O comedor escolar do CEIP Plurilingüe Chano Piñeiro está catalogado como comedor de xestión indirecta da Consellería de Educación.
QUEN SOLICITA? |
PAI NAI , REPRESENTANTE LEGAL DO ALUMNADO |
|
CANDO? |
DO 4 AO 12 DE XULLO DE 10 H A 13H |
|
DOCUMENTACIÓN |
Impreso de solicitude cuberto e asinado xunto co Modelo de Autodeclaración (Anexo II) |
Documentación xustificativa correspondente para a selección e admisión.
|
QUEN NON TEN QUE PRESENTAR O ANEXO II? |
O alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, |
|
PREZOS |
Gratuíto, 1€, 2,5€ ou 4,5€. Dependerá da renda neta per cápita familiar. Para realizar o cálculo automático do importe do servizo do comedor podedes acceder á WEB “Calculadora simulación prezos comedores” facilitada pola Consellería de Educación: https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp
OLLO É A RENDA DO 2022!!!!
|
|
GRATUITO PARA? |
O alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%. Rendas inferiores a 7.000 € de renda per capita. |
|
TIPOS DE USUARIOS |
FIXOS- FIXOS DISCONTINUOS OU QUE ACUDEN EN SEMANAS ALTERNAS. Non se contemplan esporádicos |
|
BAREMACIÓN |
SOLO SE HAI MÁIS SOLICITUDES QUE PRAZAS |
|
CRITERIOS DE BAREMACIÓN |
1- Alumnado usuario lexítimo do servizo do transporte escolar (usuarios de transporte que vivan das parroquias de Mañufe, Vilaza e/ou Gondomar a máis de 2 km do centro). Utilizaremos o certificado de empadroamento que consta no Centro. |
|
2- Alumnado pertencente a unidades familiares en situación socioeconómica de exclusión social (certificado dos Servizos Sociais Municipais) ou Cunha discapaccdade igual ou superior ao 33% (certificado de discapacidade): usuario de comedor gratuíto. |
||
3- Alumnado membro de familias numerosas, acreditado co correspondente título ou carné |
||
4- Alumnado fillo/a de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, acreditada documentalmente de xeito alternativo, mediante: informe de vida laboral/ Certificado da Unidade de persoal á que pertenza o empregado público / Certificación da empresa, xustificativa da duración de xornada e o horario de traballo … |
||
5- Outro alumnado: Iinclúense ao resto do alumnado que non estea dentro dos anteriores apartados, incluído aos escolarizados fóra da área de influencia, é dicir, fóra das parroquias de Mañufe, Vilaza e/ou Gondomar ). Terá prioridade o alumnado da área de influencia, a continuación o alumnado no que o lugar de traballo do pai/nai/titor/a legal está dentro da área de influencia (entregar certificado da empresa) e en último lugar o alumnado de fóra da área de influencia. |
||
EMPRESA DE CATERING: |
ALIMENTACIÓN SAUDABLE GALEGA |
|
HORARIOS |
14:00 h. a 16:00 h. A partir das 15:15 h. o alumnado xa poderá ser recollido. |
|
NÚMERO DE PRAZAS MÁXIMAS AUTORIZADAS E CONCEDIDAS |
130 prazas |
|
PRAZOS |
Entrega de solicitudes, Anexo II e documentación xustificativa: Do 5 ao 12 de xullo de 10:00h á 13:00 h. Pódense descargar da web e mandar por correo electrónico ao Centro. Tamén se pode recoller e entregar a documentación directamente no colexio. Publicación da listaxe provisional de admitidos e reservas na páxina web: antes do 15 de xullo. Reclamacións: prazo de 5 días despois da publicación provisional Publicación da listaxe definitiva de admitidos e reservas na páxina web: antes do 20 de xullo.
|
|
ANULACIÓN DE MENÚS |
Coa maior antelación posible e sempre xustificando a ausencia por correo electrónico a ceip.chano.pinheiro@edu.xunta.gal do Centro indicando no asunto, "anulación comedor + nome do alumno/a” + curso ou contactando telefónicamente coa secretaría. Deberase notificar tamén vía ABALARMOBIL ao profesorado titor indicando se o alumnado, o día anulado, regresa en transporte ou non. Anulación no propio día debe ser excepcional e realizarse antes das 9:30h. |
|
PAGAMENTOS |
Na conta indicada pola empresa adxudicataria do servizo, nos dez primeiros días de cada mes |