ELECCIÓNS RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DOS REPRESENTANTES DO CONSELLO ESCOLAR 

 

 

 

 

COREOGRAFÍA Educación Física

 

CLASIFICATORIA Campo a Través XOGADE 28 xaneiro 2023 (A Madalena , Vilalba)

RESULTADOS, CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL E POR EQUIPOS CLASIFICATORIA VILALBA que da acceso ao Campionato PROVINCIAL Lourenzá.

Agradecemos ás familias e aos atletas o esforzo e colaboración nun día de moito frío 

Benxamín Feminino Clasificado Equipo Insua A e por Individuais: Emma Amarelo Dina Tannane e Antía Pérez Cendán.

Benxamín Masculino Clasificadosa Individuais: Lorenzo Pintor, Sergio Montes e Xan García.

Alevín Feminino Clasificado Equipo Insua A.

Alevín Masculino  Clasificado equipo Insua A (6 atletas)

Infantil Feminino Clasificado Equipo Insua A e por Individual Maya co dorsal de ÁFrica Montenegro.

Infantil Masculino Clasificados 12 atletas Equipo A e Equipo B

Cadete Femenino Clasificado o Insua A (Mínimo 3 e máximo 6 atletas)

Cadete Masculino (Clasificados por individual Gabriel De Carvalho e Álex Fernández

Para Descargar clasificación clicando no enlace ou abaixo á dereita en adxuntos.

Próxima competición Campionato Provincial Atletismo Lourenzá o domingo 12 de febreiro 2023.

 

• DATA e LUGAR da PROBA: sábado 28 de xaneiro de 2023 na Área Recreativa da Madalena en Vilalba.

• CATEGORIAS, DISTANCIAS E HORARIO APROXIMADO, (Igual que a Preparatoria) segundo o ano de nacemento as categorías quedan como se mostra abaixo relacionando coa categoría, hora aproximada de saída e distancia. (Na cámara de chamadas 20 min antes)  

Comezo oficial ás 11:00h resto probas aproximadas.

      • Repartir Dorsais ás10:00h (Prégase puntualidade a tódolos atletas)
      • BENXAMIN Fem  - 2015-14 - 11:00h - 500m.
      • BENXAMIN Masc - 2015-14  - 11:30h - 500m.
      • ALEVÍN Fem  -  2013-12  - 11:45h - 1.000m.
      • ALEVÍN Masc -  2013-12  - 12:00h - 1.000m.
      • INFANTIL  Fem -  2011-10 - 12:15h - 1.500m
      • INFANTIL  Masc -  2011-10 - 12:30h - 1.500m
      • CADETE FEM-MAS 2009-08 - 12:45h   -  2000m.   

Campo_Traves_XOGADE_PAVD_Clasificaoria_Madalena_sabado_28_xaneiro_23_Insua_Bermudez

 • MUTUALIDADE: Tódolos participantes deben estar mutualizados. Tódolos Atletas, familiares e responsables están obrigados a coñecer o protocolo de parte de accidentes. 

 • INSCRICIÓNS: rematará o Luns 23 de Xaneiro. invitamos a alumnado da ESO de 1º,2º e ou 3º que se queiran apuntar e se comprometan a vir unha vez inscritos. O alumnado do cole que queira asistir avisará en hora de clase ao profe Suso os invitados por whastapp. Invitados ESO ou Primaria: por whastapp 616501003 (Nome, apelidos e data de nacemento ata o luns 24 xaneiro.

*Non se precisa autorización porque é unha actividade fóra de horario lectivo e en todo caso as familias son as que os levarán á actividade.

 • DORSAIS: entregaranse unha hora antes da carreira. Durante a carreira deberase permanecer nas gradas sempre que non estemos a competir ou a facer o quecemento.

 • EQUIPACIÓN e MEDALLAS: Os participantes deben levar equipación e camiseta do cole, se non dispoñen dela unha azul similar, para subir a recibir medallas pídese prestada chaqueta de chandal ou camiseta do cole.

