Skip to Content

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE SEXTO DE PRIMARIA

Cando chega o final dunha etapa é o momento de prepararse para a despedida.

Hoxe no cole o alumnado de 6º   celebrou a súa  graduación na etapa de Educación Primaria.

Unha etapa na que aprenderon, compartiron, fixeron amigos e amigas,  riron, choraron e pasaron por numerosas emocións.  Despóis dun ano moi duro, no que o deron todo,  ben merecido tiñan unha boa festa de despedida.

Esperamos que se leven un bo recordo do seu paso polo Chano e desexámoslle unha boa entrada na ESO.

Deixámosvos as primeiras fotos da graduación. Ao longo da semana iremos subindo moitas  máis fotos das actividades destes tres días, estade atentos e atentas.

 

                                                           O Equipo Docente do Chano

FOTOS RETRATO DO ALUMNADO DE 6ºA

FOTOS RETRATO DO ALUMNADO DE 6ºB

 



page | by Dr. Radut