Skip to Content

ACTIVIDADES ESPAZO LECTURA DO MES DE XANEIRO

Achegámosvos a nota informativa coas actividades do mes de xaneiro.
 
O luns 17 de xaneiro xa se poderá facer uso do servizo de empréstito dos libros da biblioteca da Casa da Lectura. Provisionalmente estaremos no soto do edificio da Praza das Escolas Vellas (antigo centro de saúde), ao que se poderá acceder pola porta lateral que está en fronte da xoiería Vargas. O horario é de 17:00h a 18:00h e estará aberto todos os luns excepto festivos ou períodos vacacionais.
 
Todas as actividades estarán adaptadas á situación sanitaria na que nos atopamos e aos protocolos vixentes en materia de limitación de aforo e de distancias de seguridade, hixiene e ventilación. 
 
Agardamos que a programación sexa do voso interese e aproveitamos para desexarvos un moi feliz ano lector.
 
Saúdos,
 
O equipo de Espazo Lectura
AdxuntoTamaño
XANEIRO 2022 ESPAZO LECTURA.pdf181.54 KB


page | by Dr. Radut