Skip to Content

Que tempo fai?

 Xa temos impresos os traballos que fixeron en Word sobre os Masais. Comentamos entre todos cousiñas que lles faltaron e lembramos algunha norma de presentación que deben ter estes traballos.

Ademais, aproveitamos partes do disfraz para expoñelo no corredor e crear unha pequena estación do tempo. En sociais estamos estudando o tempo atmosférico, así que cada mañá buscamos o tempo que vai en Gondomar e en Nairobi (Kenia), comentámolo (temperatura, precipitacións, velocidade do vento etc.) e logo nenos das dúas clases anotan os datos na tabóa. Iremos recompilando o de varios días para observar os cambios e as diferencias entre os dous lugares.  

 

 



page | by Dr. Radut