MODIFICACIÓN DEFINITIVA HORARIO ATLETISMO 16_04_23 Estadio Atletismo Gregorio Pérez Ribera de Lugo

Comeza a Temporada de ATLETISMO XOGADE en Lugo. Este curso temos novidades:

LUGAR PROBAS : Estadio Atletismo Gregorio Pérez Ribera (Lugo) A carón estadio novo do Breogán. 

DATAS DE PROBAS EN LUGO:

  • 1ª Xornada A  – 19/03/2023 - Categoria Benxamín/Alevín/infantil, Lugo. Horario de mañá
  • 1ª Xornada B  - 16/04/2023 - Categoria  Benxamín/Alevin/Infantil, Lugo. Horario de mañá.
  • 2ª Xornada A  - 30/04/2023 - Categoria Benxamín/Alevín/Infantil, Lugo. Horario de mañá ( Modificado o horario para o día 30 de abril)
  • 2ª Xornada B – 07/05/2023 - Categoria Benxamín/Alevín/Infantil, Lugo.  Horario de mañá.
  • PROVINCIAL – 21/05/2023 - 16 mellores marcas dos días clasificatorios en cada proba e categoría. 

CATEGORÍAS:

  • BENXAMÍN: Nados 2015-2014 masculino e feminino
  • ALEVÍN: Mados 2013-2012 masculino e feminino.
  • INFANTIL: Nados 2011-2010 masculino e feminino

 

LISTADO OFICIAL DAS INSCRICIÓNS DO NOSO CENTRO

Inscricións atletismo xornada B 16_04_23 Insua Bermúdez

HORARIO modificado DEFINITIVO DAS PROBAS :  (30 minutos antes de cada proba para ter dorsal e estar na cámara de chamadas)

Horario Definitivo atletismo xornada B 16_04_23

SEGUIMENTO DA COMPETICIÓN A TRAVES DA WEB DA FGA Lugo: Quendas de saídas, modificacións, inscricións, resultados...

http://ranking.atletismo.gal/online/2023/LUGO/weblugo1604/

MENÚ ABRIL

VISITA DO CLUBE DEPORTIVO LUGO

Visita_Clube_Deportivo_Lugo_CEIP_Antonio_insua_bermudez_PVAD_PROXECTA_22-23

O martes 28 de marzo de 2023, tivemos a oportunidade de coñecer a integrantes do Clube Deportivo Lugo e de paso recibir como agasallo uns vales canxeables por entradas para o próximo partido, onde se xogan a permanencia na categoría.Deixámosvos unhas instantáneas da visita por diferentes clases.

Clica na cámara para ir ao albúm da Galería de Imaxes.

XXIV CERTAME LITERARIO BENJAMIN PAZ E CERTAME DE DEBUXO DAID DÍAZ. (CEIIP Antonio Insua Bermúdez)

Convocatoria da vixésimo cuarta convocatoria do certame literario Benjamín Paz e Certame de Debuxo David Díaz. 

Presentamos por unha banda o Cartaz  desta edición, inspirado no Proxecto de Centro dos Pintores e por outra banda as bases do Concurso que presenta algunha pequena modificación respecto a anos anteriores.

 

CARTAZ TEMÁTICO DA XXIV EDICIÓN 

 Cartaz_Animado_XXIV_Certame_Benjamin_Paz_Davis_Díaz

BASES DA CONVOCATORIA:  

 BASES DO XXIV CERTAME BENXAMÍN PAZ DE NARRATIVA, POESÍA E DEBUXO

PRIMEIRA.- Poderá́ concorrer ao Certame todo o alumnado de Educación Infantil e de Primaria pertencente a centros educativos Do Concello de Vilalba.

 

SEGUNDA.- Establécense tres modalidades: POESÍA e NARRATIVA, para Educación Primaria, e DEBUXO, para Educación Infantil.

 

TERCEIRA.- Os traballos de Poesía e Narrativa (PRIMARIA), de temática libre, estarán escritos en lingua galega conforme ánormativa vixente. Os textos deberán ser inéditos e totalmente orixinais. Cada participante pode presentar un único traballo. Poderán presentarse a ordenador ou manuscritos, en papel DIN A-4, por unha soa cara. Enviarase SOAMENTE O ORIXINAL, figurando na parte traseira do folio os DATOS PERSOAIS, O CICLO, O COLEXIO E A MODALIDADE áque concorre. (PRÉGASE NON GRAMPAR)

 

CUARTA.- Os Debuxos (INFANTIL) presentaranse en cartolina formato DIN A-4. Poderá́ empregarse calquera técnica e a temática será́libre. Os DATOS PERSOAIS, O NIVEL e O COLEXIO figurarán na parte posterior da cartolina.

 

QUINTA.- Os traballos serán dirixidos a:

CEIP “Antonio Insua Bermúdez”, Rúa Cuart de Poblet, s/n, 27800 Vilalba

 

SEXTA.- O prazo de admisión de traballos remataráás 15 HORAS DO DÍA 19 DE MAIO DE 2023.

 

SÉTIMA.- O Certame estará dotado cos seguintes premios:

1. MODALIDADE POESÍA E NARRATIVA (Primaria)

    • 1º e 2º de Ed. Primaria: Lote de material e diploma.
    • 3º e 4º de Ed. Primaria: Lote de material e diploma.
    • 5º e 6º de Ed. Primaria: Lote de material e diploma.

2. MODALIDADE DEBUXO-PREMIO DAVID DÍAZ VÁZQUEZ (Infantil)

    • Infantil 3 anos: Lote de material e diploma.
    • Infantil 4 anos: Lote de material e diploma.
    • Infantil 5 anos: Lote de material e diploma.

3. MODALIDAD LIBRE PARA ALUMNADO CON N.E.E.

 

OITAVA.- O Xurado, se o estima oportuno, poderá declarar os premios desertos, distribuír a contía dos mesmos ou aumentalos con accésits. En calquera caso a súa decisión será inapelable e polo feito de concorrer ao Certame así deberá aceptarse.

 

NOVENA.- O Xurado estará formado por persoas de recoñecida competencia nas materias ás que se refiren as presentes Bases. A súa composición ha ser dada a coñecer xunto coa emisión do resultado.

 

DÉCIMA.- O ditame do Xurado será difundido a través dos distintos medios de comunicación. A entrega de premios efectuarase nos centros educativos no mes de xuño.

ATLETISMO Escolar XOGADE ( 16 E 23 abril, 7 e 21 maio )

Comeza a Temporada de ATLETISMO XOGADE en Lugo. Este curso temos novidades:

 

LUGAR PROBAS : Estadio Atletismo Gregorio Pérez Ribera (Lugo) A carón estadio novo do Breogán. 

DATAS DE PROBAS EN LUGO:

  • 1ª Xornada A  – 19/03/2023 - Categoria Benxamín/Alevín/infantil, Lugo. Horario de mañá
  • 1ª Xornada B  - 16/04/2023 - Categoria  Benxamín/Alevin/Infantil, Lugo. Horario de mañá.
  • 2ª Xornada A  - 23/04/2023 - Categoria Benxamín/Alevín/Infantil, Lugo. Horario de mañá
  • 2ª Xornada B – 07/05/2023 - Categoria Benxamín/Alevín/Infantil, Lugo.  Horario de mañá.
  • PROVINCIAL – 21/05/2023 - 16 mellores marcas dos días clasificatorios en cada proba e categoría. 

CATEGORÍAS:

  • BENXAMÍN: Nados 2015-2014 masculino e feminino
  • ALEVÍN: Mados 2013-2012 masculino e feminino.
  • INFANTIL: Nados 2011-2010 masculino e feminino

 

PROBAS: 

     BENXAMÍN        
XORNADA A XORNADA B
50 m lisos 400 m. lisos
Salto Lonxitude Salto Tesoira
Lanzamento Peso Lanzamento Pelota
Remudas 4x50 m. mixto * Salto Tesoira= salto ao foso area superando listón.
ALEVÍN
XORNADA A XORNADA B
60 m. lisos 500 m. lisos
Salto Lonxitude Salto Altura
Lanzamento Peso Lanzamento Pelota
Remudas 4x60 m. mixto 1000 m marcha
INFANTIL
XORNADA A XORNADA B
80 m lisos 80 m valados
1.000 m lisos 2.000 m marcha
Salto Altura Salto Salto Lonxitude
Lanzamento Disco Lanzamento Peso
Lanzamento Xavelina Remudas 4x80 m mixto

 

PROBAS POR XORNADAS ; XORNADA A E XORNADA B:

 

*Os horarios poden sufrir modificacións despois de pechar a inscrición, os mércores , xoves e venres seguintes, previos á xornada informarase do cambio de horario.

 INSCRICIÓNS:

Data límite o luns da semana da proba dominical.

2ª Clasificatoria Duatlón Escolar XOGADE Monterroso (Sábado 25 marzo2023)

 

CLASIFICATORIODUATLÓN ESCOLAR MONTERROSO

SÁBADO 15:50h do 25 MARZO 2023 Rúa Lorenzo Varela Monterroso.

(Ata o luns 20 marzo para comunicar inscrición)

 

LUGAR COMPETICIÓN:en Monterroso. Centro Cultural Lorenzo Varela sito na Rúa Lorenzo Varela. Monterroso, (Lugo).

TRANSPORTE GRATUÍTO ATLETAS: SAÍDA do CAMPO DA FEIRA , HORA 13:15h.  As bicicletas viaxarán na bodega do bus.

INSCRICIÓNS: ata o luns 20 de marzo través do profe Suso, con tempo para pasalas ao clube de Tríatlon San Ramón. Os deportistas do clube falade con Martín. No cole despois do luns non se admiten inscricións.Precisamos Nome Apelidos, Data de Nacemento e DNI se o tedes.

MATERIAL NECESARIO:IMPRESCINDIBLE BICI* con marchas, se podes conseguir unha de carreiras moito mellor, CASCO, DNI ou documento acreditativo con NOME e FOTO, e GANAS de rematar a carreira. * A bici deberá frenar ben, ter cuberta en bo estado e ter as manetas cerradas, non poderán estar furadas nos extremos, de ocorrer isto, tapalas cun corcho e/ou fita aislante. 

 Imprescindibles proba duatlón xogade

RECOLLIDA DORSAIS: Polo delegado do clube ( Martín) a partires das 14:45h, ata 20´antes de cada proba.

HORARIOS CARREIRA E CATEGORÍAS:

 

 

CONTROL DE MATERIAL: Será obrigatorio identificarse cun documento oficial con foto na entrada do control os/as deportistas presentaranse na entrada do control de material identificados, levando xa todos os dorsais colocados (corpo/bici/casco) e o casco posto e abrochado. 10min antes da cada proba os xuíces verifican a bicicleta e o casco obrigatorio no aparcamento de bicis       ( verifican estado do debuxo das rodas, os freos, o tapón das manetas e o casco posto, que non se mova).No manillar miran que os tapóns das manetas teñan os extremos pechados. Recoméndase bicicleta de marchas.

SAÍDA: dez minutos antes do comezo da saída, os/as deportistas iranse ordenando por dorsal na cámara de chamadas, mantendo sempre a distancia de seguridade, os oficiais e persoal de organización indicarán cando deben pórse na liña de presaída .

CHEGADA A META: Unha vez que os/as deportistas pasen a liña de meta, dirixiranse, sen pararse, á zona próxima de post-meta onde se lles entregará o avituallamento, continuarán o camiño para saír da zona de post-meta e irán recoller a bicicleta para abandonar a zona. Todo o procedemento farase nun único sentido de circulación, evitando aglomeracións ou reunións grupais tanto antes como despois e mantendo sempre a distancia de seguridade co resto de deportistas e persoal da proba. Premios Medallas aos/ás tres primeiros/as da clasificación individual en cada categoría e sexo.

HORA DE REMATE PROBAS  rematar entrega trofeos aos 3 primeiros atletas de cada categoría. Entrega de trofeos individuais: 18:50h. De conseguir trofeo, deberá quedarse á entrega baixo multa de 50 €

Apuntarse é libre, voluntario e unha responsabilidade. Aqueles que SE INSCRIBAN COMPROMÉTENSE A IR E NON MUDAR DE OPINIÓN, obrigan ao clube a pagar unha multa por non asistencia, igual que se non sube ao podium, multa de 25 a 50 euros, que se lle pasará ao que non asista.

 

Sobra dicir que se esixe bo comportamento durante a proba, reservamos o dereito de non inscribir ao que non garde as normas de conduta e respecto.

 

Grazas e animádevos.

 

 

 

Campionato Galego de Campo a Través XOGADE Pobra do Caramiñal 2023

 

 

O sábado 4 de marzo de 2023, catro alumnos do CEIP Antonio Insua Bermúdez estiveron clasificados para a fase autonómica ou Campionato Galego de Campo a Través.

- Fran Miragaya Ascariz

- Mateo Cupeiro López.

- Mikel Vázquez Martínez 

- Lucas Zamora Millor.

Foi a primeira experiencia nun Campionato galego de Campo a través para os catro e aproveitarona moi ben.

Achegamos algunhas instantáneas do evento.

CITA PREVIA ADMISIÓN NOVO ALUMNADO

 

RÓGASE VIR ENTREGAR A DOCUMENTACIÓN DA ADMISIÓN DO NOVO ALUMNADO BAIXO CITA PREVIA, CHAMANDO O NÚMERO DO COLEXIO 982828148.

DESTE XEITO, SEMPRE HABERÁ ALGUÉN DO EQUIPO DIRECTIVO PARA ATENDERVOS.

 

MOITAS GRAZAS 

A ANPA do Insua Bermúdez traballando na creación dun HORTO ESCOLAR.

A ANPA agradece a colaboración de tódalas persoas participantes neste obradoiro e emplaza a colaborar en nova data o 

LUNS 6, ás 16:30 h .

No Insua Bermúdez sumámonos á iniciativa pedagóxica de traballar un HORTO ESCOLAR.

No trimestre pasado unha mamá Bióloga, especializada en Plantas,  fixo uns Obradoiros sobre a Compostaxe e as Lombrices dirixidas a toda a comunidade escolar.

Neste Trimestre a ANPA, e as familias coordináronse para buscar material e man de obra para comezar a crear ese HORTO ESCOLAR.

Deixámosvos unha escolma de imaxes desta tarde onde mamás, papás e alumnado compartiron o nacemento do NOSO HORTO.

 

INFORMACIÓN PROCESO DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO 2023/2024

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024

PRAZO DE SOLICITUDE: DO 1 AO 20 DE MARZO

 

SOLICITUDE:

Impreso de Solicitude debidamente cumprimentado e asinado polos dous proxenitores, (modelo ED550B) podes descargalo aquí, pedilo no centro ou a través da aplicación admisiónalumnado (Seguindo os seguintes pasos: Solicitudes >Admisión>Crear)

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE:

1. Fotocopias do libro de familia:

    - da folla de inscrición do neno/a.

    - da folla de inscrición do matrimonio ou titulares do mesmo.

    - da folla de inscrición dos irmáns matriculados no Centro.

2. Fotocopia dos DNIs: 

    - do alumno (si o ten)

    - de ambos os dous proxenitores

3. Informe médico.

4. Fotocopia da cartilla de vacinacións.

5. Fotocopia da tarxeta do seguro médico.

6. Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio de todos os membros da unidade familiar.

7. Tres fotografías tamaño carné

8. Convenio Regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de ser o caso.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

- Só se pode presentar unha única solicitude e será no centro no que se solicita a praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio de prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

NECESIDADE DE BAREMACIÓN

No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares, abrirase un prazo de 10 día hábiles, contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo, para presentar a documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados.

 

NORMATIVA

O proceso de admisión do alumnado para o curso 2023-2024 ven regulado na seguinte normativa:

Decreto 13/2022, do 03 de febreiro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

ORDE do 21 de outubro de 2022, polo que se desenvolve o decreto 13/2022. 

 

Distribuir contido