Skip to Content

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O Día das Letras Galegas permítenos cada ano viaxar a un capítulo da nosa memoria colectiva, tempo de nós, que recuperamos a través da persoa á que lle dedicamos a celebración. Nesta ocasión a significación é dupla. Por unha banda, a personalidade e a obra de Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913 - Vigo, 2010), unha das grandes figuras da resistencia e a revitalización cultural do galeguismo despois da guerra civil, cofundador da editorial Galaxia e doutras moitas iniciativas a prol da recuperación da lingua e a identidade de Galicia: editor, publicista, antólogo, memorialista, ensaísta, viaxeiro, narrador de ficcións, autor dunha inxente correspondencia coas personalidades máis sobranceiras da cultura galega do seu tempo, político cando puido selo, editorialista, orador brillante, crítico literario, xestor de empresas culturais… Unha vida dedicada enteiramente ao seu país. Corazón e pulmón.

Atoparás maís información no seguinte enlace.

O centro tamén traballou o Himno Galego co alumnado. Aquí vos deixamos o vídeo co resultado.

 



page | by Dr. Radut