Skip to Content

Solicitude

REXISTRO DA EMPRESA MEDITERRANEA GROUP

A empresa Mediterranea Group solicita ás familias que cumprimenten o seguinte formulario.

 

 

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023-2024

Estimadas familias:

A Consellería contratou unha nova empresa encargada do servizo de comedor escolar. O nome da empresa é Grupo Mediterránea. A persoa encargada da mesma estivo no centro para transmitirnos tranquilidade e confianza ao ser unha empresa que coñece o sector educativo.

O luns empeza o servizo no horario habitual de 14:00 á 16:00h.

Lembren que se o alumnado non pode acudir ao comedor, deben xustificalo debidamente o día lectivo anterior á ausencia e a través do correo electrónico do centro: ceip.chano.pinheiro@edu.xuntal.gal. Solo en caso moi excepcionais se poderá anular no propio día. Neste caso a anulación farase antes das 09:15h.

Tamén lles recordamos que as coidadoras rematan o seu traballo ás 16:00h polo que deberán ser puntuais na recollida. 

SOLICITUDE DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2023/2024

 O comedor escolar do CEIP Plurilingüe Chano Piñeiro  está catalogado como comedor de xestión indirecta da Consellería de Educación. 

 

QUEN SOLICITA?

PAI NAI , REPRESENTANTE LEGAL DO ALUMNADO

CANDO?

DO 4 AO 12 DE XULLO   DE 10 H A 13H

DOCUMENTACIÓN

 Impreso de solicitude cuberto e asinado xunto co Modelo de Autodeclaración (Anexo II)

Documentación xustificativa correspondente para a selección e admisión.

 

QUEN NON TEN QUE PRESENTAR O ANEXO II?

O alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%,

PREZOS

Gratuíto, 1€, 2,5€ ou 4,5€.

Dependerá da renda neta per cápita familiar.

Para realizar o cálculo automático do importe do servizo do comedor podedes acceder á WEB “Calculadora simulación prezos comedores” facilitada pola Consellería de Educación: 

https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp

 

OLLO É A RENDA DO 2022!!!!

 

GRATUITO PARA?

O alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%.

Rendas inferiores a 7.000 € de renda per capita.

TIPOS DE USUARIOS

FIXOS- FIXOS DISCONTINUOS OU QUE ACUDEN EN SEMANAS ALTERNAS. 

Non se contemplan esporádicos

BAREMACIÓN

SOLO SE HAI MÁIS SOLICITUDES QUE PRAZAS

CRITERIOS DE BAREMACIÓN

1- Alumnado usuario lexítimo do servizo do transporte escolar (usuarios de transporte que vivan das parroquias de Mañufe, Vilaza  e/ou Gondomar  a máis de 2 km do centro). Utilizaremos o certificado de empadroamento que consta no Centro.

 2- Alumnado pertencente a unidades familiares en situación socioeconómica de exclusión social (certificado dos Servizos Sociais Municipais) ou Cunha discapaccdade igual ou superior ao 33% (certificado de discapacidade): usuario de comedor gratuíto.

3- Alumnado membro de familias numerosas, acreditado co correspondente título ou carné

4- Alumnado fillo/a de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, acreditada documentalmente de xeito alternativo, mediante: informe de vida laboral/ Certificado da Unidade de persoal á que pertenza o empregado público / Certificación da empresa, xustificativa da duración de xornada e o horario de traballo …

5- Outro alumnado: Iinclúense ao resto do alumnado que non estea dentro dos anteriores apartados, incluído aos escolarizados fóra da área de influencia, é dicir, fóra das parroquias de Mañufe, Vilaza e/ou Gondomar ). Terá prioridade o alumnado da área de influencia, a continuación o alumnado no que o lugar de traballo do pai/nai/titor/a legal está dentro da área de influencia (entregar certificado da empresa) e en último lugar o alumnado de fóra da área de influencia.

EMPRESA DE CATERING:

ALIMENTACIÓN SAUDABLE GALEGA

HORARIOS

 14:00 h. a 16:00 h.

 A partir das 15:15 h. o alumnado xa poderá ser recollido.

NÚMERO DE PRAZAS MÁXIMAS AUTORIZADAS E CONCEDIDAS

130 prazas

PRAZOS

Entrega de solicitudes, Anexo II e documentación xustificativa: Do  5 ao 12  de xullo de 10:00h á 13:00 h. Pódense descargar da web e mandar por correo electrónico ao Centro. Tamén se pode recoller e  entregar a documentación directamente no colexio.

Publicación da listaxe provisional de admitidos e reservas na páxina web: antes do 15 de xullo.

Reclamacións: prazo de 5 días despois da publicación provisional

Publicación da listaxe definitiva de admitidos e reservas na páxina web: antes do 20 de xullo.

 

ANULACIÓN DE MENÚS

Coa maior antelación posible e sempre xustificando a ausencia  por correo electrónico a ceip.chano.pinheiro@edu.xunta.gal do Centro indicando no asunto, "anulación comedor + nome do alumno/a” + curso ou contactando telefónicamente coa secretaría.

Deberase notificar tamén vía ABALARMOBIL  ao profesorado titor indicando se o alumnado,  o día anulado,  regresa en transporte ou non.

Anulación no propio día debe ser excepcional e  realizarse antes das 9:30h.

PAGAMENTOS

 Na conta indicada pola empresa adxudicataria do servizo, nos dez primeiros días de cada mes

 

 

 

 SOLICITUDE DE COMEDOR CURSO 2023-2024

 

ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS

COMEDOR ESCOLAR 2021/2022

O prazo de solicitude para o comedor escolar, para os alumnos/as que acudan como mínimo dous días á semana,  o curso 2021/2022 é dende ás 9:00 do 20 de setembro ata ás 14.00 h do 28 de setembro. 

Toda a documentación a atoparedes nos seguintes arquivos (pincha enriba)

TRIPTICO

ANEXO IA SOLICITUDE DE COMEDOR

ANEXO IB SOLICITUDE SEGUNDO PRAZO

OBRIGAS

DOC EMERXENCIAS

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut