Skip to Content

SOLICITUDE DE RESERVA

PRAZO DE SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA

     PARA ASISTIR AO IES AUGA DA LAXE                                

 DO 15 DE XANEIRO AO 5 DE FEBREIRO

       ( Para o alumnado de 6º de Primaria)

Ábrese o prazo para facer a reserva de praza para o vindeiro curso 2024-2025 para o alumnado que procede de centros adscritos.                        

Pasos a seguir:

1.-Imprimir a solicitude de reserva. Levan unha copia do centro xunto co Anexo 1 BIS

2.-Cumprimentar a solicitude. Recordar que ten que ser en letra lexible.

3.-Asinar a solicitude para a consulta dos datos da unidade familiar.

4.-Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.

Podédes enviala polo alumnado  e enviarase un xustificante de entrega no centro. 

Aplicación Admisión Alumnado para facer a solicitude de xeito telemático.

O alumando que non queira facer reserva de praza no IES AUGA DA LAXE deberá presentar  a solicitude de admisión,  no centro que elixa para cursar a ESO, do 1 ao 20 de Marzo.

 



page | by Dr. Radut