Skip to Content

4ºCURSO

OBRADOIRO DE IMPRESIÓN 3D E PROXECTO 8M CO ALUMNADO DO SEGUNDO CICLO

ELEMENTOS NECESARIOS PARA O DISFRACE DE XENERAIS DA ULLA

Estimadas familias:

Comezou o entroido 2024 e como sabedes o alumnado de 3º e 4º vai ir disfrazado de Xenerais da Ulla

O alumnado deberá traer:

Botas negras

Pantalón branco ou  color crema claro. 

Camisa branca con lazo ou corbata vermella.

Fajín vermello.

Xersei negro.

Espada de cartón feita por eles/as na casa.

INSTRUCCIÓNS AULA VIRTUAL SANTILLANA

FOTOS ORLAS CUARTO

IMOS DE COMPRAS!

No obradoiro de matemáticas dos martes estivemos practicando cos decimais empregando revistas do supermercado e tickets. Moitas gracias a todos os que os trouxeron para poder organizar a tarefa. Os grupos analizaron tickets, inventaron e resolveron problemas con productos dos catálogos. Bo traballo equipos!

Que tempo fai?

 Xa temos impresos os traballos que fixeron en Word sobre os Masais. Comentamos entre todos cousiñas que lles faltaron e lembramos algunha norma de presentación que deben ter estes traballos.

Ademais, aproveitamos partes do disfraz para expoñelo no corredor e crear unha pequena estación do tempo. En sociais estamos estudando o tempo atmosférico, así que cada mañá buscamos o tempo que vai en Gondomar e en Nairobi (Kenia), comentámolo (temperatura, precipitacións, velocidade do vento etc.) e logo nenos das dúas clases anotan os datos na tabóa. Iremos recompilando o de varios días para observar os cambios e as diferencias entre os dous lugares.  

 

 

PROGRAMAS DE RADIO NA ESCOLA

Hoxe recibimos unha visita moi especial.

              Unha auténtica  familia de peliqueiros.

Eles explicaron, ao alumando de cuarto de primaria e a  Educación Infantil, cando saen a rúa os peliqueiros, os compoñentes do traxe, de onde procede esta tradición e que se sinte cando se colocan o traxe de peliqueiro.

 

Vivimos momentos moi especiais e aproveitamos para que nos concederan a  primeira entrevista na radio da escola.

Moitísimas grazas pola vosa colaboración co centro.


 

FÁBULAS VIAXEIRAS

Próximamente teredes o resultado SorprendidoGuiño

VIVA O AMOR E A AMIZADE!

O pasado 14 de febreiro coincidiu coa nosa asamblea dos venres, foi unha oportunidade perfecta para que as clases de cuarto valorásemos a nosa semana dunha forma diferente. Cada neno e nena decorou un corazón e anotou nel diferentes cousiñas que lle gustaron da semana. Logo, moitos atrevéronse a comentalas en alto, entre todos crearon unha chuvia de palabriñas de amizade ós compis.

CREAMOS UN DOCUMENTO DE TEXTO SOBRE OS MASAIS

Como xa sabedes, este trimestre estamos a descubrir o continente africano, polo que decidimos que os nosos disfraces estean relacionados con este tema: iremos de MASAIS!

Ademais de preparar na clase os disfraces, as profes de cuarto tamén queríamos que o noso alumnado investigase sobre esta tribu e aprendese a crear un documento de texto no ordenador. Para iso fomos dúas sesións a TICS e seguindo unhas pautas sinxelas crearon un word por grupos. Próximamente amosarán no corredor os seus traballos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut