BENVIDOS AO CURSO 2023-2024

AXUDA MATERIAL ESCOLAR PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

Convocatoria de axudas para material escolar dirixida ao alumnado de Educación Infantil para o curso 2023/2024.

Prazo de presentación: do 6 ao 19 de xullo de 2023 no Rexistro Xeral do Concello. 

 

COMEDOR

SOLICITUDE DE PRAZA NO COMEDOR ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 2023/2024

 

Deberá presentar a solicitude:

- Alumnado matriculado no CEIP Antonio Insua Bermúdez e usuario de comedor neste curso e que queira seguir sendo usuario do comedor escolar.

- Novo alumnado matriculado no CEIP Antonio Insua Bermúdez para o curso 2023/2024 e que queira facer uso do comedor escolar.

 

Deberedes cubrir a AUTODECLARACIÓN (preme aquí para descargala) indicando a cantidade da renda neta de ano 2022 e presentala cuberta e asinada polos dous proxenitores (pai e nai) na Secretaría do centro en horario de 09:30h a 13:30h de luns a venres, dende a mañá de hoxe, 4 de xullo ata o 13 de xullo de 2023.

 

REUNIÓN NOVO ALUMNADO 4ºEI 2023-2024

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/2024

SOLICITUDE DE COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS E APOIO AO ALUMNADO DO COMEDOR

Solicitude de colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar

Infórmase que o día 23 de xuño se abre o prazo de admisión de membros da comunidade educativa do centro como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2023/2024, podedes descargar aquí a solicitude e presentala no centro. A data límite é o 7 de setembro

AVISOS

  • Lembren que o prazo de formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño. 

 

  • Prazos de Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar 2023-2024:      

        20 de xuño: data límite para entrega dos libros do fondo emprestados neste curso 2022/2023.

        21 de xuño: data límite para a entrega da solicitude e documentación para as axudas para os libros do curso 2023/2024. 

        27 de xuño: Publicación da resolución provisional no taboleiro do centro. 

        28 e 29 de xuño: Periodo de reclamación á adxudicación provisional. 

        30 de xuño: Publicación da resolución definitiva no taboleiro do centro. 

        Do 3 ao 7 de xullo: Entrega dos vales de libros e material aos solicitantes que teñan dereito. 

 

  • BECAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO. 

     Poñemos a vosa disposición a convocatorio das becas NEAE para o vindeiro curso 2023/2024: CONVOCATORIA 

                   

                

 

ANDAINA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA CAMIÑO DE SANTIAGO

Animación Gif Andaina Solidaria a Favor  colaboración contra a Leucemia Infantil

Estimadas familias o próximo mércores 14 de xuño do 23 o CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba realizará a tradicional Andaina do Camiño de Santiago entre os puntos de Rañego ata a Área Recreativa da Madalena.

Aproveitando esta tradición faremos que coincida coa actividade Andaina Solidaria contra a Leucemia Infantil. Os nenos levarán para a súa casa unha folla con información e un recortable de sobre para facer una pequeña donación a prol desta causa sempre que se desexe ou se poida. Esta asociación busca recaudación de fondos para investigación en favor da Leucemia Infantil e desde o centro pareceunos unha fermosa causa coa que colaborar.

Tódolos nenos que realicen a Andaina Solidaria recibirán de premio unha medalla elaborada cunha impresora 3D polo equipo de EF/TICS do centro, sufragado polo centro, tamén se lles fará entrega dun diploma acreditativo da súa participación. Nas súas mochilas mandouselles un folleto informativo con código QR para que poidades ter máis detalles sobre a mesma, esta folla convírtese nun sobre recortable para que poidades facer entrega da vosa colaboración totalmente voluntaria sempre que así o desexedes ou poidades e entregádelle o sobre pechado ao titor ou titora do grupo clase. Posteriormente farase a transferencia bancaria á entidade organizativa.

O día da Andaina lembrade levar:

  • Roupa e zapato cómodo.
  • Crema solar  posta desde a casa.
  • Mochila pequena coa merenda e a auga.
  • As gorras ponas o cole.

Se a alguén lle falta a autorización asinada que se lembre de traela, do contrario non poderá saír do centro.

Moitas grazas pola vosa colaboración desinteresada e altruísta.

Dorsal e Diploma da Andaina Solidaria contra a Leucemia Infantil

MENÚ XUÑO

FONDO LIBROS

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2023-2024

 

No DOG do 19 de maio de 2023saiu publicada a Orde do 10 de maio de 2023  pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024.

 

NORMAS XERAIS

  • O Prazo de presentación de solicitudes será do 20 de maio ao 21 de xuño.
  • So se presentará unha única instancia para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2023/2024.
  • As solicitudes pódense presentar das seguintes formas:

        - Presentándoas no centro: recollendo o modelo na secretaría do centro ou cubríndo a solicitude Anexo I e o Anexo II na Aplicación Fondolibros imprimíndoa xerando así un número de solicitude  e presentándoas no propio centro.

        - Presentándoas direntamente na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do seguinte enlace.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Anexo I (deberá vir asinada polos dous proxenitores)
  • Anexo II para a comprobación dos membros computables da unidade familiar, agás o solicitante.
  • Copia do libro de familia., onde figures os membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio deberase achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade.

 

PRAZOS

  • 21 de xuño: Data límite para a entrega dos libros do fondo emprestados neste curso 2022/2023.
  • 21 de xuño: Data límite para a entrega da solicitude e documentación para as axudas para os libros do curso 2023/2024.
Distribuir contido