Ao rematar as carreiras haberá acto de entrega de medallas Individual e colectiva. Estade atentos aos equipos premiados e antes da cerimonia de premios xuntádevos os equipos que levades medalla. Se alguén premiado se ten que ir por algunha razón que delegue recoller a medalla noutra persoa.

 • EQUIPOS: O alumnado que se inscriba no Clasificatorio deberá ter seriedade e ser responsable cos compañeiros de equipo. Se non vas vir, non te apuntes!. Se te puseche malo/a antes da proba, avisa por whastapp ao profe Suso 616501003. O sábado so deixan facer dous cambios e non temos moito tempo para facelos.

 • RESULTADOS INDIVIDUAIS E EQUIPOS: Cando remata cada proba publícase a clasificación individual e por equipos na caseta de secretaría(nas gradas) se o equipo resulta con medallas non vos vaiades  e xuntádevos os dun equipo para cando sexa a cerimonia de medallas subir ao caixón rápido. Todo atleta debe saber a que equipo pertence.

Os equipos fixéronse por posición na preparatoria, cada equipo pode ser de mínimo 4 e máximo 6 integrantes salvo en Cadete que o mínimo é 3 atletas. Puntúan os 4 primeiros atletas de cada equipo, reciben premio se é o caso tódolos atletas do equipo.

 • INFOGRAFÍA PROTOCOLO ACCIDENTES XOGADE: 

Protocolo xogade Insua Bermudez PAVD PROXECTA

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS PÚBLICOS PARA O CURSO 2023/2024 - RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS ADSCRITOS

RESERVA PRAZA PARA 1º DA ESO - CURSO 2023/2024

 

O prazo de solicitudes abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023, ambos incluídos.

Iníciase a fase de reserva de praza nos centros de adscrición, no noso caso o alumnado de 6º de Educación Primaria ten preferencia na reserva de praza para 1º da ESO no IES Santiago Basanta Silva.

Para facer efectiva a reserva de praza deberase presentar unha solicitude de forma presencial ou telemática.

  • SOLICITUDE TELEMÁTICA a través da Sede Electrónica, accedendo a admisionalumnado (clique aquí) utilizando como usuario a Chave 365 ou o Certificado Dixital.      

 

INSTRUCCIÓNS PARA CUBRIR O ANEXO I

-A 3ª folla do ANEXO I debe ir asinada preferentemente polos dous proxenitores. No caso de proxenitores separados ou divorciados debe ir asinada por ámbolos dous.

Na 4ª folla do ANEXO I "Comprobación de datos da unidade de convivencia" deberán cubrirse nome e apelidos, NIF e relación de parentesco co alumno/a  (pai, nai e irmáns). Se os fillos son menores de idade autorizará o pai ou a nai coa súa sinatura.

MENÚ XANEIRO

                                                 MENÚ XANEIRO 2023

 

MANÚ XANEIRO 2023 

 

Festival Panxoliñas Nadal 22 no CEIP Antonio Insua Bermúdez

 

 https://youtu.be/38OQb5arGFg

Xornada XOGADE, Coñece o teu Clube: Aproximación á Loita Olímpica con Lydia Pérez e Nerea Pampín.

Loita_Olímpica_Insua_Bermudez_Lydia_Parada_Nerea_Pampin

O mércores 14 de decembro no CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba teremos a sorte de disfrutar dunha aproximación á Loita Olímpica da man de grande Iván e as campeonísimas Lydia Pérez e Nerea Pampín. Todalas clases do mércores contarán con mestres de altísimo nivel neste deporte tan asentado na nosa vila.  Agradecemos a Iván e ao Clube Loita Olímpica de Vilalba , así como a Lydia e Nerea que adiquen un anaco do seu valioso tempo a nos ensinaren o seu deporte favorito, a Loita Olímpica.

Comeza o CAMPO a Través o XOVES 15 decembro de 2022 na Estadio da Madalena.

