Skip to Content

MAGOSTO 2023

Estimadas familias. Este ano, debido ao mal tempo e  ante a imposibilidade de facer o magosto en Chan da Lagoa o centro decidiu que mañá, venres 17 de novembro, imos celebrar o magosto no colexio. As castañas serán aportadas polo centro  e asadas en colaboración coa panadería Penisco. O alumnado de sexto de primaria dirixido polo profesorado de Ed. Física organizará xogos populares en diferentes quendas para o resto do alumnado de Ed. Infantil e Primaria.

Esperamos que o tempo nos dea unha pequena tregua para desfrutar da festa.


                      



page | by Dr. Radut