Skip to Content

CREAMOS UN DOCUMENTO DE TEXTO SOBRE OS MASAIS

Como xa sabedes, este trimestre estamos a descubrir o continente africano, polo que decidimos que os nosos disfraces estean relacionados con este tema: iremos de MASAIS!

Ademais de preparar na clase os disfraces, as profes de cuarto tamén queríamos que o noso alumnado investigase sobre esta tribu e aprendese a crear un documento de texto no ordenador. Para iso fomos dúas sesións a TICS e seguindo unhas pautas sinxelas crearon un word por grupos. Próximamente amosarán no corredor os seus traballos.

 



page | by Dr. Radut