 

       IMPORTANTE RESULTADOS CLASIFICACION DA PREPARATORIA de Campo a Través do  XOVES 15 DECEMBRO.

 

 Animación_Cartaz_Insua_Bermudez_PVAD_PROXECTA_XOGADE_EDLG_22

PROBA PREPARATORIA CAMPO A TRAVES ESCOLAR 22-23 

XOVES 15 DECEMBRO 2022 - VILALBA

• Data e Lugar da Proba: xoves 15 de decembro de 2022 (Horario Lectivo) na Área Recreativa da Madalena en Vilalba. (transporte gratuito en horario escolar de 10:00 a 14:00 aprox)
. Horario Celebración: celebrarase en horario lectivo, precisarase autorización asinada para poder saír do centro.
Categorías, distancia e hora de saída aproximada: (Na cámara de chamadas 20 min antes)

    • BENXAMIN Fem  - 2015-14 - 11:30h - 500m.
    • BENXAMIN Masc - 2015-14  - 11:45h - 500m.
    • ALEVÍN Fem  -  2013-12  - 12:00h - 1.000m.
    • ALEVÍN Masc -  2013-12  - 12:15h - 1.000m.
    • INFANTIL  Fem -  2011-10 - 12:30h - 1.500m
    • INFANTIL  Masc -  2011-10 - 12:45 - 1.500m
    • CADETE FEM - 2009-08 - 13:00h   -  2000m.
    • CADETE MAS - 2009-08 - 13:00h  -  2000m

• Mutualidade: Tódolosparticipantesdebenestar mutualizados. Tódolos Atletas, familiares e responsables deben coñecer o protocolo de parte de accidentes. 

• Inscricións: rematará o LUNS 12 de DECEMBRO. Os atletas deben confirmar a asistencia en data tope o  luns 12 decembro co profe Suso. A autorización asinada polas familias deberase entregar máximo o día da carreira, sen autorización non se poderá subir ao autobús.  Invitamos a alumnado da ESO de 1º,2º e ou 3º que se queiran apuntar e se comprometan a vir unha vez inscritos, especialmente para a proba Clasificatoria que se celebrará en xaneiro de 2023. 

• Invitados ESO ou Primaria: para mutualizarse enviar; nome, apelidos e data de nacemento) por whastapp ao tlfno 616501003.

• Dorsais: entregaranse o día da carreira na aula antes de subir ao autobús.

• Equipación: por regulamento de Campo a Través tódolos integrantes dun equipo deberán levar a mesma camiseta ou dunha cor similar. Todo aquel que teña chandal, camiseta ou suadoiro do cole que a leve, os que non a teñan que leven unha camiseta de cor azul. Se queredes mercar algo, lembrovos aonde podedes facelo.

• Equipos: non se farán equipos para inscribirse, a carreira faraos ao ir chegando á meta. os seis primeiros de cada clube conformarán o equipo A, os seis seguintes o B. Os cadetes farán equipo con mínimo 3 integrantes.

• Premios: entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados individuais.

• Gratuidade: esta proba é gratuíta para tódolos participantes ao formar parte  dos Xogos Galegos Deportivos.

. Transporte: XOGADE asignaranos transporte escolar para o traslado do alumnado participante de 2º a 6º. Sairán os buses desde as 10:00 e voltarán con tempo para comedor e saída do centro, aproximadamente antes das 14:00h.

• Documentos anexos: eAbaixo á dereita tedes en adxuntos copias da; nota e autorización por se a perdedes, do circuito, do protocolo de accidentes... RESULTADOS da Proba "campo a través Terra Chá 22-23 xlsx"

 Circuito Campo Tarves Preparatoria Insua Bermudez PAVD XOGADE PROXECTA

 

Atentamente o Equipo de E.F. que agarda a vosa colaboración e participación ;-)

 

MENÚ DECEMBRO

MENÚ NOVEMBRO

Distribuir contido