Skip to Content

CAMPUS SEMANA SANTA SOLIDARIO

Gondomar abre hoxe o prazo para inscribirse na X Edición do Campus Semana Santa Solidario.

Regresa un ano máis a Gondomar o Campus Multideporte Solidario de semana Santa, Organizado pola Concellaría de Deportes e dirixido aos pequenos da casa, con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos, estas desenvolveranse en instalacións deportivas do noso Concello, os dias 11, 12 e 13 de abril en horario de 10:00 a 14:00 horas.

O prazo de inscrición abrirá hoxe xoves 24 de marzo, e prolongarase ata o 7 de abril, no pavillón municipal Bernabé Costas De Miranda, en horario de 17:00 a 19:00 horas.

As veciñanzas interesadas en anotarse, deberán achegar como mínimo dous quilos de alimentos non perecedoiros, para o Banco de alimentos Municipal.

Diversión, hábitos saudables e solidariedade, nunha actividade que tamén busca atender a demanda das familias para conciliar.

AdxuntoTamaño
NOTA INFORMATIVA CAMPUS SEMANA SANTA.pdf235.7 KB


page | by Dr. Radut