Skip to Content

Actividades

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES QUE OFERTA A ANPA

Bos días, familias

Queremos recordarvos as actividades extraescolares que se llevan a cabo a través da ANPA por se vos interesa anotar aos nenos/as de cara ao segundo cuatrimestre o fagades seguindo os pasos que vos indicamos nos archivos adxuntos antes do día 26 de xaneiro no caso de piscina e antes do 31 de xaneiro no caso doutras actividades.

Recordarvos tamén que para a actividade de piscina en Valadares temos 3 prazas libres. Podedes consultar os horarios de tódalas actividades no archivo que enviamos.

Para calquera consulta, poñédevos en contacto con nós a través do whatsapp  672 998 650 ou do email   pousadefontan.anpa@gmail.com

Moitas grazas, un saúdo!

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA O CURSO 2022/23

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Estimadas familias,
 
Dende o ANPA recordámosvos que se precisades dar de baixa a algún neno/a dalgunha actividade extraescolar tedes que informarnos seguindo os pasos que vos deixamos no arquivos adxuntos tendo en conta a actividade da que queredes darvos de baixa.
 
É importante que o fagades antes do 15 de xaneiro para poder ofertar as prazas que queden libres.
 
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Un saúdo!
ANPA Pousa de Fontán

REPRESENTACIÓN DE TEATRO ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR

Bo día,
Dende o ANPA queremos convidarvos a asistir o mércores 20 de decembro ás 16:00 horas á Xornada de Portas Abertas da actividade extraescolar de teatro para desfrutar dunha pequena representación que prepararon os peques con moito agarimo na biblioteca do centro. 
                                              Grazas!

 

 

REXISTRO NA AULA DE MADRUGADORES 2023/2024

Necesitas a aula de madrugadores/as?

Xa está dispoñible a partir do día 11 de setembro, dende as 7:30 horas.

Recorda que debes informar a ANPA e rexistrarte no seguinte enlace:

https://yeahactivities.es/extraescolares-2/

GONDOVERÁN 2023

O Concello de Gondomar abre o prazo de solicitudes para o campamento de verán “Gondoverán” que se desenvolverá durante o mes de xullo.

O prazo de solicitudes establecese dende o 26 de abril ata o 9 de maio. ATOPAREDES  TODA A INFORMACIÓN, IMPRESOS E BASES NO SEGUINTE ENLACE.

CAMPUS DE DEPORTE NADAL

FESTA DA BICICLETA

https://concellodegondomar.gal/images/Cartel_web.jpg

CAMPUS SEMANA SANTA SOLIDARIO

Gondomar abre hoxe o prazo para inscribirse na X Edición do Campus Semana Santa Solidario.

Regresa un ano máis a Gondomar o Campus Multideporte Solidario de semana Santa, Organizado pola Concellaría de Deportes e dirixido aos pequenos da casa, con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos, estas desenvolveranse en instalacións deportivas do noso Concello, os dias 11, 12 e 13 de abril en horario de 10:00 a 14:00 horas.

O prazo de inscrición abrirá hoxe xoves 24 de marzo, e prolongarase ata o 7 de abril, no pavillón municipal Bernabé Costas De Miranda, en horario de 17:00 a 19:00 horas.

As veciñanzas interesadas en anotarse, deberán achegar como mínimo dous quilos de alimentos non perecedoiros, para o Banco de alimentos Municipal.

Diversión, hábitos saudables e solidariedade, nunha actividade que tamén busca atender a demanda das familias para conciliar.

Distribuir contido


by Dr. Radut