Secretaría, Libros de Texto, Comedor

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (ORDE do 27 de Abril de 2016)

OBXECTO DA CONVOCATORIA:

 a) Participación no Fondo Solidario de Libros de Texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º, e 6º de Educación Primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria.

b) Convocatoria de  Axudas para adquirir Libros de Texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, en 2º e 4º da ESO e en Educación Especial.

c) Convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO E EE.

 REQUISITOS: 

a) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria.

b) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros para axuda de libros e igual ou inferior a 5.400 euros para axuda de material de 50 euros.

c) Ter devolto os libros de texto adquirido coas axudas do curso 2015/2016 con data límite de 23 deXuño (este inclusivo) coas seguintes excepcións:

- Alumnado de 1º e 2º de educación primaria, alumnado de educación especial ou alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, sempre que os libros e o material adquirido  non se poidan reutilizar.

 d) Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2016/17 e devolvelos ao terminar éste, en xuño ou setembro, segundo o caso.

e) Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro no que esté matriculado o alumnado.

f) Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que  necesite.

  PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

a) A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2016/17 e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. Se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, na cal se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2016/17. O horario de entrega de solicitudes será  de 9:10 h a 9:30 ou de 14:10 a 14:30 h.

 b) O alumnado de 6º de primaria que se vaia matricular en 1º da ESO  no curso 2016-17 terá que presentar a solicitude no centro no que foi admitido.

c) Para o alumnado que cursará o vindeiro curso Educación Primaria e ESO a data de entrega será ata o 23 de xuño de 2016 (este incluído).

SOLICITUDES E PRESENTACIÓN: 

1.- As instancias poderán obterse nos centros, na xede electrónica da Xunta de Galicia  https://sede.xunta.es, nas Xefaturas Territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e tamén se poderán descargar en formato pdf no seguinte enderezo electrónico: www.edu.xunta.es

2.- Unha vez cuberta a solicitude deberá presentarse, xunto coa documentación, debidamente asinada polo pai, a nai ou titor/a ou representante legal do alumnado.

3.- Xunto coa solicitude presentarase orixinal e copia da seguinte documentación:

 a) Identidade. CANDO NON AUTORICE CONSULTA TELEMÁTICA achegará copia do DNI ou NIE

b) Copia do libro de familia no que figuren todos os membros computables da unidade   familiar.

No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2014, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como: sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menorcertificado ou volante de convivencia informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello onde resida a familia certificado de defunción.

c) No caso de discapacidade igual o superior ao 65 %  achegarase, SE NON FOSE EMITIDO POLA XUNTA DE GALICIA, un certificado acreditativo do grao de discapacidade, que só se presentará se non autoriza expresamente a súa verificación e da documentación acreditativa da identidade da persoa solicitante, CANDO NON AUTORICE A CONSULTA TELEMÁTICA.

 O grao de discapacidade igual ao 33% tamén se poderá acreditar coa  resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social de recoñecemento dunha pensión de incapacidade total, absoluta ou gran invalidez ou coa resolución de recoñecemento dunha pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade, CANDO NON AUTORICE A CONSULTA TELEMÁTICA.

d) Renda familiar. Achegará, CANDO NON AUTORICE A CONSULTA TELEMÁTICA, copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente ao exercicio 2014.

e) No caso de situación de violencia de xénero acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

 f) Incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.  Acreditarase coa correspondente resolución xudicial.

 

DETERMINACIÓN DA UNIDADE FAMILIAR

1.-  Para os efectos desta orde terá consideración de membros computables da unidade familiar:

a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

b) Os fillos ou fillas menores de idade, con excepción dos                                         emancipados.

c) Os fillos ou fillas maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

d) Os/as fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

e) A persoa proxenitora separada legalmente ou divorciada, cando haxa custodia compartida.

f) A persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/a alumno/a.

2.- Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.

3.- Non terá consideración de membro computable:

a) A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

b) O agresor nos casos de violencia de xénero.

c) Os avós non contabilizan como membros da unidade familiar, nin se terán en conta os seus ingresos.

4.- En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar en 31 de decembro de 2014, agás no relativo á violencia de xénero.

 CÁLCULO DA RENDA FAMILIAR:

l Para o cálculo da renda familiar sumaranse os recadros 430 (base impoñible xeral) e a 445 (base impoñible do aforro) do exercicio fiscal 2014 de todas as persoas que teñan ingresos na unidade familiar.

l Dividir o resultado da suma anterior  entre o número de membros  computables (persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%  ou que perciban unha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas,  computarán como dous).

 

 l No caso de non presentar declaración, teranse en conta os ingresos netos de todos os membros computables da unidade familiar.

 

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 16/17

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/2017. Premer aquí.

NOTA INFORMATIVA

Informamos que o próximo mércores, sempre que o tempo o permita,  os alumnos/as e mestres/as do CEIP  Abelendo iremos andando  ata o Adro de San Martiño para realizar unha actividade con motivo das Letras Galegas.

                                   Moaña, 13 de maio de 2016

                                                      A DIRECCIÓN

AVALIACIÓNS INDIVIDUALIZADAS DE EDUCACION PRIMARIA. CURSO 2015/2016

Adxuntamos enlace con toda a información sobre as avaliacións individualizadas de educación primaria para o curso académico 2015/2016.   

Distribuir contido

Back to top