Secretaría, Libros de Texto, Comedor

AVALIACIÓNS INDIVIDUALIZADAS DE EDUCACION PRIMARIA 2016-2017

Adxuntamos enlace (premede na imaxe) e arquivos adxuntos con toda a información sobre as avaliacións individualizadas de educación primaria para o curso académico 2016/2017.  

PROCEDEMENTO ADMISION ALUMNADO CURSO 2017-2018

Premede na imaxe para ver toda a información sobre o procedemento para a admisión do alumado para o curso 2017-2018.

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2017/2018

 O Decreto 254/2012, do 13 de decembro, publicado no DOG do día 26 de decembro, regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas do segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato regulada na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, desenvolvido pola Orde do 12 de marzo de 2013, publicada no DOG do 15 de marzo (corrección de erros DOG do 24 de abril de 2013). 

Por Orde do 25 de xaneiro de 2017, DOG número 22, do 1 de febreiro de 2017, modifícase a Orde de 12 de marzo de 2013 para a súa adaptación ás novas disposición da Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (BOE número 180, do 29 de sullo de 2015), e para dar o soporte xurídico necesario para implementar a aplicación informática “admisionalumnado" a partir do curso 2017/2018. 

Calendario do procedemento de admisión e matrícula para o curso escolar 2017/18

Para o curso escolar 2017/18 os prazos previstos nesta orde para a tramitación dos procedementos de admisión e de matrícula do alumnado, son os seguintes: 

Reserva de praza para o centro ao que se estea adscrito

01 - 15 de febreiro

Sorteo público a efectos de desempate

Última semana febreiro e antes do 1 de marzo

Publicación de postos escolares vacantes

Antes do 1 de marzo

Presentación en prazo ordinario de solicitudes de admisión

01 - 20 de marzo

Presentación documentación acreditativa dos criterios de baremo

10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas

25 de abril

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas

15 de maio

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria

20 - 30 de xuño

Formalización da matrícula en ESO e bacharelato

25 de xuño - 10 de xullo

Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato

1 - 10 de setembro

Reserva de praza para o centro ao que estamos  adscrito: IES PARALAIA

Do 1 ao 15 de febreiro o alumnado de 6º poden presentar a reserva de praza (anexo I) para o IES A Paralaia (entregarase esta reserva no noso centro). Tamén poden cubrila  na aplicación admisionalumnado en Solicitudes-Solicitudes de reserva – Crear solicitude e unha vez cuberta deberase presentar no noso centro.

O alumnado que non faga a reserva de praza no período establecido perderá o dereito de preferencia e terá que cubrir unha solicitude de admisión no período ordinario.

A reserva de praza é vinculante. Si se desexa solicitar outro centro, terá que formalizarse unha renuncia a dita reserva no centro na que se fixo antes do 1 de marzo e presentarase copia desta renuncia no centro no que se presente a solicitude de admisión.

A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reseva ao centro adscrito (IES Paralaia), tamén conlevará a perda de dereito de preferencia.

Do 1 ao 20 de marzo realizaran a presentación de solicitude de admisión no centro elexido (anexo II da Orde do 25 de xaneiro de 2017) todos aqueles que non fixeran a reserva de praza no IES Paralaia. 

 Presentación en prazo ordinario de solicitudes de admisión

 Do 1 ao 20 de marzo realizarase a presentación das solicitudes de admisión (anexo II)

O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:

 a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

b) Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.

c) Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo II, neste caso é o Certificado oficial do expediente académico.

d) Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso. 

Importante ter en conta que:

1º. Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, a infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 2. O alumnado que ten garantía de permanentcia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 3. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. 

OFERTA DE PRAZAS VACANTES NO CEIP ABELENDO

EDUCACIÓN INFANTIL:

 

EDUCACIÓN INFANTIL 4º NIVEL (3 ANOS): 22 VACANTES + 3 NEAE.

EDUCACIÓN INFANTIL 5º NIVEL (4 ANOS): 16 VACANTES.

EDUCACIÓN INFANTIL 6º NIVEL (5 ANOS): 19 VACANTES.

EDUCACIÓN PRIMARIA:

PRIMEIRO CURSO DE PRIMARIA:   6 VACANTES  + 3 NEAE.

SEGUNDO CURSO DE PRIMARIA: 17 VACANTES.

TERCEIRO CURSO DE PRIMARIA: 17 VACANTES.  

CUARTO CURSO DE PRIMARIA:  4 VACANTES.

QUINTO CURSO DE PRIMARIA: 12 VACANTES.

SEXTO CURSO DE PRIMARIA: 10 VACANTES. 

 ÁREA DE INFLUENCIA:

Ameixoada, Casal de abaixo, Paxarín, Abelendo  e a parte superior da estrada PO-313 dende o Mirador da Fraga ata a Porta do Cego (barrios da Parroquia de San Martiño). 

 Convidamos a visitar o CEIP Abelendo ós pais/nais de nenos-as da zona que cumpren tres anos no 2017, ós pais/nais de nenos-as da zona que pasarían para 1º curso de primaria ou  para outros cursos no vindeiro curso escolar e que puideran estar interesados en reservar praza no CEIP Abelendo. 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

 MARTES 14  FEBREIRO ÁS  17;00 HORAS

 MARTES 07 MARZO ÁS 17: 00 HORAS

ORDE POLA QUE SE MODIFICA O PROCEDEMENTO PARA A ADMISION DO DO ALUMNADO DOS CENTROS DOCENTES SUSTENTADOS CON FONDOS PUBLICOS QUE IMPARTAN ENSINANZAS DE 2º CICLO DE EDUCACION INFANTIL, EDUCACION PRIMARIA, DE ESO E DE BACHARELATO

Xúntase a Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (Premede nos anexos para acceder a toda información)

 

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS. CURSO 2017-2018

Ven visitarnos e coñece as nosas instalacións e profesorado. Xornadas de portas abertas: 14 de Febreiro e 7 de Marzo ás 17 horas. Adxuntamos tríptico e cartel informativos.



Distribuir contido

Back to top