LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/2024

SOLICITUDE DE COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS E APOIO AO ALUMNADO DO COMEDOR

Solicitude de colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar

Infórmase que o día 23 de xuño se abre o prazo de admisión de membros da comunidade educativa do centro como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2023/2024, podedes descargar aquí a solicitude e presentala no centro. A data límite é o 7 de setembro

AVISOS

  • Lembren que o prazo de formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño. 

 

  • Prazos de Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar 2023-2024:      

        20 de xuño: data límite para entrega dos libros do fondo emprestados neste curso 2022/2023.

        21 de xuño: data límite para a entrega da solicitude e documentación para as axudas para os libros do curso 2023/2024. 

        27 de xuño: Publicación da resolución provisional no taboleiro do centro. 

        28 e 29 de xuño: Periodo de reclamación á adxudicación provisional. 

        30 de xuño: Publicación da resolución definitiva no taboleiro do centro. 

        Do 3 ao 7 de xullo: Entrega dos vales de libros e material aos solicitantes que teñan dereito. 

 

  • BECAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO. 

     Poñemos a vosa disposición a convocatorio das becas NEAE para o vindeiro curso 2023/2024: CONVOCATORIA 

                   

                

 

ANDAINA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA CAMIÑO DE SANTIAGO

Animación Gif Andaina Solidaria a Favor  colaboración contra a Leucemia Infantil

Estimadas familias o próximo mércores 14 de xuño do 23 o CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba realizará a tradicional Andaina do Camiño de Santiago entre os puntos de Rañego ata a Área Recreativa da Madalena.

Aproveitando esta tradición faremos que coincida coa actividade Andaina Solidaria contra a Leucemia Infantil. Os nenos levarán para a súa casa unha folla con información e un recortable de sobre para facer una pequeña donación a prol desta causa sempre que se desexe ou se poida. Esta asociación busca recaudación de fondos para investigación en favor da Leucemia Infantil e desde o centro pareceunos unha fermosa causa coa que colaborar.

Tódolos nenos que realicen a Andaina Solidaria recibirán de premio unha medalla elaborada cunha impresora 3D polo equipo de EF/TICS do centro, sufragado polo centro, tamén se lles fará entrega dun diploma acreditativo da súa participación. Nas súas mochilas mandouselles un folleto informativo con código QR para que poidades ter máis detalles sobre a mesma, esta folla convírtese nun sobre recortable para que poidades facer entrega da vosa colaboración totalmente voluntaria sempre que así o desexedes ou poidades e entregádelle o sobre pechado ao titor ou titora do grupo clase. Posteriormente farase a transferencia bancaria á entidade organizativa.

O día da Andaina lembrade levar:

  • Roupa e zapato cómodo.
  • Crema solar  posta desde a casa.
  • Mochila pequena coa merenda e a auga.
  • As gorras ponas o cole.

Se a alguén lle falta a autorización asinada que se lembre de traela, do contrario non poderá saír do centro.

Moitas grazas pola vosa colaboración desinteresada e altruísta.

Dorsal e Diploma da Andaina Solidaria contra a Leucemia Infantil

MENÚ XUÑO

FONDO LIBROS

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2023-2024

 

No DOG do 19 de maio de 2023saiu publicada a Orde do 10 de maio de 2023  pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024.

 

NORMAS XERAIS

  • O Prazo de presentación de solicitudes será do 20 de maio ao 21 de xuño.
  • So se presentará unha única instancia para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2023/2024.
  • As solicitudes pódense presentar das seguintes formas:

        - Presentándoas no centro: recollendo o modelo na secretaría do centro ou cubríndo a solicitude Anexo I e o Anexo II na Aplicación Fondolibros imprimíndoa xerando así un número de solicitude  e presentándoas no propio centro.

        - Presentándoas direntamente na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do seguinte enlace.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Anexo I (deberá vir asinada polos dous proxenitores)
  • Anexo II para a comprobación dos membros computables da unidade familiar, agás o solicitante.
  • Copia do libro de familia., onde figures os membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio deberase achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade.

 

PRAZOS

  • 21 de xuño: Data límite para a entrega dos libros do fondo emprestados neste curso 2022/2023.
  • 21 de xuño: Data límite para a entrega da solicitude e documentación para as axudas para os libros do curso 2023/2024.

Campionato Provincial Xogade 21_05_23

 

 

XORNADA  DE MAÑÁ  COMPETICIÓNS  BENXAMÍN E ALEVÍN 

10:30.-  Pelota Alevín Masculino : Hugo Río  orde1º, Hugo Díaz Insua orde 2º

 

11:20.- Peso Benx Masc Lucas Otero Castelo orde 1º

 

11:40.- Semifinal 60 ml : Joel Vazquez Martínez  (2ª serie e  rúa 5)

 

12:15.- Final 60 ml: Joel Vázquez Martínez (Clicar para ver rúa e resultados)

 

12:55.-  400 ml Benx Masc  Andrés Castelo Rodrigues (Rúa 1)

 

13:15.- 500ml Alevín Masc: Fran Miragaya  (Rúa 1 )    Mateo Cupeiro (Rúa 2 )

 

 

XORNADA  DE TARDE  COMPETICIÓNS  INFANTIL

 

17:20.- Semifinal 80 ml  Mikel Vázquez Martínez ( Serie 1 e rúa 4)

 

18:20.- Final 80 ml  Mikel Vázquez Martínez  ¿?

 

19:00.- Xavelina Inf Masc : Mikel Vázquez Martínez (orde 1)

 

 

 

Enlace FGA Listado por Probas, Series de saída e Resultados 

 

 

Excursión fin de curso- 6º EP

Estimadas familias,

 

Adxuntamos pdf coa información proporcionada na reunión que tivemos o pasado xoves 11 de maio. Se tedes algunha dúbida, podedes chamar ao centro ou poñervos en contacto coas titoras de 6º. 

Vaian preparando as maletas, que xa non queda nada para irnos!

RECUNCHO DA MEMORIA

Recuncho da Memoria CEIP Antonio Insua Bermúdez vilalba orientación Contratos programa

Estimados nenos e nenas;  o recuncho na memoria é unha caixa de correo onde cada un de vós podedes deixar as mensaxes que queirades contar (alegrías, recordos, preocupacións...).

 

 

Atoparédelo na porta do departamento de orientación.

 

O nome e a decoración do noso recuncho foi grazas á colaboración dos nenos e nenas de 6°C. Grazas a LAURA, NOA, XOEL, MIGUEL, ÁFRICA, DIANA, PAULA, IRIA, DANIELLA,ANÁS, KIKE, SOFÍA, YAGO, SAÚL, ICÍA, LUCAS e SAÚL.

 

Este curso inauguramos a nosa caixa de correo, un espazo onde podedes compartir todo o que queirades. Eu intentarei axudarvos en todo o que presisedes.

 

Grazas!!

Sonia.

CLASIFICADOS ATLETISMO XOGADE 2023 Campionato Provincial domingo 21 de maio en Lugo

Achego ranking das probas clasificatorias do atletismo pista do programa Xogade.

 

Datos a considerar:

.- Señalados en amarelo estarían incluidos os atletas clasificados para o provincial, 16 en algunhas probas, e máis de 16 en outras por igualdade de marcas.

.- Mención aparte serían os clasificados nas probas de velocidade, 50ml, 60ml e 80ml, que tal e como xa señalamos anteriormente e debido ao fallo da fotofinish, clasificarían os 32 primeiros.Nestas probas de velocidade non haberá repescados, e en función das inscricións se decidirá o xeito de clasificación para a final.

.- A proba de 80m valados será de inscrición libre, polo problema señalado anteriormente coa fotofinish, e a falta da medición do vento na 1ª clasificatoria de 80 mv.

. - Non se inclúe o ranking das remudas infantís (4x80 ) porque faltaba por meter unha das probas, en canto a teñamos pasarémosvolas. De tódolos xeitos pasarán os 8 mellores tempos, e un só equipo por entidade.

.- No ranking benxamín masculino e feminino, a partir de unha determinada marca pode que non se corresponda a orde coas marcas, pero iso pasa cando a marca xa non é relevante, e non afecta a unha posible repesca. Isto é asi porque tivemos que facer o ranking de xeito manual, i era unha forma de aforrar traballo e avanzar.

.- Mirade os vosos atletas clasificados, e o xoves 11 de maiodo 23 debedes dicirme os atletas que renuncian as probas nas que están clasificados ,para así o luns poder repescar a algunhos atletas nas vacantes que quedaron, e facer así a inscrición definitiva.

.- Recordade que cada atleta , caso de estar clasificado, só pode facer 2 probas, e éstas serán 1 concurso e 1 carreira , nunca 2 concursos ou 2 carreiras.

O atleta mal inscrito será eliminado.

 

Clica abaixo á dereita en ADXUNTOS para descargar o listado da túa categoría.

Distribuir contido