAS LIBROS 2010-2011

 

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Orde do 28 de maio de 2010 pola que se convocan axudas
para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria e en educación especial no curso escolar 2010-2011.
 

PUBLICADO DIARIO OFICIAL GALICIA 31 de maio

PLAN DE COMEDOR ESCOLAR

1.     XUSTIFICACIÓN                                                                              

As actuais circunstancias sociais e laborais das familias do nóso centro fan imprescindible a posta en funcionamento dun comedor para os alumnos-as. Un comedor que se integre na vída escolar non somentes coma un servicio, senón tamén coma un importante elemento educativo. O comedor escolar do CEIP Abelendo comezou a funcionar o día 12 de febreiro de 2007  pola modalidade de catering xestionado pola ANPA “A Muralla”, a día de hoxe e a Xunta de Galicia a que se encarga da súa xestión. Queremos acadar ,entre outros , os seguintes obxectivos: v    Proporcionar unha dieta equilibrada e sana.v    Potenciar a autonomía e capacidade de relación do alumnado.v    Afianzar hábitos de hixiene persoal antes,durante e despois das comidas.v    Coñecer as características e propiedades dos alimentos que constitúen a nósa dieta diaria.v    Aprender a saber estar nunha mesa e a colocar e empregar adecuadamente os diferentes utensilios.v    Desenrrolar hábitos de colaboración nas tarefas diarias do comedor.  

2.     MENÚS 

A empresa encargada do catering entregará no colexio os menús que vai servir cada mes , confeccionados de xeito equilibrado. Enviaremos unha copia de cada menú mensual  ás familias  para que teñan coñecemento da alimentación dos seus fillos-as no comedor escolar.Suxerirémoslles tipos de alimentos para complementala na casa na merenda e na cea.  

3.  INSTALACIÓNS 

O comedor escolar está ubicado nun local da planta baixa do CEIP Abelendo con acceso exclusivo dende o patio ,fronte á cancela principal de acceso ó mesmo.Foi dotado dos elementos esixidos pola Delegación Provincial de Sanidade.   

4.  POSIBLES USUARIOS E CUSTOS  

Poderán ser usuarios do comedor escolar do CEIP Abelendo todos os alumnos e alumnas do centro.Para o curso escolar 2.008-2.009 solicitaron ser usuarios do comedor escolar de luns a venres unha media diaria de 25 alumnos-as. Contando coa axuda para comedores escolares xestionados polas ANPAS do concello de Moaña e coa axuda para o mesmo fin da Consellería de Educación, o importe que terá que aboar cada alumno-a usuario-a será como segue:      

Fixos: comen tódolos días. Prezo: 2.60 euros/día.      

Eventuais: Comen, previo aviso, os días que o precisan .Prezo: 3.85 euros/día.  

5.  AXUDAS ECONÓMICAS 

A ANPA do CEIP Abelendo ten xestionada  unha axuda do concello de Moaña por comensal e día.Solicitamos a axuda convocada pola Consellería de Educación publicada no DOG de 1de setembro de 2.008, para financiar o mantemento dos servizos de comedor escolar xestionados pola A.N.P.A. nos centros públicos.  

6.  HORARIO 

A organización do comedor responsabilizarase do alumnado entre as 14,10 horas (saída das clases) e as 16 horas (apertura da biblioteca con profesor de garda e inicio das actividades extraescolares). Ás 16 horas o alumnado usuario do comedor que non quede na biblioteca ou ludoteca do centro nin se incorpore a ningunha actividade extraescolar marchará para o seu domicilio.  

7.  ORGANIZACIÓN DO TEMPO DE COMEDOR  

Ás 14,10 horas o alumnado que come no comedor concentrarase diante dos baños da primeira planta onde se farán cargo del as persoa-s contratada-s pola empresa de catering para coidadoras do comedor.Despois de ir ó baño, de lavarse as mans e de asearse irán para o comedor en orden con a coidadora-sRematado o tempo de comer, e sempre baixo a vixiancia das persoas encargadas, os nenos e nenas poderán estar xogando no recinto escolar ou en actividades estrictamente controladas na aula habilitada como aula-ludoteca situada na zona de educación infantil..As familias poderán pasar recoller ós nenos e nenas non antes das 15 horas nin despois das 18 horas. 

8.  HIXIENE 

Prestarase especial atención en crear  hábitos de hixiene antes , despois e durante as comidas. Cada alumno-a contará cun neceser de uso persoal que inclúa cepillo e pasta de dentes.  

9.  EMPRESA SUBMINISTRADORA DOS ALIMENTOS 

Os menús chegarán ó CEIP Abelendo en transporte en contenedor isotérmico especial para esta modalidade de catering. Dentro de dito contenedor virá tamén o menaxe preciso para cada menúA empresa encargada do catering é “El Canario S.L.” con sede na Avenida de Vigo en Chapela-Redondela.              

 

COMEDOR C.E.I.P. ABELENDO               

NORMAS BÁSICAS

 A.   Saída da clase ás 14, 10 horas con mochilas, abrigo e todo o que se vaia a levar despois para a casa.

B.    Colocar as mochilas, abrigos  e demais pertenzas no corredor da planta baixa , fronte ós baños.

C.   Baixo a supervisión das coidadoras, asearse adecuadamente para entrar no comedor nos baños da planta baixa.

D.   Seguindo as instruccións da coidadora , dirixirse en orde hacia o comedor.

E.    Os nenos e nenas de maior idade colaborarán coa coidadora e axudarán ós nenos e nenas máis pequenos á hora de colocarse e distribuír o menaxe polas mesas.

F.    Comportarse no comedor de xeito adecuado (falando baixo, permanecendo sentados, non falando coa boca chea, limpando a boca e tragando a comida antes de beber…)  utilizando correctamente os diferentes utensilios segundo o tipo de menú.

G.   A coidadora servirá a comida empezando polos nenos-as máis pequenos.

H.   Os nenos e nenas que precisen algo levantarán a man para pedilo e non abandonaran a súa cadeira se non é imprescindible e despois de pedir permiso para facelo.

I.    Cando un neno-a remata de comer permanece sentado-a até que rematen todos-as e a coidadora de a orde de colaborar para recoller a mesa.

J.   Ó rematar de recoller, a coidadora acompañará ós nenos-as ós baños da planta baixa e supervisará que lavan as mans e cepillan os dentes adecuadamente.

K.   Se o tempo o permite, a coidadora acompañará ós nenos e nenas á mesma zona do patio para tempo de descanso,esparcemento e xogos tranquilos que non alteren o proceso dixestivo.

L.    Se o tempo non é bo, despois de comer a coidadora pode realizar cos nenos e nenas actividades e xogos axeitados para un tempo de esparcemento repousado na aula habilitada como ludoteca.

M.  En días de mal tempo, a coidadora tamén pode estar cos nenos e nenas vendo algunha película ou documental axeitado para todos.

Ás catro da tarde, os nenos e nenas que aínda permanezan no colexio pasarán á biblioteca co profesor-a de garda ou incorporaranse ás actividades extraescolares.

 

Distribuir contido

Back to top