CAMPIONATO PROVINCIAL DUATLÓN XOGADE. XERMADE, domingo 21 abril 2024.

Cartaz Insua PVAD Insua Bermúdez PROXECTA 24 DUATLON XERMADEInscritos Insua Bermúdez no Clube Tríatlon Vilalba

Domingo 21 de Abril de 2024 o alumnado AUTORIZADO do CEIP A. Insua Bermúdez e invitados asegurados en XOGADE, participarán no PROVINCIAL XOGADE DE DUATLÓN en XERMADE(Lugo) .

 Inscrición: o alumnado do cole e os invitados/as apuntaranse co profe Suso ata o luns anterior 15 de abril. Precisamos nome, apelidos, Data de Nacemento e DNI se o ten. Mandar estes datos ao tlfno 616501003, profe Suso antes dese luns 15 de abril, logo será imposible inscribir a ninguén. 

 Alumnado participante: Aberto a tódolos atletas que desexen participar. Alumnado que se inscriba para a proba no XOGADE co cole pero competimos co clube filial Triatlón Vilalba, alumnado de 2ª a 6º máis a ESO.

Transporte: Gratuito desde o CAMPO DA FEIRA  de Vilalba, ás 9:15 h do domingo 21 abril a Xermade Ida e Volta. Indicar ao inscribirse se se fará uso do bus de transporte ou non. As Bicicletas irán no maleteiro do Bus. 

 Lugar da proba: XERMADE. Saída transición e meta Praza de Xermade.

 Material:

    • DNI ou documento no que figure Nome Apelidos e foto (carnet biblioteca...)
    • Casco de bicicleta.
    • Bicicleta (con rodas e frenos en bo estado e manetas sen furados polos lados). Sería bo que tivera marchas. Non se admiten: patas de cabra, cestas portaobxectos ou accesorios que sumen peso ou sexan perigosos para resto participantes, retirádeos na casa.
    • Dorsais e Verificacións: Unha hora antes da primeira proba recollida por nome e apelidos na carpa de organización. 10 minutos antes de cada proba por categoría ábrese a verificación técnica, por orde de dorsal, deberase presentar o atleta co casco posto e a bicicleta na fila de entrada ao aparcamento de bicis, zona de transición. Despois de chegar a meta lembrade recollelas.
    • O tráfico pecharase unha hora antes do comezo da primeira proba. SE queredes aparcar preto chegade antes do peche do tráfico. 

Distancias das probas por categorías  Horario aproximado :  

    • Benxamíns: (nados 2015 ao 2016[curso 2º e 3º ]). Proba: 400m. carreira + 2.000m bici + 200m de carreira. Hora de 10:50 a 11:00.
    • Alevíns: (nados 2013 ao 2014. {curso 4º e 5º}). Proba: 800m carreira + 4.000m bici + 400 m de carreira. Hora de 11:20 a 11:30.
    • Infantís: (nados 2011 ao 2012. {curso 6º e 1º ESO}- Proba 1200m carreira + 6000m bici + 600m de carreira. Hora 11:50 a 12:00.
    • Cadetes: ( nados  2009 ao 2010. {curso 2º e 3º ESO}- Proba 2000 m carreira + 8000m bici + 1000m carreira. Hora 12:20 a 12:30.

CIRCUITO XERMADE DUATLON XOGADE INSAU BERMUDEZ VILALBA PVAD PROXECTA 23-24

Rematar a proba recibirán auga e algo para repoñer forzas, se queredes podedes levar algo máis de auga e comida.

PREMIOS: os que rematen a proba quedarán clasificados para os premios individuais e por equipos.Este provincial é aberto a tódolos participantes, os que se clasificaron na primeira carreira e os que queiran participr sen estar clasificados anteriormenet.  O equipo configurase cun mínimo de 3 participantes e cun máximo de 6.

Os tres primeiros recibirán medalla no acto de premiación ao final do evento, se quedades entre os 3 primeiros debedes quedar á entrega oficial, así como os tres primeiros equipos de cada proba categoria e sexo,  senón debería pagar multa de 30 a 50 euros. Non haberá campionato Galego XOGADE a posteriori. 

 

A ANPA crea o Hotel de bichiños para fortalecer o Horto Escolar.

A nosa ANPA na liña de promoción de divulgación actividades en torno aoHorto Escolar, deseñou unha actividade de Creación dun Hotel de Insectos para optimizar a súas vantaxes no noso horto.

A mamá e tamén Bióloga, Amanda, explicou ao alumnado de 5º A e 5º B as vantaxes de atraer insectos próximos a nosa hortiña para crear un ecosistema nos que poidamos optimizar as bondades do insectos no ciclo vital das plantas.

Estes alumnos transmitirán despois estes coñecementos aos seus compañeiros.  

