Skip to Content

5ºCURSO

Entroido 5º

TRABALLO REALIZADO POLO ALUMNADO DE 5º PRIMARIA

OBRADOIRO DE IGUALDADE REALKIDDYS

Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou un obradoiro coa temática " EDUCAR SEN ETIQUETAS"

Promovemos a igualdade de xénero dende a infancia. Formación Realkiddys, con Alba Alonso.

Céntrase na loita contra os estereotipos de xénero no mundo das cores, os xoguetes, as profesións e os disfraces.

 

COUSIÑAS DE 5º (Mar e Carmen)

 

Neste espazo deixarémosvos algúns recordos das tarefas que vai creando o alumnado de 5º! Aínda que non están todas as actividades, esperamos vos gusten :)

MENSAXES ENTRE CLASES:

 

TEATRIÑOS DE OUTONO E DECORACIÓN:

 

 

TEATRIÑOS DE SAMAÍN CON VOCAROO:

 

CREAN PORTALÁPICES CON MATERIAL RECICLADO:

 

PREPARAMOS O NADAL:

ESCRIBIMOS CARTAS A COMPAÑEIROS DOUTROS COLES:

 

 

FACEMOS EXPERIMENTOS, ALFONSO ENSÍNANOS UN MOI INTERESANTE:

 

 

CREAMOS XOGOS PARA TEMPOS DE COVID E COLGÁMOLOS NO PATIO:

 

BRAIS ENSÍNANOS COMO FACER PULSEIRAS CON FIOS:

 

ARTE NA IDADE MODERNA (VELÁZQUEZ, O GRECO E MURILLO):

 

 

O ENTROIDO EN GALICIA (MADAMAS E GALÁNS + PERCORRIDO POLO COLE):

 

SECCIÓNS BILIGÜES 5º DE PRIMARIA

Estimadas familias:

O inglés converteuse en lingua global logrando un alcance tal que se considera clave na educación, en posición de igualdade co dominio das TIC e, xa que logo, converténdose parte esencial da alfabetización do século XXI.

Por iso, a competencia insuficiente do noso alumnado nesta lingua tería serias repercusións para continuar estudos noutros países e para as súas posibilidades de emprego. Isto implica o tratamento educativo do inglés como competencia clave e a súa utilización como lingua vehicular para a aprendizaxe de contidos de materias non lingüísticas. (ORDE do 12 de maio de 2011 ).

Por iso no centro consideramos que mellorar a competencia en linguas é un recurso económico e social indispensable dentro, nunha Europa cultural e lingüisticamente diversa xa que a competencia en linguas estranxeiras aumenta as posibilidades de emprego das persoas e as opcións educativas que, pola súa vez, xeran toda unha gama de competencias persoais, sociais e profesionais.

Neste senso o noso centro está incluído dende o este curso 2019-20 na rede galega de centros plurilingües o que implica que dende este ano académico xa se impartiu unha das asignaturas en inglés en 1º, 2º  de EP ( área de plástica) e irase incorporando a implantación desta área neste idioma progresivamente ao longo dos seguintes cursos e en toda a primaria.

Polo tanto para o alumnado de 1º , 2º e 3º de primaria a área de Plástica impartirase en inglés. Ao mesmo tempo implantáronse seccións bilingues na área de Ed. Plástica en 4º de Primaria e en  EF en 5º e 6º de Educación primaria de tal forma que o alumnado beneficiario destas seccións recibirá o 50% desta área en lingua extranxeira.

Os obxectivos son :

- Incrementar a presenza da lingua estranxeira como lingua vehicular.

-Formar na lingua estranxeira á vez que en contidos non lingüísticos.

-Mellorar o dominio efectivo en lingua estranxeira do alumnado

-Fomentar a pluralidade lingüística e cultural do alumnado para lograr a plena integración nun contexto cultural e económico globalizado.

-Promover o desenvolvemento dun currículo integrado das linguas para favorecer a transferencia dos coñecementos e as competencias dunha lingua a outras.

Pero o obxectivo fundamental e o que máis salienta o profesorado coordinador dos programas e os que o imparten é a motivación que implica para o alumnado é o de poder ver a lingua estranxeira noutro ámbito diferente como é a Plástica e a EF.

Ademáis a participación nestes proxectos implica a presenza no centro duha persoa auxiliar de conversa en Lingua Extranxeira.

Logo da experiencia deste ano queremos mandar unha mensaxe de tranquilidade porque a implantación destes proxectos solo teñen repercusións positivas para o alumnado, pois non implican ningunha dificultade no seguemento das clases e que se reflexan na certificación académica que todos acadan e que automáticamente rexistra o programa de xestión de centros “xade”.

 

Para que o alumnado de  4º e 5º de primaria poida  ser beneficiario das seccións bilingües debe asinar o documento que atoparedes como arquivo adxunto a esta mensaxe  e envialo ata o día 10 de xullo.

DESCARGAR  AUTORIZACIÓN SECCIÓNS BIBLINGÜES PARA 4º DE PRIMARIA

DESCARGAR  AUTORIZACIÓN SECCIÓNS BIBLINGÜES PARA  5º DE PRIMARIA

 

CUMPRIMENTALA, ASINALA E REMITILA AO CORREO DO CENTRO ( ceip.chano.pinheiro@edu.xunta.gal)  

 

CHANO BAND 5º B

FELICIDADES AO ALUMNADO DE QUINTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA, QUE DURANTE ESTE TEMPO DE CONFINAMENTO CREOU OS SEUS PROPIOS INSTRUMENTOS.

 

 

MATERIAL ENTROIDO 5º PRIMARIA

Estimadas familias notificamos no arquivo adxunto o material necesario para a elaboración do disfrace de Entroido

TEATRO EN INGLÉS

29/01/2020 11:14
Europe/Madrid

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria  gozará da obra de teatro en inglés "UNBOXING ALICE". Obra que xa están traballando coa mestra de inglés na aula. 

VISITA AOS MUSEOS DA CORUÑA

21/01/2020 09:18
Europe/Madrid

O alumnado de 5º e 6º de Educación primaria visitarán os principais museos da cidade da Coruña: DOMUS, CASA DAS CIENCIAS E PLANETARIO. Ademais do Acuario.

Aquarium Finisterrae, tamén coñecido como Casa dos Peixes, é un centro público de ciencia dedicado á educación ambiental e á divulgación científica de temas mariños.

Ten por obxectivo promover o coñecemento do océano e educar actitudes de agarimo cara ao mar e a vida mariña. Conta con catro salas de exposicións, cada unha con personalidade propia, e unha colección biolóxica composta por 338 especies diferentes.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut