Skip to Content

DÍA DA MULLER

                                  

Estimadas familias:

Proximamente será a celebración do DÍA DA MULLER TRABALLADORA. Dende o centro queremos solicitar a colaboración de todas as familias para facer unha pequena homenaxe a todas as mulleres traballadoras.

Consideramos que para o noso alumnado non hai MULLERES TRABALLADORAS máis importantes, máis heroínas, máis traballadoras,máis queridas.....que as mulleres polas que están rodeados/as diariamente (nais, avoas, tías, titoras ....).

Tendo isto en conta, pretendemos facer unha EXPOSICIÓN de FOTOS :

 

                     “AS NOSAS MULLERES, AS NOSAS HEROÍNAS”

 

PARA PARTICIPAR:

  • FAI UNHA FOTO A UNHA MULLER (MAMÁ, AVOA, ETC) TRABALLANDO NA HORTA, NA CASA, NO HOSPITAL...
  • AS FOTOS SERÁN DEVOLTAS AO REMATAR A EXPOSICIÓN.

O día 8 de Marzo de 16:30h. ás 18:00h, as familias poderedes visitar a exposición.

 



page | by Dr. Radut