Hotel_insectos_ANPA_INSUA BERMUDEZ_VILALBA _23-24

DOAZÓN DE MÚLTIPLES ESTANTERÍAS DA ANPA ÁS AULAS DO INSUA BERMÚDEZ

A ANPA LOGO_ANPA_INSUA_BERMUDEZ_VILALBA do CEIP Antonio Insua Bermúdez ven de facer unha compra de numerosas estanterías para instalar en tódalas aulas de Infantil e Primaria.

ANPA INSUA BERMUDEZ VILALBA lUGO CURO 23-24 ESTANTERIAS

ATLETISMO NO INSUA BERMUDEZ

ATLETISMO XOGADE ANTONIO INSUA BERMUDEZ VILALBA PROXECTA PVAD 2023_24

2ª PROBA CLASIFICATORIA ATLETISMO ESCOLAR  BENXAMÍN, ALEVÍN e INFANTIL. Domingo 14 abril 2024

 

ENLACE FGALugo para ver inscrisiónsns, series, resultados...    https://atletismo.gal/competicions/xogade-lugo-ii-xornada-atletismo-en-pista-programa-a/

REsultados e Series: ( todolos atletas de velocidade e remudas  deben coñecer que serie e que rúa teñen adxudicada: http://ranking.atletismo.gal/online/2024/LUGO/2024-04-14%20-%203%20Xornada%20Xogade/

LUGAR DA PROBA: Estadio Atletismo Gregorio Pérez Rivera de Lugo, xunto ao Pavillón Novo do Breogán, na zona Universitaria de Lugo. Enlace de Google Maps na web do Insua.

HORARIO:Non temos transporte desde Vilalba. Debemos estar 30 minutos antes de cada proba, vide con tempo para coller dorsal e estar na cámara de chamadas para cada proba. O Horario definitivo sairá o venres antes da proba e pode haber cambios a posteriori. Controlade as vosas probas, marcádeas no horario e contade cos 20 min antes da cámara de chamadas. Enlace para ver as series, resultados na web da FGALugo

XORNADAS COMPETICIÓN

  • Domingo 14 abril – 2ª CLASIFICATORIA Xornada A
  • Domingo  28 abril – 2ª CLASIFICATORIA  Xornada B
  • Domingo 2 maio _ CAMPIONATO PROVINCIAL

CATEGORÍAS ( Non existe competición cadete)

  • BENXAMÍN: Nados nos anos 2015-2016 masculino e feminino
  • ALEVÍN......: Nados nos anos 2013-2014 masculino e feminino
  • INFANTIL...: Nados nos anos 2011-2012 masculino e feminino

PROBAS: En todas as xornadas cada atleta poderá participar como máximo en dúas probas. Neste caso, unha delas será unha carreira e a outra poderá ser un concurso (salto ou lanzamento). As remudas non contabilizarán como proba, serrá mixta e limitada a dous equipos máximo por proba.

 

En cada xornada combinaránse as tres categorías e alternaranse as modalidades segundo os tipos de xornada:

 Probas xornadas A e B por categorias Insua Bermudez Vilalba XOGADE PVAD 23-24

INSCRICIÓN Gratuíta.  Límite ate o luns anterior á proba. Precisamos enviar Nome, Apelido, data de nacemento ao whastapp 616501003

EQUIPACIÓN DO INSUA: levade a equipación do Insua se a tedes. Camiseta do Insua e lembrade devolvela ao final dos campionatos de atletismo.

COMPORTAMENTO: agárdase comportamento exquisito de tódalas persoas deportistas, representamos ao Insua Bermúdez e calquera acción que perxudique a imaxe do centro educativo, levará a non contar coa persona infractora en próximas ocasións. Na pista soamente poden estar atletas participantes na proba e entrenadores, resto gradas ou detrás valados.

SERIES DE SAÍDA E RESULTADOS:      Enlace PENDENTE para ver as series, resultados na web da FGALugo     WhatsApp Suso616501003.

CLASIFICACIÓNS : Clasificarán para o campionato provincial un máximo de 16 atletas por proba que corresponderán coas mellores marcas (ou puntuacións nos concursos benxamíns) realizadas na fases previas correspondentes ao programa XOGADE. Na final provincial realizarase o programa completo de probas. Unha xornada o programa benxamín e alevín e noutra xornada o programa infantil.

HORARIO PROVISIONAL  Confirmar antes da proba na web da FGA LUGO XOGADE  data da proba LUGO

 

     HORARIO PROVISIONAL (Chegar 30 min antes da proba)    LISTADO DE ATLETAS E PROBAS NAS QUE SE FORON INSCRITAS 
Horario Provisional mércores 10 abril.       

 

 

 

 

Día da Auga e Visita de Toño Núñez

Hoxe contamos coa visita de Toño Núñez para conmemorar o Día da Auga e o Día da Poesía. 

Grazas pola túa visita . Foi un día marabilloso!!! 

