Skip to Content

4ºCURSO

A MASCOTA DE CUARTO

 

As clases de cuarto xúntanse de novo para crear a mascota do nivel seguindo o proxecto A VOLTA AO MUNDO.

 

Espallados polo patio e en “modo calma” debuxaron a súa mascota viaxeira.

 

Días despois, colocamos os debuxos polo corredor e foron saído para votar cal lles gustaba máis.

 

 

O gañador foi o monstruiño multicor cargado de maletas creado por Alba! Moi apropiado pois representa ás dúas clases que usamos ClassDojo, ademais relacionase coa viaxe ó redor do mundo.

 

Alba debuxou a mascota en tamaño grande e agora as dúas clases imos darlle cor! Que tal quedará?

ESCRITURA CREATIVA: DESCRIBIMOS SERES FANTÁSTICOS + O COMPAÑEIRO MISTERIOSO

EN GALEGO

No Samaín puidemos coñecer diferentes seres da cultura galega. A partir disto, as clases de cuarto observaron con moita atención a imaxe dun trasno. Debía memorizar o maior número de detalles posibles. Logo, sen a imaxe, puxémolos a proba para ver que lembraban. O seguinte paso foi crear unha descrición por escrito engadindo datos inventados como: que lle gustaba facer o trasno, onde vivía etc.

EN LINGUA CASTELÁ

Seguindo coa descrición, en lingua castelá traballamos a descrición de persoas. Para iso, limos un exemplo e analizamos as partes que debía conter. Logo, cada neno ou nena debía elixir un  compañeiro de clase e realizar unha descrición del. Os borradores revisámolos e pasaron a limpo os textos. Por último expuxéronas, pero sen dicir o nome da persoa, de modo que os demais debían adiviñar o compañeiro misterioso.

SorrisoSorriso

CHEGOU O SAMAÍN A 4º!

 

Para o Samaín as clases de cuarto realizaron as seguintes actividades:

CONTOS DE MEDO COOPERATIVOS :

 

a) Primeiro limos na web galiciaencantada sobre monstros e cocos típicos de Galicia. Logo sorteamos estes seres, de modo que a cada grupo tocoulle un ser fantástico co que tiñan que crear o seu conto.

 

b) Por grupos foron dando ideas e creando a súa historia. 

 

c) Revisamos os contos e organizamos que parte lía cada membro do grupo. Unha vez distribuído, crearon en folios A3 debuxos en grande coa súa parte.

 

d) A parte máis chula foi poder ler os contos ós nenos e nenas de Educación Infantil. MOITAS GRAZAS por escoitarnos con tanta atención e grazas ás profes de infantil por deixarnos compartir con eles as nosas historias.

 

 

 

LUCES , CÁMARAS E ACCIÓN:

Por equipos, sorteamos monstros, personaxes malvados de películas e libros etc. Cada grupo debía organizar unha pequena representación para que os demais adiviñasen de que malo malísimo se trataba.

 

TRITURAMEDOS:

 

Como todos os anos, no cole prepárase o Trituramedos. As clases de cuarto prepararon os medos de forma cooperativa, saíron ó patio e por grupos foron conversando sobre cousas que lle daban medo. Logo de darlle á lingua, pasaron as ideas ó papel a modo de folio xiratorio. Por último, os folios papounos o Trituramedos.

 

 SESIÓN DE PELI CON PALOMITAS

A CÁPSULA DO TEMPO

 

 A primeira visita á biblioteca do curso foi para realizar a actividade A CÁPSULA DO TEMPO. Os nenos  e nenas de cuarto tiñan como misión traer obxectos especiais para eles. Foron subindo ó escenario para presentar estes obxectos,explicar a súa importancia e gardalos na cápsula. 

Abrirémola a final de curso ou… igual esperamos ata sexto para lembrar todas estas anécdotas!

Guay

Nesta visita á biblioteca a profe Dolo aproveitou para darnos unha pequena charla sobre o funcionamento deste espazo tan importante no cole. GRACIAS DOLO polo teu tempo e esas explicacións tan valiosas!

PASAPALABRA VIAXEIRO

 

Despois de aprender vocabulario sobre viaxes, analizar billetes de tren e conversar sobre experiencias e viaxes realizados, foi o momento de crear o PASAPALABRA VIAXEIRO.

 

Cada neno e nena recibiu unha palabra do vocabulario dado. Buscaron a palabra no dicionario e crearon unhas tarxetas coas seguintes partes: Letra pola que comeza (ou que contén), definición, palabra e debuxo.

 

Logo, en plástica deron forma ás letras do rosco.

 

Por último, xogamos ó pasapalabra na biblio!

 

ESCRITURA CREATIVA: INVENTOS FANTÁSTICOS + OS DADOS MÁXICOS

 

 

 

En cuarto comezamos coas sesións de escritura creativa coas que poder traballar a expresión oral e escrita, así como os contidos gramaticais.

 

A primeira tarefa foi inventar de forma individual unha historia sobre un invento fantástico. O primeiro paso foi planificar o relato contestando a unha serie de preguntas guía. Logo puxéronse a escribir seguindo unha serie de pautas.

1.Partes do texto: inicio, nó e desenlace.

2.Boa letra.

3.Emprego de conectores, do punto, da coma e das maiúsculas.

Por último, compartiron algúns dos relatos nas clases.

Sorriso

A segunda tarefa foi un relato cooperativo empregando os dados máxicos. Na primeira parte lograron poñerse de acordo e elixir a temática, personaxes e lugar do conto. Logo escribiron o relato entre todos e crearon a súa portada.

 

 

BINGO DE PREGUNTAS

 

 

Unha das primeiras actividades do curso que fixemos as clases de 3º e 4º foi O bingo de preguntas.

 

Xuntámonos no patio  cuberto coa misión de coñecernos un pouco mellor. Cada alumno tiña unha ficha con diferentes preguntas, debían percorrer o patio para atopar a alguén que respondese afirmativamente a cada cuestión.Logo comentamos en alto algunhas cousas interesantes que descubriran dos compañeiros.

SorrisoSorrisoSorriso

Recursos

Recursos

Distribuir contido


by Dr. Radut