Parabéns polo teu traballo compañeiro ;-)

 

COREOGRAFÍA PROXECTO PLAMBE E PVAD A AUGA

 

INSTRUCIÓNS ADMISIÓN CURSO 2024/2025

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

PRAZO DE SOLICITUDE: DO 1 AO 20 DE MARZO

 SOLICITUDE:

Impreso de Solicitude debidamente cumprimentado e asinado polos dous proxenitores, (modelo ED550B ficheiro adxunto), pedilo no centro ou a través da aplicación admisiónalumnado (Seguindo os seguintes pasos: Solicitudes >Admisión>Crear)

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE:

1. Fotocopias do libro de familia:

    - da folla de inscrición do neno/a.

    - da folla de inscrición do matrimonio ou titulares do mesmo.

    - da folla de inscrición dos irmáns matriculados no Centro.

2. Fotocopia dos DNIs

    - do alumno (si o ten)

    - de ambos os dous proxenitores

3. Informe médico.

4. Fotocopia da cartilla de vacinacións.

5. Fotocopia da tarxeta do seguro médico.

6. Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio de todos os membros da unidade familiar.

7. Tres fotografías tamaño carné

8. Convenio Regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de ser o caso.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

- Só se pode presentar unha única solicitude e será no centro no que se solicita a praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio de prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

NECESIDADE DE BAREMACIÓN

No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares, abrirase un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo, para presentar a documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados.

 

NORMATIVA

O proceso de admisión do alumnado para o curso 2024-2025 ven regulado na seguinte normativa:

Decreto 13/2022, do 03 de febreiro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

ORDE do 21 de outubro de 2022, polo que se desenvolve o decreto 13/2022. 

 inscrición Insua Bermúdez Vilalba curso 24-25

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

XA CHEGOU O ENTROIDO E AS INSUAORDES DO MECO 2024

ORDES_MECO_INSUA_BERMUDEZ_2024

1ª Proba Clasificatoria Duatlón XOGADE Vilalba

Carta_Duatlon_XOGADE_San_Ramon_Vilalba_11-02-2024_Insua_Bermudez

O Domingo 11 de Marzo de 2013 o alumnado AUTORIZADO do CEIP A. Insua Bermúdez participará na 1ª PROBA CLASIFICATORIA DE DUATLÓN de VILALBA (Lugo) .

 Inscrición: o alumnado do cole apuntarase co profe Suso ata o luns 5 de febreiro. precisamos nome, apelidos e DNI se o ten. Mandar estes datos ao tlfno 616501003, profe Suso antes do día 5 de febreiro do 24, logo será imposible inscribir a ninguén. 

 Alumnado participante: Alumnado que se inscriba para a proba no XOGADE co cole que competimos co filial San Ramón de Vilalba, alumnado de 2ª a 6º máis a ESO.

 Lugar da proba: Saída transición e meta APARCAMENTO DA ESTACIÓN DE BUSES DE VILALBA.

 Material:

  • DNI ou documento no que figure Nome Apelidos e foto (carnet biblioteca...)
  • Casco de bicicleta.
  • Bicicleta (con rodas e frenos en bo estado e manetas sen furados polos lados). Sería bo que tivera marchas.
  • Dorsais e Verificacións: Unha hora antes da primeira proba recollida por nome e apelidos na carpa de organización. 10 minutos antes de cada proba por categoría ábrese a verificación técnica, por orde de dorsal, deberase presentar o atleta co casco posto e a bicicleta na fila de entrada ao aparcamento de bicis, zona de transición. Despois de chegar a meta lembrade recollelas.
  • O tráfico pecharase unha hora antes do comezo da primeira proba. SE queredes aparcar preto chegade antes do peche do tráfico. 

Distancias das probas por categorías  Horario aproximado :  

  • Benxamíns: (nados 2015 ao 2016[curso 2º e 3º ]). Proba: 400m. carreira + 2.000m bici + 200m de carreira. Hora de 10:50 a 11:00.
  • Alevíns: (nados 2013 ao 2014. {curso 4º e 5º}). Proba: 800m carreira + 4.000m bici + 400 m de carreira. Hora de 11:20 a 11:30.
  • Infantís: (nados 2011 ao 2012. {curso 6º e 1º ESO}- Proba 1200m carreira + 6000m bici + 600m de carreira. Hora 11:50 a 12:00.
  • Cadetes: ( nados  2009 ao 2010. {curso 2º e 3º ESO}- Proba 2000 m carreira + 8000m bici + 1000m carreira. Hora 12:20 a 12:30.

Rematar a proba recibirán auga e algo para repoñer forzas, se queredes podedes levar algo máis de auga e comida.

PREMIOS: os que rematen a proba quedarán clasificados para o Campionato Provincial que se disputará en Xermade nuns meses, en cada clasificatoria clasifican os 20 primeiros e como habitualmente nunca hai 20, quedan clasificados todos.

Os tres primeiros recibirán medalla no acto de premiación ao final do evento, se quedades entre os 3 primeiros debedes quedar á entrega oficial, senón debería pagar multa de 30 a 50 euros. No Campionato Provinvial haberá entrega de trofeos por equipos , cada equipo debe ter de 3 a 6 integrantes por categoría e sexo.

 

 

 

Distribuir contido